American Gangster

filme de 2007 dirixido por Ridley Scott

American Gangster é un filme estadounidense biográfico dirixido por Ridley Scott e escrito por Steve Zaillian. O filme baséase na carreira criminal de Frank Lucas, un gánster de Carolina do Norte que pasaba heroína dentro dos Estados Unidos a través dos avións militares que regresaban da Guerra de Vietnam. Está protagonizado por Russell Crowe e Denzel Washington nos papeis principais, xunto con Ted Levine, John Ortiz, Josh Brolin, Chiwetel Ejiofor, Norman Reedus, Ruby Dee e Lymari Nadal nos papeis de elenco.

American Gangster
Ficha técnica
Título orixinalAmerican Gangster
DirectorRidley Scott
ProdutorRidley Scott
Brian Grazer
GuiónSteven Zaillian
Baseado enThe Return of Superfly de Mark Jacobson
IntérpretesDenzel Washington
Russell Crowe
Josh Brolin
Chiwetel Ejiofor
Ted Levine
Yul Vazquez
Armand Assante
Ruby Dee
Lymari Nadal
Carla Gugino
Cuba Gooding, Jr.
MúsicaMarc Streitenfeld
FotografíaHarris Savides
MontaxePietro Scalia
EstudioImagine Entertainment
Scott Free Productions
Relativity Media
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea2 de novembro de 2007
Duración158 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBiográfico, drama
Orzamento$100 000 000[1]
Recadación$266 465 037
Na rede
https://www.americangangster.net
IMDB: tt0765429 Filmaffinity: 881984 Allocine: 88156 Rottentomatoes: m/american_gangster Mojo: americangangster Allmovie: v358717 TCM: 546950 Metacritic: movie/american-gangster TV.com: movies/american-gangster-unrated Netlix: 70060009 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

No Nova York de 1968, Frank Lucas (Denzel Washington) é o chofer dun importante mafioso de Harlem. Cando o seu xefe morre inesperadamente, Frank aproveita a oportunidade para construír o seu propio imperio. Grazas ó seu talento, convértese non só no meirande narcotraficante da cidade, enchendo as rúas con produtos de mellor calidade e prezo, senón tamén nun home público moi respectado. Richie Roberts (Russell Crowe), un policía marxinado que coñece ben as rúas, decátase de que unha persoa allea ós clans mafiosos está a trepar no poder. Tanto Roberts como Lucas comparten un estrito código ético que os afasta dos demais e que os converte en dúas figuras solitarias en lados opostos da lei. Cando se atopan, o enfrontamento entre eles é inevitable.

Personaxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
  • 2007: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor actriz secundaria (Ruby Dee) e mellor dirección artística.
  • 2007: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo mellor filme dramático.
  • 2007: 5 nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor filme, fotografía e guión orixinal.
  • 2007: 2 nomeamentos ós Critics' Choice Awards: mellor filme e canción.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar