La Vila Olímpica del Poblenou

(Redirección desde «Vila Olímpica de Barcelona»)

La Vila Olímpica del Poblenou é un dos barrios que conforman o distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona.

Modelo:Xeografía políticaLa Vila Olímpica del Poblenou
Imaxe

Nomeado en referencia aVila Olímpica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 41°23′23″N 2°11′48″L / 41.3898, 2.19659Coordenadas: 41°23′23″N 2°11′48″L / 41.3898, 2.19659
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirSant Martí Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación9.395 (2021) Editar o valor em Wikidata (9.962,88 hab./km²)
Xeografía
Superficie94,3 ha Editar o valor em Wikidata
Ben integrante do patrimonio cultural catalán
Id. IPAC46124 Editar o valor em Wikidata

O barrio desenvolveuse a raíz da intervención urbanística polos Xogos Olímpicos de 1992. Nunha vella zona industrial do Poblenou, chamada Icària en recordo dos antigos socialistas utópicos, construíuse a Vila Olímpica como residencia dos deportistas participantes nos Xogos Olímpicos.

O deseño do conxunto, e a súa posterior transformación en barrio residencial, fíxose da man dun equipo de arquitectos composto principalmente por Oriol Bohigas, Josep Martorell, David Mackay e Albert Puigdomènech. A operación urbanística supoñía, á vez, a recuperación desta fronte litoral pola cidade e a creación de espazos de lecer como o Porto Olímpico, os parques do Port e da Nova Icària e a praia deste mesmo nome.

O proxecto inicial contemplaba a construción de catro rañaceos, en lugar dos dous actuais, como unha clara referencia ás Catro Columnas xónicas de Josep Puig i Cadafalch na montaña de Montjuïc derrocadas durante a ditadura de Primo de Rivera e repostas en 2010.[1] O MOPU, o antigo Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo, considerou que, de acordo coa lei de costas recentemente aprobada, non era posible a construción de catro torres e estimou que dous era o máximo de rañaceos que se poderían edificar.[1] Os sectores máis nacionalistas considerárono como unha clara provocación xa que coas catro torres crearíase unha estelada xigante.[1][2]

A Torre Mapfre está situada neste barrio, mentres que o adxacente Hotel Arts e a escultura Peix de Frank O. Gehry atópanse ao extremo do barrio de La Barceloneta. No barrio da Víla Olímpica tamén se atopa a prisión de Wad-Ras, o Porto Olímpico, o Parque da Nova Icària e un campus da Universidade Pompeu Fabra, situada nas renovadas instalacións duns antigos cuarteis militares. A biblioteca da Universidade ocupa o singular edificio do Depósito das Augas, que antigamente alimentaba a fonte do veciño Parque da Ciutadella.

Trátase dun barrio moi popular entre visitantes estranxeiros, pola súa proximidade ás praias de Barcelona e a zona de lecer nocturno do Porto Olímpico, así como por uns cines que proxectan versións orixinais con subtítulos no centro comercial do barrio.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 directe.cat, 7 de setembro de 2009, Les quatre torres Arquivado 02 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  2. La ciudad de los arquitectos, Barcelona, Anagrama, 1994, de Llàtzer Moix

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar