Ratatouille
A ratatouille é unha especialidade culinaria francesa, elaborada cun guisado de diversos vexetais e orixinaria da cidade de Niza aínda que tamén a encontramos na zona da Provenza. Con diferentes nomes e matices locais, existe en moitos países. Pode tomarse fría ou quente, soa ou como complemento de carnes e peixes.
Orixe
editarA palabra ratatouille vén do Occitano ratatolha. Utilízase tamén na súa forma francesa en todas as linguas, incluíndo o inglés. A ratatouille tamén se denomina Valentine no sur de Francia e piperade en Euskadi. Elaborada con allo, olivas e cebolas, coñécese como "Bohémienne Languedocienne". A súa orixe está na área da Provenza e arredor da cidade de Niza. Orixinalmente, a palabra ratatouille refírese dende 1778 a un guisado heteroxéneo. A abreviatura rata utilízase no argot militar francés para designar unha mestura de fabas ou feixóns, patacas e legumes mesturados con talladas de carne normalmente graxenta. O "rata" é de feito un prato típico do rancho militar, sinxelo e rápido de facer.
Elaboración e consumo
editarA ratatouille está composta de legumes cocidos, sobre todo berenxenas, cebolas, cabazas, pementos, tomates e allo. Como en calquera receita xenérica, non hai unha composición exacta senón uns principios xerais a seren observados.
Para cociñala, hai dous métodos son posíbeis: cociñar todos os legumes ou vexetais xuntos ou realizar a súa cocción un a un primeiro e mesturalos ao remate da preparación. Os defensores da tradición provenzal como os chefes Vergé ou Gedda defende este método por partes.
A ratatouille é xeralmente servida como gornición acompañando carnes ou peixes, mais tamén pode ser servida como prato principal acompañada de arroz ou pan).
Tradicionalmente, é aconsellábel tomala con viños brancos, rosados ou tintos orixinarios da Provenza[1].
Variantes
editarNoutros países da área mediterránea, tamén preparan pratos similares:
- Cataluña: Samfaina
- Mallorca: Tombet
- Castela A Mancha: Pisto
- Malta: Kapunata
- Italia: Caponata
- Hungría: Lecsó
- Bulgaria: Ghiveci
- Romanía: Ghiveci
- Grecia: Briam (incluíndo patacas)
- Croacia: Đuveč (con feixón verde e arroz)
- Serbia: Đuveč (con feixón verde e arroz)
- Turquía: Imán Bayildi (presentada nunha berenxena reenchida)
Galería de imaxes
editar-
Ratatouille -
Samfaina e atún -
Tombet -
Pisto manchego con ovos fritos -
Lecsó
Notas
editar- ↑ "Accord mets / vin sur le site Platsnetvins". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2011. Consultado o 06 de xaneiro de 2012.
- ↑ Recette de L'Iman Bayildi, Cuisine et vins de France
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Les légumes et la santé Exemple de la ratatouille Comparaison avec les savoirs antiques, 2002, arquivo Wikiwix. (en francés)
- Ratatouille (CuisineAZ.com) Arquivado 08 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en francés)
- Receita de ratatouille, portal Cuisine traditionnelle française (www.cuisine-france.com) (en francés)