Chuluuny Khulan

(Redirección desde «Khulan Chuluun»)

Chuluuny Khulan (en mongol: Чулууны Хулан), nada o 30 de maio de 1985 en Kharkhorin, é unha actriz mongol que acadou o recoñecemento internacional co papel de Börte, a muller de Xenxis Kan, no filme de 2007 nomeado ó Óscar Mongol.

Infotaula de personaChuluuny Khulan
Nome orixinal(mn) Чулууны Хулан Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Kharkhorin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMongolia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua mongol Editar o valor em Wikidata

Páxina webkhulan.mn Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2153444 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Khulan era unha estudante en 2006 coa esperanza de unirse ás forzas armadas do país e matricularse nunha escola militar,[1] cando foi descuberta por Guka Omarova, a axente de casting de Mongol, mentres se atopaba nunha liña de visado na embaixada chinesa en Ulán Bátor. Bodrov e Omarova querían elixir a unha muller mongol como esposa de Xenxis Kan, mais cando faltaban dúas semanas para a rodaxe, non estaban seguros das súas eleccións. Despois de reunirse con ela, Bodrov decidiu arriscar coa actriz non profesional e, posteriormente, elixiuna no papel de Börte.[2]

Khulan foi asistente do director no filme casaco de 2009 Lave (en casaco: Лавэ)[3] e nos filmes casacos de 2012 Shal (en casaco: Шал) e Mech Pobedy (en casaco: Меч Победы). Protagonizou a raíña dos Oirats na produción de televisión casaca de 2017 The Kazakh Khanate.[4]

Tamén interpretou unha guerreira escita nun documental para o Instituto Smithsoniano.

Vida persoal editar

Khulan coñeceu a Naryn Igilik, asistente casaco de Bodrov, mentres estaba no set de Mongol. Máis tarde, a parella casou como parte das celebracións da noite de estrea do filme en Casaquistán. Ela e o seu marido residen agora en Casaquistán, preto de Almati.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 ""Mongol" actress: from soldier dreams to Oscar buzz". Reuters. 2008-01-25. 
  2. ""Mongol" - The Official Site/Production Notes". Arquivado dende o orixinal o 2008-11-01. Consultado o 2008-11-15. 
  3. "KinoKultura". www.kinokultura.com. Consultado o 2018-04-03. 
  4. "Kazakh Khanate (TV Series 2017– )". Consultado o 2018-04-03. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar