Ratatouille (filme)

Ratatouille é a oitava película de animación producida por Pixar. O seu nome provén da especialidade culinaria francesa ratatouille. Dirixida por Brad Bird (tamén responsable da dirección d' Os incribles) estreouse nas salas españolas o 3 de agosto de 2007.

Ratatouille
Ficha técnica
Título orixinalRatatouille
DirectorBrad Bird
ProdutorBrad Lewis
GuiónBrad Bird
IntérpretesPatton Oswalt
Lou Romano
Ian Holm
Janeane Garofalo
Peter O'Toole
Brian Dennehy
Peter Sohn
Brad Garrett
Will Arnett
James Remar
MúsicaMichael Giacchino
FotografíaSharon Calahan
Robert Anderson
MontaxeDarren Holmes
Stan Webb
EstudioPixar
DistribuidoraWalt Disney Pictures
Estrea2007
Duración111 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Orzamento$150 000 000[1]
Recadación$623 700 000[2]
Na rede
https://www.pixar.com/feature-films/ratatouille
IMDB: tt0382932 Filmaffinity: 496720 Allocine: 46211 Rottentomatoes: m/ratatouille Mojo: ratatouille Allmovie: v345519 TCM: 641780 Metacritic: movie/ratatouille TV.com: movies/ratatouille
Youtube: UCB0tMK0JBQmliqwWwM8Nf8Q Netlix: 70045269 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Esta cinta preséntanos a Remy, unha rata que naceu cun desenvolvido sentido do olfacto. Cando descobre un libro do máis grande Chef de París, Remy marabíllase do mundo culinario, soña con converterse nun gran chef francés a pesar da oposición da súa familia, o seu pai e o seu irmán Emile, sen esquecer o problema evidente que supón ser unha rata nunha profesión que detesta os roedores. Logo de separarse da súa familia nun accidente, o destino leva Remy ós sumidoiros de París, pero a súa situación non podería ser mellor, xa que se encontra xusto debaixo dun restaurante que se fixo famoso grazas a Auguste Gusteau, unha estrela da cociña. A pesar do perigo que representa ser un visitante pouco común nos fogóns dun exquisito restaurante francés, a paixón de Remy pola cociña pon patas arriba o mundo culinario parisiense. Así coñece o inexperto e algo zoupón fregador Linguini, con quen fai unha profunda amizade, para así xuntos lograr ser os máis prestixiosos chefs de Francia. Cando todo parece mellorar, Remy atópase co seu irmán Emile, quen lle pide regresar coa súa familia. O roedor debátese entre a súa vocación e os seus seres queridos.

Galardóns e nomeamentos

editar
  1. Michael Cieply (24 de abril de 2007). New York Times, ed. "It's Not a Sequel, but It Might Seem Like One After the Ads". 
  2. "Ratatouille (2007)". Box Office Mojo. Amazon.com. Consultado o 4 de agosto de 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar