Abrir o menú principal

80ª edición dos Oscar

(Redirixido desde "Premios Oscar 2007")

A 80ª edición dos Oscar, presentada pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2007 dos Estados Unidos e celebrouse o 24 de febreiro de 2008 no Kodak Theatre de Hollywood, Os Ánxeles. Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. Gil Cates foi o produtor do evento, facendo con esta a súa décimo cuarta quenda.[1] Jon Stewart presentou a cerimonia, sendo a segunda vez. Anteriormente presentara a 78ª edición dos Oscar.[2]

Non é un país para vellos dominou a gala acadando catro premios dos oito ós que optaba, incluíndo o Oscar ó mellor filme. Por primeira vez dende a 37ª edición dos Oscar (1964), a Academia entregou os catro premios de interpretación a actores non americanos. Os galardoados foron: Daniel Day-Lewis (irlandés) por There Will Be Blood (Mellor actor), Marion Cotillard (francesa) por La Môme (Mellor actriz), Javier Bardem (español) por Non é un país para vellos (Mellor actor secundario) e Tilda Swinton (inglesa) por Michael Clayton (Mellor actriz secundaria). A cerimonia continuou coa tendencia dos anos anteriores, sen un filme premiado máis de catro veces.

Índice

Gañadores e nomeadosEditar

Os nomeados desta edición foron anunciados o 22 de xaneiro polo presidente da Academia, Sid Ganis, e a actriz Kathy Bates, no Samuel Goldwyn Theater na sede da Academia en Beverly Hills (California). Os filmes Non é un país para vellos e There Will Be Blood recibiron cada un deles oito nomeamentos.

PremiosEditar

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letras grosas.[3]

 
Irmáns Coen, Mellores directores
 
Daniel Day-Lewis, Mellor actor
 
Marion Cotillard, Mellor actriz
 
Javier Bardem, Mellor actor secundario.
 
Tilda Swinton, Mellor actriz secundaria.
 
Diablo Cody, Mellor guión orixinal
Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais
Predecesor:
79ª edición dos Oscar
Premios Oscar
80ª edición dos Oscar
Sucesor:
81ª edición dos Oscar

NotasEditar

  1. "80th Annual Academy Awards Show Producer". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. 
  2. "Jon Stewart returns as Oscar host". BBC. September 12, 2007. Consultado o September 12, 2007. 
  3. "The 80th Academy Awards (2008) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 2011-11-22. 

Véxase taménEditar