Abrir o menú principal

Glen Hansard, nado o 21 de abril de 1970 en Dublín, é un cantante e compositor do grupo irlandés de rock The Frames. Tamén ten traballado como presentador de televisión e actor, destacando a súa actuación no filme Once.

Glen Hansard
Glen Hansard - Lucca Comics & Games 2015 2.JPG
Glen Hansard en outubro de 2015.
Nome completoGlen Hansard
Nacemento21 de abril de 1970 (49 anos)
OrixeDublín, Irlanda Irlanda
OcupaciónActor, cantante, compositor
XéneroRock
Folk rock
Instrumento(s)voz e guitarra
Selo(s) discográfico(s)Plateau Records, Overcoat Recordings, Island Records
Relacionado conThe Frames, The Swell Season, Markéta Irglová
Tempo en activo1983 - presente
Na rede
http://www.theframes.ie/
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Hansard deixou a escola á idade de 13 anos para gaña-la vida tocando polas rúas de Dublín. A primeira vez que se deu a coñecer ó gran público foi como o guitarrista Outspan Foster no filme The Commitments. No 2003 presentou o programa de televisión da RTÉ, Other Voices: Songs from a Room. En abril do 2006 publicou o seu primeiro álbum musical en solitario The Swell Season, coa colaboración da cantante e instrumentista checa Markéta Irglová, a finesa Marja Tuhkanen ó violín e o francés Bertrand Galen ó violoncello. Tamén colaborou con Eddie Vedder no seu último traballo Ukelele Song. Tamén no 2006, actuou no filme Once, onde interpreta a un músico da rúa xunto con Markéta Irglová, que fai dunha inmigrante checa que vende flores pola rúa. O filme tivo moi boa acollida no Festival de Cine de Sundance e foi gañadora dun Óscar á mellor canción orixinal.

 
Glen Hansard, en directo en Dublín o 31 de decembro do 2006.
 
Hansard e Markéta Irglová tocando na tenda de discos Cool Discs en Derry, Irlanda do Norte en abril do 2006.

DiscografíaEditar

The FramesEditar

ÁlbumsEditar

Singles e EPsEditar

  • The Dancer (1991)
  • Masquerade (1992)
  • Turn On Your Record Player EP (1992)
  • Picture of Love (1993)
  • Angel at My Table (1994)
  • Revelate (1995)
  • Monument (1996)
  • I am the Magic Hand (1999)
  • Pavement Tune (1999)
  • Rent Day Blues EP (1999)
  • Come On Up to the House
  • Lay Me Down (2001)
  • Headlong (2002)
  • The Roads Outgrown EP (2003)
  • Fake (2003)
  • Finally (2004)
  • Sideways Down (2005)
  • Happy (2005)
  • Falling Slowly/No More I Love Yous (2006)

The Swell SeasonEditar

FilmografíaEditar

Premios e nomeamentosEditar

ÓscarEditar

Ano Categoría Filme Resultado
2007 Óscar á mellor canción orixinal Once Gañador

Véxase taménEditar