Ruby Dee

actriz estadounidense

Ruby Dee, nada en Cleveland (Ohio) o 27 de outubro de 1922 e finada en New Rochelle (Nova York) o 11 de xuño de 2014, foi unha actriz, poeta, dramaturga, guionista, xornalista e activista polos dereitos civís estadounidense.[1]

Infotaula de personaRuby Dee

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xuño de 2014 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
New Rochelle, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónHunter College (en) Traducir
Hunter College High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , guionista , produtora , actriz de televisión , actriz de teatro , actriz de cinema , poeta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1940 Editar o valor em Wikidata - 2014 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOssie Davis (pt) Traducir (1948–2005) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0002039 Allocine: 11394 Rottentomatoes: celebrity/ruby_dee Allmovie: p18243 TCM: 47443 IBDB: 37722
Musicbrainz: c762b75f-485e-431f-b008-c1610f65a64f Songkick: 3501561 Discogs: 1135067 WikiTree: Wallace-4578 Find a Grave: 131277377 Editar o valor em Wikidata

Dee estivo casada con Ossie Davis, co que traballou frecuentemente ata a morte del en 2005.[2]

Traxectoria editar

Dee naceu en Cleveland, Ohio,[3] filla de Gladys (de solteira Hightower) e de Marshall Edward Nathaniel Wallace, cociñeiro, camareiro e porteiro.[4] Despois de que a nai abandonase a familia, o pai volveu casar, con Emma Amelia Benson, mestra de escola.[5][6][7][8]

Dee creceu en Harlem, Nova York.[9] Antes de asistir á Hunter College High School, estudou nas escolas públicas 119 e 136.[10] Posteriormente graduouse no Hunter College cun grao en linguas románicas en 1945.[11] Foi membro de Delta Sigma Theta.[12]

Dee uniuse ao American Negro Theatre como aprendiz e traballou con Sidney Poitier, Harry Belafonte e Hilda Simms.[11] Fixo varias aparicións en Broadway, como o seu primeiro papel nunha produción de 1946 de Anna Lucasta.[13] O seu primeiro papel na pantalla foi en That Man of Mine ese mesmo ano, e recibiu recoñecemento nacional polo seu papel no filme de 1950 The Jackie Robinson Story.[9] En 1965, Dee actuou en papeis principais no American Shakespeare Festival como Kate en The Taming of the Shrew e como Cordelia en O rei Lear, converténdose na primeira actriz negra nun papel protagonista nese festival. A súa carreira interpretativa cubriu todos os medios durante oito décadas, incluídos os filmes A Raisin in the Sun, en que recreou o papel que interpretou no teatro, e Edge of the City, ambos con Poitier.[11]

Dee foi candidata a oito premios Emmy, e gañou un polo seu papel no telefilme de 1990 Decoration Day.[14] Tamén foi candidata pola aparición nun episodio de China Beach, "Skylark", en que tamén actuaba o seu marido Ossie Davis. Tamén participou nos filmes de Spike Lee Do the Right Thing e Jungle Fever.[9]

En 1995, Dee e Davis recibiron a National Medal of Arts.[15] Tamén se lles outorgaron os Kennedy Center Honors en 2004. En 2007 compartiron o Grammy ao mellor álbum falado por With Ossie and Ruby: In This Life Together co expresidente Jimmy Carter.[11][16]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
1946 That Man of Mine[9] Joan
1947 Easy to Get[17] Drugstore girl Filme sobre enfermidades venéreas do exército estadounidense
The Fight Never Ends [18] Jane
1948 What a Guy [18]
1950 The Jackie Robinson Story Rae Robinson
No Way Out Connie Brooks Sen acreditar
1951 The Tall Target Rachel
1954 Go, Man, Go! Irma Jackson
1957 Edge of the City Lucy Tyler
1958 St. Louis Blues Elizabeth
Virgin Island Ruth
1959 Take a Giant Step Christine
1961 A Raisin in the Sun Ruth Younger
1963 The Balcony Thief
Gone Are the Days! Lutiebelle Gussie Mae Jenkins
1967 The Incident Joan Robinson
1968 Up Tight! Laurie
1970 King: A Filmed Record... Montgomery to Memphis Documental
1972 Buck and the Preacher Ruth
Black Girl Netta's Mother
1973 Wattstax
1976 Countdown at Kusini [19] Leah Matanzima
1982 Cat People Female
1989 Do the Right Thing Mother Sister
1990 Love at Large Corrine Dart
1991 Jungle Fever Lucinda Purify
1993 Color Adjustment Narradora Documental
Cop and a Half Rachel
1994 The Stand Mother Abagail Freemantle
1995 Just Cause Evangeline
1996 Mr. & Mrs. Loving [20] Sophia
1997 A Simple Wish Hortense
1998 A Time to Dance: The Life and Work of Norma Canner Narradora Documental[19]
1999 Baby Geniuses[19] Margo
2003 Beah: A Black Woman Speaks Ela mesma Documental
2006 No. 2 Nanna Maria
The Way Back Home Maude
2007 All About Us [19] Ms. Ella
American Gangster Mama Lucas
Steam Doris
2009 The Perfect Age of Rock 'n' Roll [19] Miss Candy
2010 Dream Street Laura [21]
2011 Video Girl Valerie [22]
Politics of Love [19] Grandma 'Estelle' Roseanne Gupta
Red & Blue Marbles [19] Professor June Wright
2012 Long Distance Revolutionary: A Journey With Mumia Abu-Jamal [23]
A Thousand Words Annie McCall [19]
2013 Betty & Coretta Narrator [24]
1982 Rose Brown

Notas editar

  1. "Ruby Dee". Encyclopædia Britannica. 7 de xuño de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  2. Oscar-Nominated Actress Ruby Dee Dies at 91 Carmel Dagan. Variety. 12 de xuño de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2016
  3. "Ruby Dee marks 90th birthday with new documentary about her illustrious life with late husband Ossie Davis", New York Daily News, 13 de novembro de 2012.
  4. Watson, Elwood (5 de decembro de 2013). "Dee, Ruby Ann Wallace (1924-2014)". BlackPast.org. Consultado o 17 de abril de 2015. 
  5. Davis, Ossie; Dee, Ruby (1998). "Ruby Is Born at Seven". With Ossie and Ruby: In This Life Together. William Morrow. ISBN 0-688-17582-1. Consultado o 30 de xullo de 2008. 
  6. Africana : arts and letters : an A-to-Z reference of writers, musicians, and artists of the African American experience. Philadelphia, Pa. 2004. ISBN 0-7624-2042-1. OCLC 57444998. 
  7. Lyman, Darryl (2005). Great African-American Women. Jonathan David Company, Inc. ISBN 0-8246-0459-8. 
  8. "Ruby Dee profile at FilmReference.com". 30 de xullo de 2008. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Screen, stage legend Ruby Dee dies at 91". CNN. Consultado o 12 de xuño de 2014. 
  10. "Talented Ruby Dee Plays the Wife of Neurosurgeon in 'Peyton Place'". Schnectady Gazette. setembro de 1968. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Halzack, Sarah (27 de outubro de 1922). "Ruby Dee, actress and civil rights activist, dies at 91". The Washington Post. Consultado o 12 de xuño de 2014. 
  12. Delta Sigma Theta website Arquivado 13 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
  13. Warfield, Polly (7 de marzo de 2001). "Remembering Ruby Dee in Anna Lucasta". Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  14. "Ruby Dee Awards". IMDb. 2008. Consultado o 30 de xullo de 2008. 
  15. Lifetime Honors – National Medal of Arts Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
  16. "6 great moments from Ruby Dee's legendary career | Entertain This!". Entertainthis.usatoday.com. Consultado o 12 de xuño de 2014. 
  17. Medical Movies on the Web
  18. 18,0 18,1 "Ossie Davis & Ruby Dee: Ruby Dee Film Credits". Ossieandruby.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de xullo de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2014. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 19,6 19,7 "Ruby Dee – Filmography – Movies & TV". Movies & TV Dept. The New York Times. 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2014. 
  20. "Ossie Davis & Ruby Dee: Dee Television Credits". Ossieandruby.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2014. 
  21. Yahoo Movies. "Dream Street". Yahoo.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2014. 
  22. ""Video Girl" Starring Meagan Good, Ruby Dee On DVD and Blu Ray This Week|Shadow and Act". Blogs.indiewire.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2014. 
  23. "Now You Too Will Be Able To See 'Long Distance Revolutionary: A Journey with Mumia Abu-Jamal'|Shadow and Act". Blogs.indiewire.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2014. 
  24. Sharp, Diamond. "Ruby Dee: Advice From a Legend". The Root. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar