Octave Mirbeau
Octave Mirbeau, nado o 16 de febreiro de 1848 en Trévières (Calvados) e finado o 16 de febreiro de 1917 en París, foi un escritor francés, xornalista, novelista, dramaturgo, autor de comedias e contos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Octave Henri Marie Mirbeau 16 de febreiro de 1848 Trévières, Francia |
Morte | 16 de febreiro de 1917 (69 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | cemiterio de Passy |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, crítico literario, anarquista, escritor, prosista, crítico de arte, novelista, ensaísta, xornalista, dramaturgo, crítico de teatro |
Período de actividade | 1873 - 1913 |
Empregador | L'Humanité (pt) |
Membro de | |
Movemento | Impresionismo |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Alice Regnault |
Parentes | Claude Monet |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Sitio web | mirbeau.asso.fr |
|
Como xornalista, Mirbeau exerceu unha grande influencia na vida social, política e artística do seu tempo. Caracterizado polo seu compromiso coa verdade e a xustiza, foi ademais un novelista e autor de teatro de grande sona a nivel europeo, que conseguiu seducir ás vangardas artísticas e literarias.
Traxectoria
editarNaceu en Trévières, Normandía, o 16 de febreiro de 1848, e morreu en París o 16 de febreiro de 1917. Tras un período xuvenil en Rémalard (Perche), finalizou uns estudos mediocres no colexio xesuíta de Vannes – de onde foi expulsado aos quince anos -. Grazas ao líder bonapartista Dugué de la Fauconnerie, que o contrata como secretario particular e o introduce no xornal L’Ordre de Paris, Mirbeau afástase do estudo notarial no que, por tradición familiar, estaba condenado a traballar.
Tras a súa experiencia xornalística e política ao servizo dos bonapartistas e dun debut literario como “negro” (ghost writer) (L'Écuyère, 1882 ; La Belle Madame Le Vassart, 1884), Mirbeau mergúllase de cheo na literatura ao iniciar unha carreira literaria de seu, combinando literatura e loitas políticas onde priman os seus propios valores éticos e estéticos. As súas obras caracterízanse polo anticlericalismo, o pacifismo e un antimilitarismo exacerbados. Personaxe comprometido coas loitas do seu tempo que adhire ao anarquismo e defende apaixonadamente a causa dreyfusista, Mirbeau encarna ao personaxe comprometido cos asuntos públicos, afastado da rixidez de calquera partido político.
Crítico de arte e de literatura, foi chantre de Auguste Rodin, Claude Monet, Camille Pissarro, Paul Cézanne, Félix Vallotton e Pierre Bonnard, e a súa suspicacia artística, condúceno a descubrir aos artistas que se agochaban tras nomes entón descoñecidos como Vincent Van Gogh, Camille Claudel, Aristide Maillol, Maurice Maeterlinck, Marguerite Audoux e Maurice Utrillo.
Obra
editarNovelas
editarPronto tras escribir dez novelas como "negro", oficialmente estrea co exitoso Le Calvaire (O Calvario) (1886), novela en que se libera dos traumas dunha paixón devastadora por unha muller non moito santa chamada Judith e rebatizada Juliette Roux na ficción.
En 1888 publica L'Abbé Jules (O Padre Júlio) no cal a través de dous personaxes fascinantes - o abade Jules e o padre Pamphile - recorre á psicoloxía de profundidade e so a influencia de Fiódor Dostoievski escribe aquel que sería considerado o primeiro prefreudiano da literatura francesa.
En Sébastien Roch, publicado en 1890, Mirbeau busca superar os efectos traumáticos das experiencias como estudante adolescente entre os xesuítas de Vannes. Dando un ton ficcional a traxes verídicos o autor describe a violencia sufrida por el e por outros nenos da súa idade so os 'coidados' dos xesuítas, transgredindo un tabú que perduraría aínda por un centenar de anos ao denunciar a violación de nenos e adolescentes por sacerdotes.
Octave Mirbeau pasa entón por unha gran crise existencial e literaria e no curso desta publica en edición de folletín unha novela preexistencialista extraordinaria chamada Dans le ciel (No ceo), a cal ten como personaxe central un pintor inspirado directamente na figura de Vincent van Gogh.
Tras a conclusión do caso Dreyfus, Mirbeau publica tres novelas que serían xulgados "escandalosos" polos auto-titulados defensores dos parámetros da virtude. En 1899 publica Le Jardin des supplices (O Xardín dos suplicios), unha novela constituída de textos distinguidos que escribira anteriormente. En 1900 lanza Le Journal d'une femme de chambre (Diario dunha camareira) no cal denuncia a domesticidade como unha forma de escravitude dos tempos modernos e exhibe os segredos repugnantes da burguesía. E por fin en (1901) publica Les 21 jours d'un neurasthénique ((Os 21 días dun neurastênico), unha compilación intercruzada de contos crueis. Nestas obras, Mirbeau cuestiona as convencións estilísticas das novelas tradicionais, practicando a técnica do collage, transgredindo o código de verosimilitude e credibilidade ficcional, desafiando as conveniencias hipócritas da propiedade.
Nas súas dúas últimas novelas - La 628-E8 (1907) e Dingo (1913), Mirbeau afástase do realismo, dando espazo para elementos de fantasía elixindo o seu coche e o seu propio cachorro como heroes. Debido á intermitencia das súas filiacións de xénero, ambas historias mostran como completamente Mirbeau rompera coas convencións da ficción realista.
Teatro
editarNo teatro Mirbeau alcanzou fama cunha traxedia proletaria Les Mauvais bergers (Os malos pastores) aínda en 1897, e despois en 1903, tornouse coñecido mundialmente cunha comedia clásica de costumes na tradición de Molière: Les affaires sont les affaires, na cal aparece o personaxe Isidoro Lechat, o arquetipo do moderno home de negocios, produto dun mundo novo, que en todo busca facer diñeiro e expandir seus tentáculos polo mundo. En 1908, ao fin dunha longa batalla xudicial e dos medios, presenta a comedia francesa Le Foyer (O Lar), unha obra destinada ao escándalo que transgride outro tabú : a explotación económica e sexual de adolescentes en lugares de suposta caridade...
Mirbeau tamén crea tamén seis pequenas pezas dun acto, innovadoras ao extremo, publicadas en 1904 co nome de Farces et Moralités. A través destas pezas Mirbeau anticipa o teatro de Bertold Brecht, Marcel Aymé, Harold Pinter e Eugène Ionesco. Levando a revolta ao seo da linguaxe, desmistifica a lei, a monogamia e as institucións sociais, ridiculariza os discursos de políticos e aínda fai broma coa linguaxe do amor.
Obras
editarNovelas
editar- Le Calvaire (1886).
- L'Abbé Jules (1888).
- Sébastien Roch (1890).
- Dans le ciel (1893-1989). Publicada en galego en 2015 co título No ceo en Hugin e Munin, traducida por Xavier Senín.
- Le Jardin des supplices (1899).
- Le Journal d'une femme de chambre (1900).
- Les 21 jours d'un neurasthénique (1901).
- La 628-E8 (1907).
- Dingo (1913).
- Œuvre romanesque, 3 vols (2000-2001).
Teatro
editar- Les Mauvais bergers (1897; trad ao galego: Os malos pastores, 2010 –no prelo-).
- Les affaires sont les affaires (1903).
- Farces et moralités (1904).
- Le Foyer (1908).
- Les Dialogues tristes (2005).
Contos
editar- Lettres de ma chaumière (1885).
- Contes de la chaumière (1894).
- Dans l’antichambre (1905).
- Contes cruels, 2 volumes (1990, 2000 e 2009).
- Mémoire pour un avocat (2007).
Outras obras
editar- Lettres de l'Inde (1991).
- Combats esthétiques (1993).
- L'Amour de la femme vénale (1994).
- Correspondance générale (2003-2005-2009).
- Combats littéraires (2006).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pierre Michel e Jean-François Nivet, Octave Mirbeau, l'imprécateur au cœur fidèle (1990).
- Cahiers Octave Mirbeau, 20 n° (1994-2013).
Ligazóns externas
editar- Société Octave Mirbeau (en francés).
- Portail Octave Mirbeau (en francés).
- Dictionnaire Octave Mirbeau (en francés).