Xogos Olímpicos de 1992
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2019.) |
Os XXV Xogos Olímpicos foron realizados en Barcelona, Cataluña, terra natal do presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992 coa participación de todos os países filiados ao COI, 169 estados, por primeira vez dende os Xogos de Múnic en 1972.
Nome oficial | Spiller vun der XXV. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Lema | Amics per Sempre |
Mascota | Cobi (pt) |
Composto por | Badminton nos Jogos Olímpicos de Verão de 1992 Basque pelota at the 1992 Summer Olympics taekwondo at the 1992 Summer Olympics + ../... 34 |
Número de participantes | 169 9.356 |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 257 |
Deportes | 28 |
Localización | Barcelona (Barcelonès) 41°22′57″N 2°10′37″L / 41.3825, 2.1769 |
País | España |
Intervalo de tempo | 25 de xullo de 1992 – 9 de agosto de 1992 |
Número de edición | 25 (1992) |
Aberto oficialmente por | Xoán Carlos I de España (25 de xullo de 1992) |
Xuramento feito por | Luis Doreste (pt) (deportista) Eugeni Asensio (en) (árbitro) |
Facho acendido por | Antonio Rebollo (pt) |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Dende os Xogos anteriores, en 1988, o mundo testemuñou importantes mudanzas políticas. O Apartheid foi abolido en Suráfrica, o que permitiu o retorno deste país aos Xogos, despois de 32 anos de ausencia. Coa caída do Muro de Berlín en 1989, Alemaña volveu a participar como un só estado, así como Iemen. A URSS foi dividida en quince países independentes após o colapso do comunismo que participaron baixo unha soa bandeira, a CEI, Comunidade dos Estados Independentes. As repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania, so dominio soviético dende a segunda guerra mundial, participaron baixo a súa propia bandeira como nacións independentes, a primeira vez dende 1936.
O desmembramento de Iugoslavia levou a Croacia, Bosnia e Hercegovina e Eslovenia a participaren cos seus propios equipos nacionais. A Iugoslavia remanescente non foi aceptada nos Xogos, por causa da súa agresión militar aos pobos veciños, mais atletas iugoslavos participaron individualmente, baixo bandeira olímpica.
A cerimonia de apertura dos Xogos, feita polo Rei Xoán Carlos I, contou coa entrada da delegación española levando á cabeza o propio Príncipe de Asturias, herdeiro do trono español, Filipe de Borbón, integrante do equipo español de Vela, 32 anos após a participación de súa nai, a Raíña Sofía, grega de nacemento, no equipo de Vela de Grecia nos Xogos de Roma en 1960. A pira olímpica, nun efecto visual espectacular, foi acesa por unha frecha en fogo disparada polo arqueiro parapléxico Antonio Rebollo.
Cidades candidatas
editarXXV Xogos Olímpicos de 1992 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
91º Sesión do Comité Olímpico Internacional 17 de outubro de 1986, Lausana (Suíza) | ||||||
Cidade | País | Votación | ||||
Barcelona | España | 29 | 37 | 47 | ||
París | Francia | 19 | 20 | 23 | ||
Belgrado | Iugoslavia | 13 | 11 | 5 | ||
Brisbane | Australia | 11 | 9 | 10 | ||
Birmingham | Reino Unido | 8 | 8 | — | ||
Ámsterdan | Países Baixos | 5 | — | — |
Modalidades disputadas
editarDesenvolvemento
editarCerimonia de inauguración
editarA cerimonia inaugural, no Estadio Olímpico de Montjuïc, tivo lugar o día 25 de xullo de 1992 e contou coa presenza dos reis de España, Xoán Carlos I e Sofía. Durante a mesma representouse a escena mitolóxica de Hércules separando os continentes de Europa e África creando o mar Mediterráneo, así como o nacemento da cidade de Barcelona, nun espectáculo de La Fura dels Baus creados para a ocasión, chamado Mediterrani, mar Olìmpic. As impoñentes voces da soprano Montserrat Caballé (que gravara unha canción para o evento xunto co entón xa falecido Freddie Mercury), da mezzo Teresa Berganza e das sopranos Victoria de los Ángeles e Ana Vila. Tamén formaron parte do espectáculo a impoñente Sarah Brightman, Amigos para siempre, o tenor José Carreras ademais dos tenores Plácido Domingo, Jaume Aragall, Alfredo Kraus e o barítono Joan Pons. Cun repique de tambores un porteiro, o atleta Antonio Rebollo, lanzou desde o campo do estadio unha frecha en cuxa punta relucía o lume olímpico que, ao alcanzar a súa meta, acendeu o pebetero Olímpico. Calcúlase que uns 2.000 millóns de persoas en todo o mundo seguiron por televisión a cerimonia de apertura dos Xogos.
Máis tarde, o alcalde de Barcelona Pasqual Maragall pronunciou no seu discurso varias frases a favor da paz na antiga Iugoslavia. O alcalde iniciou o seu discurso nomeando a Olimpíada Popular de 1936, que se abortou a consecuencia da Guerra Civil. Todo o discurso foi narrado en catro linguas oficiais dos Xogos Olímpicos. Na cerimonia podíanse ler a tradución escenográfica da mellor pintura española e particularmente catalá. Por exemplo varias imaxes de arquitectura de Gaudí e cadros de Dalí, de Miró e de Goya. Para finalizar esta breve información sobre a inauguración, pódese dicir que a cerimonia de apertura foi un magnífico acto, moi elegante, o cal estaba cheo de cores puras e aromas populares.
Calendario
editarPrograma dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | xullo | agosto | |||||||||||||||||||
Día | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Días | Finais | |||
Cerimonias | A | C | |||||||||||||||||||
Atletismo | 2 | 4 | 4 | 6 | 5 | 6 | 6 | 9 | 1 | 9 | 43 | ||||||||||
Bádminton | 4 | 8 | 4 | ||||||||||||||||||
Baloncesto | 1 | 1 | 13 | 2 | |||||||||||||||||
Balonmán | 2 | 11 | 2 | ||||||||||||||||||
Béisbol | 1 | 9 | 1 | ||||||||||||||||||
Boxeo | 6 | 6 | 14 | 12 | |||||||||||||||||
Ciclismo | 2 | 1 | 1 | 5 | 1 | 7 | 10 | ||||||||||||||
Esgrima | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 9 | 8 | |||||||||||
Fútbol | 1 | 11 | 1 | ||||||||||||||||||
Halterofilia | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 10 | 10 | |||||||||
Hípica | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 10 | 6 | ||||||||||||||
Hóckey sobre herba | 1 | 1 | 13 | 2 | |||||||||||||||||
Judo | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 7 | 14 | ||||||||||||
Loita | 3 | 3 | 4 | 3 | 3 | 4 | 10 | 20 | |||||||||||||
Natación | 4 | 4 | 5 | 5 | 5 | 6 | 6 | 6 | 31 | ||||||||||||
Natación sincronizada | 1 | 1 | 5 | 2 | |||||||||||||||||
Péntatlon moderno | 2 | 4 | 2 | ||||||||||||||||||
Piragüismo | 2 | 2 | 6 | 6 | 8 | 16 | |||||||||||||||
Remo | 7 | 7 | 7 | 14 | |||||||||||||||||
Saltos | 1 | 1 | 1 | 1 | 8 | 4 | |||||||||||||||
Tenis | 2 | 2 | 12 | 4 | |||||||||||||||||
Tenis de mesa | 1 | 1 | 10 | 4 | |||||||||||||||||
Tiro con arco | 2 | 2 | 5 | 4 | |||||||||||||||||
Tiro olímpico | 2 | 2 | 2 | 1 | 2 | 1 | 2 | 1 | 8 | 13 | |||||||||||
Vela | 2 | 7 | 1 | 9 | 10 | ||||||||||||||||
Voleibol | 1 | 1 | 13 | 2 | |||||||||||||||||
Wáter-polo | 1 | 7 | 1 | ||||||||||||||||||
Ximnasia | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | 6 | 1 | 11 | 15 | ||||||||||||
Finais | 0 | 9 | 12 | 14 | 17 | 19 | 19 | 23 | 27 | 19 | 12 | 12 | 12 | 23 | 23 | 10 | 257 | ||||
Día | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Días | Finais | |||
Mes | xullo | agosto |
Cerimonias | Xornada de competición | Xornada con final | 4 | Número de finais |
Cadro de medallas
editarCadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Equipo Unificado | 45 | 38 | 29 | 112 |
2 | EUA | 37 | 34 | 37 | 108 |
3 | Alemaña | 33 | 11 | 28 | 82 |
4 | China | 16 | 22 | 16 | 54 |
5 | Cuba | 14 | 6 | 11 | 31 |
6 | España | 13 | 7 | 2 | 22 |
7 | Corea do Sur | 12 | 5 | 12 | 29 |
8 | Hungría | 11 | 12 | 7 | 30 |
9 | Francia | 8 | 5 | 16 | 29 |
10 | Australia | 7 | 9 | 11 | 27 |
Cerimonia de clausura
editarNa cerimonia de clausura, celebrada o 9 de agosto no Estadio Olímpico, o entón presidente do Comité Olímpico Internacional (COI), Juan Antonio Samaranch, declarou que os de Barcelona foran os mellores Xogos Olímpicos da Historia. A afirmación foi corroborada por todos os medios de comunicación internacionais e atletas de todos os países, que tiveron en conta a modélica organización, a ausencia de incidentes, a masiva participación de cidadáns voluntarios, a comodidade e beleza das instalacións e, sobre todo, o grande apoio popular dos cidadáns barceloneses, que recibiron os xogos cun entusiasmo que propiciou que a cidade vivise un grande ambiente festivo durante todo o evento.
Unha vez apagada a chama olímpica, no medio dunha choiva de fogos artificiais, Cobi, a mascota española, desapareceu ceo arriba, navegando polo aire nun barco de papel.
Tras un espectáculo piroartístico, realizouse unha presentación musical na cal participaron Los Amaya, Peret e Los Manolos.
Efecto dos Xogos
editarOs Xogos de Barcelona convertéronse de feito na carta de presentación internacional da España democrática. O país transmitiu unha imaxe de dinamismo e modernidade que foi decisiva á hora de romper vellos estereotipos e de presentar a España como un país europeo avanzado ante a sociedade internacional. As celebracións durante o mesmo ano do quinto centenario do Descubrimento de América, a Exposición Universal de Sevilla e a capitalidade europea da cultura de Madrid completaron o ano do período democrático con maior resonancia internacional de España que, paradoxalmente, vivía sumida nunha grave crise política que se agudizaría a partir de 1993. Cos Xogos Olímpicos aumentou significativamente o turismo, o cal supuxo un aumento de ingresos.
Melloras na cidade de Barcelona
editarPara as olimpíadas da cidade de Barcelona tivéronse que realizar numerosos cambios para que fose elixida. Moitos deses cambios contribuíron á mellora da cidade de Barcelona en todos os aspectos como, por exemplo, as infraestruturas ou as prazas hostaleiras. Eses cambios e melloras foron:
- A mellora e adecuación das infraestruturas do aeroporto de Barcelona, tamén coñecido como aeroporto do Prat. Mellorouse a terminal B e creáronse as terminais A e C.
- A Vila Olímpica situouse nun sector da cidade moi degradado, o que provocou a restauración de devandita zona.
- Modernizáronse partes da cidade para satisfacer as necesidades do Comité Olímpico.
- Creáronse novos hoteis e reformáronse algúns dos que xa existían.
- Construíronse novas e modernas instalacións deportivas, como o Palau Sant Jordi e o Porto Olímpico.
- A cidade de Barcelona abriuse ao mar.
Imaxe e identidade corporativa
editarOs xogos de Barcelona tamén significaron unha renovación no que se referiu ao tratamento da imaxe e a identidade corporativa. Así se puido comprobar na edición de carteis, nas emisións de moedas conmemorativas e selos que realizou a FNMT en Madrid e tamén na Colección de 16 Medallas oficiais conmemorativas dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 que se realizou en Barcelona.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Comité Olímpico EspañolArquivado 26 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (en castelán)
- Páxina do especial do Décimo aniversario de Barcelona´92 (en castelán)