Abrir o menú principal

Mongol (filme)

filme de 2007 dirixido por Sergei Bodrov

Mongol (en lingua rusa Монгол) é un filme dirixido por Sergei Bodrov que foi estreado no 2007. O filme está baseado na vida de Temüjin, o khan mongol que máis tarde sería coñecido como Genghis Khan. Os actores Tadanobu Asano, Sun Honglei e Khulan Chuluun interpretan os papeis principais. Superproducción de corte épico que foi seleccionada por Casaquistán como candidata ó Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos Oscar.

Mongol
Ficha técnica
Título orixinalМонгол
DirectorSergei Bodrov
ProdutorSergei Selyanov
Sergei Bodrov
Anton Melnik
GuiónArif Aliyev
Sergei Bodrov
IntérpretesTadanobu Asano
Sun Honglei
Khulan Chuluun
Amadu Mamadakov
MúsicaTuomas Kantelinen
Altan Urag
FotografíaSergey Trofimov
Rogier Stoffers
MontaxeValdís Óskarsdóttir
Zach Staenberg
EstudioKinokompaniya CTB
Andreevsky Flag Film Company
X-Filme Creative Pool
DistribuidoraPicturehouse Entertainment (USA)
Universal Studios Home Entertainment (RU Home Media)
New Line Home Entertainment (USA Home Media)
Estrea20 de setembro de 2007
Duración125 minutos[1]
OrixeFlag of Kazakhstan.svg Casaquistán
Rusia Rusia
Flag of Mongolia.svg Mongolia
XéneroBiográfico, histórico
Orzamento$18 000 000[2]
Recadación$26 527 510

ArgumentoEditar

Vida do lendario e temible Genghis Khan dende a súa escravitude ata que conquistou a metade do mundo coñecido.

PersonaxesEditar

 
O actor Tadanobu Asano interpreta a Temüjin de adulto.
  • Tadanobu Asano como Temüjin
  • Sun Honglei como Jamukha
  • Khulan Chuluun como Börte
  • Amadu Mamadakov como Targutai
  • Ba Sen como Yesügei
  • Odnyam Odsuren como Temüjin de neno
  • Bayertsetseg Erdenebat como Börte de nena
  • Amarbold Tuvshinbayar como Jamukha de neno
  • Sai Xing Ga como Chiledu
  • Bu Ren como Taichar
  • Aliya como Oelun
  • He Qi como Dai-Sechen
  • Deng Ba Te Er como Daritai
  • Zhang Jiong como Xefe Garrison
  • Ben Hon Sun como Monxe

Galardóns e nomeamentosEditar

  • 2007: Nomeado ó Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa.
  • 2007: National Board of Review: Mellor filme en lingua non inglesa.
  • 2008: Academia Cine Europeo: 2 nomeamentos, incluíndo mellor filme (premio da audiencia).
  • 2008: 6 premios Nika, incluíndo mellor filme e director.
  • 2008: Nomeado a Critics' Choice Awards: Mellor filme en lingua non inglesa.

NotasEditar

  1. British Board of Film Classification, ed. (31 de marzo de 2009). "MONGOL (15)". Consultado o 21 de abril de 2015. 
  2. BoxOfficeMojo.com

Véxase taménEditar