Pierre Bonnard
Pierre Bonnard, nado en Fontenay-aux-Roses (Altos do Sena) o 3 de outubro de 1867 e finado en Le Cannet (Var) o 23 de xaneiro de 1947, foi un pintor, ilustrador e litógrafo francés.
Pierre Bonnard | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de outubro de 1867 e 13 de outubro de 1867 |
Lugar de nacemento | Fontenay-aux-Roses |
Falecemento | 23 de xaneiro de 1947 |
Lugar de falecemento | Le Cannet |
Nacionalidade | Francia |
Etnia | Pobo francés |
Alma máter | Lycée Condorcet, Academia Julian, Lycée Louis-le-Grand e Lycée Michelet, Vanves |
Ocupación | pintor, escultor, gravador, artista gráfico, impresor, ilustrador e litógrafo |
Cónxuxe | Marthe Bonnard |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Dedicou o seu talento á publicidade e á produción artística. Adóitaselle incluír dentro do movemento dos Nabis con Paul Sérusier, Maurice Denis, Paul Ranson, Edouard Vuillard, Xavier Roussel ou Félix Vallotton, influídos por Paul Gauguin e o xaponismo. A súa produción tardía considérase precursora da pintura abstracta, polo menos nalgunha das súas variantes.
Moi especialmente marcado pola tendencia dos Nabis, que teñen unha concepción diferente da perspectiva e do espazo que se atopa en kakemono, Pierre Bonnard adquire entón o alcume de "Nabi xaponard". Este movemento tiña tamén por características a exaltación da cor, a simplificación da forma e a sublimación do cotián, ao cal os Nabis danlle un carácter atemporal.