Mazarelos: revista de historia e cultura

Mazarelos é unha publicación periódica de carácter cuadrimestral de contidos divulgativos sobre historia e cultura. O seu nome vén da proximidade da praza de Mazarelos coa Facultade de Xeografía e Historia, lugar de encontro entre a academia e o ocio. O primeiro número saíu do prelo en xaneiro de 2020 logo dunha campaña de micromecenado. Desde aquela o obxectivo principal da publicación foi combinar nas súas páxinas o rigor científico e académico coa linguaxe divulgativa e amena que permita facer chegar os contidos ao público tanto especializado como xeral.

Historia

editar

En 2019 tres estudantes recentemente graduados en Historia pola USC decidiron abrir unha revista dixital de historia e cultura: Mazarelos.gal. Naceu con vontade de ser un espazo para que novas e novos historiadores puidesen compartir algún artigo do seu interese cun público amplo. Na actualidade conta con máis de 200 textos de 60 colaboradoras e colaboradores diferentes entre artigos, entrevistas, reportaxes e editoriais.

A experiencia da plataforma web animou ao grupo impulsor ao lanzamento dunha revista en papel. En outubro de 2019 anunciaron o inicio dunha campaña de micromecenado[1] co obxectivo de recadar os suficientes cartos para financiar o primeiro número[2]. Finalmente superáronse as expectativas, conseguindo o 121% do necesario grazas a 110 persoas cofinanciadoras. Como recoñecemento ao seu altruísmo, na contraportada do primeiro número da revista apareceron os nomes de todas as persoas que contribuíron.

O 16 de xaneiro de 2020, mesmo día no que nacera un ano antes Mazarelos.gal, a revista en papel foi presentada no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (sita na compostelá praza de Mazarelos)[3]. Neste acto, con decenas de asistentes, interviron o catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto, a profesora de Historia Antiga Ana María Suárez Piñeiro, o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez e o editor da revista Miguel Rodríguez Martínez[4]. A esa presentación seguiron outras en Ferrol[5], Ribadavia[6] e A Coruña[7], xira interrompida pola pandemia da COVID-19.

Desde ese momento, a revista sae 3 veces ao ano, A maioría delas contaron con novas presentacións en máis lugares do país. A continuación amósase unha listaxe das presentacións dos restantes números:

Na actualidade Mazarelos Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil é quen se encarga de editar a publicación. Naceu en marzo do 2021, cando os impulsores da revista decidiron abrir unha cooperativa homónima co obxectivo de estabilizar o proxecto e manter a súa continuidade no tempo[20]. Esta está dedicada a investigación e asesoramento histórico, comunicación e divulgación, proxectos audiovisuais, sector educativo e formativo e descrición e catalogación arquivística. Algúns dos seus principais proxectos son:

Características e estrutura

editar

A revista Mazarelos sae 3 veces ao ano. A súa extensión alcanzou unha media de 90 páxinas nos primeiros números, mentres que na actualidade esa cifra sitúase nas 75 páxinas. Cada certos meses anúnciase a apertura da convocatoria para recibir propostas de artigos para publicar na revista[21]. Estes teñen que estar inscritos tematicamente na Historia, nas Ciencias Sociais, nas Humanidades ou na cultura en sentido amplo. Todos os textos publícanse en galego e poden enviarse tanto na norma RAG como na AGAL. Ademais, todos os textos deben ser inéditos. Con respecto ao formato, o máis común son artigos de investigación ou divulgación, mais tamén admite poemas, recensións de libros e reportaxes de actualidade. Todas as propostas deben cumplir coas normas de publicación da revista[22].

En canto ao sistema de avaliación, primeiro pasa un filtro editorial e logo é enviado a pares cegos externos. Posteriormente o equipo editorial recibe a proposta final, lévase a corrección ortográfica e maquetado. Este último proceso é compartido coa autora ou autor para o visto bo e publicación.

Todos os números están dispoñibles tanto en papel como na hemeroteca dixital de Mazarelos. O seu prezo de venda ao público é de 9€[23].

A publicación adoita manter unha estrutura en canto á presentación dos seus contidos:

  • Capa. Todos os números están encabezados pola obra dunha artista galega. No primeiro número foi unha fotografía, e nos seguintes unha ilustración.
  • Editorial. Ao abrir a revista é o primeiro que aparece. Trátase dun breve texto de poucos parágrafos nos cales se reflexiona sobre algún tema en concreto relacionado coa Historia, sexa de actualidade ou non.
  • Convidada/o. O primeiro artigo escríbeo unha convidada ou convidado seleccionado polo equipo editorial por considerar de interese as súas liñas de investigación.
  • Persoeiro. Nalgúns números tamén ocupa os primeiros postos un artigo dedicado a algunha persoa que fixese algunha contribución á cultura galega pero que non tivo unha repercusión demasiado notable.
  • Artigos centrais. O corpo central da revista está constituído por artigos de investigación, divulgación ou reportaxes enviados por persoas interesadas en publicar na revista. Adoitan publicarse 4 ou 5 artigos por número.
  • Entrevista. En cada número publícase en penúltimo lugar unha conversa entre dúas persoas. O que pretende a publicación é ofrecer ás lectoras e lectores unha conversa na cal, a partir dunha pregunta, as dúas persoas poidan dialogar, interrumpirse e incluso preguntarse cuestións entre elas. Adoitan ser persoas relevantes do mundo da cultura ou da universidade.
  • Artigo sobre unha asociación. Para pechar cada revista convídase a unha persoa dalgunha asociación ou entidade que se considere de interese para escribir un artigo contando a historia e a actividade actual da agrupación.

Números publicados

editar
Número Portada Índice dos artigos
1 (xaneiro 2020) Iago Crespo Trens que se cruzan na noite ou o Xano bifronte? Sobre o diálogo entre a Historia e a Ciencias Sociais – Zira Box

Lembrando a Daníel García Ramos, Pioneiro na normalización lingüística do galego na xustiza – Miguel Rodríguez Martínez

As labregas nos conflitos do rural da primeira metade do século XX – Lucía Veciño Souto

Castelao en Fene? Apuntes sobre o galeguismo local – Roque Sanfiz Arias

A «fronte interior» na comarca do Ribeiro (1936-1937). Un aporte sobre as represalias económicas na vila de Ribadavia – Mateo Martínez Torres

Rapadas, humilladas e prisioneiras: a represión cara a muller durante o primeiro franquismo – Sara Penide de la Torre

40 anos das eleccións municipais do 3 de Abril: algunhas reflexións e varias tarefas pendentes – Brais Ferreiro Ares

O palacio da encomenda de Beade. Vestixios do esplendor vitivinícola – Lucas Sánchez Taboada

Señores e serventes no Museo Pazo de Tor – Clara Reigosa Lombao

Entrevista a Miguel Anxo Seixas Seoane e Lourenzo Fernández Prieto

2 (maio 2020) Andrea Rivas História da Ditadura: uma experiência de divulgação do conhecimento histórico Paulo Cesar Gomes

Enriqueta Otero Blanco. De mestra a guerrilleira antifranquista – María Núñez Cobas

Poñendo os pés na terra. Sobre o diálogo entre a Historia e a Psicoloxía social Daniel Balinhas

Arquitectura e militancias aquén e alén: a imaxe de Galiza e modernidade en Caridad Mateo e Gómez Román Santiago Rodríguez Caramés

Unha estudantina pasada por auga. A Compostela de Pérez Lugín Jose Manuel Suárez García

Rescatando a memoria dun artista clave: o prateiro compostelán Ricardo Martínez Costoya (1859-1927) Ana Pérez Varela

Derivé pública na praxe artística de Nicolás Combarro Jorge Viz González

Conversa con Diana Pelaz Flores e Jose Miguel Andrade Cernadas

De fouce e agulla Andrea Rivas Fiel

3 (novembro 2020) Xosé Poldras A Cátedra de Cultura Galega ‘Xosé Neira Vilas’ da Universidade da Habana. Trinta anos tecendo redes entre as dúas beiras do Atlántico – Arantxa Fernández Crespo

Sofía Casanova. Correspondente galega en cinco guerras do século XX – Eila Rodríguez Filgueiras

Radicalismo ou extremismo? Ás cousas polo seu nome – Marcos Dono Martín

Cartas, ondas e pedras. A Igrexa Católica na República Dominicana durante a ditadura e a transición democrática (1954-63) – Adrián Feijoo Sánchez

A performance falanxista. O culto a Santiago e a crónica de Urbano Tavares RodriguesEmilio P. Cancelo

As olladas do rexionalismo crítico. Identidades arquitectónicas nas periferias peninsulares (1960-90) – Santiago Rodríguez Caramés

GaliPIXEL. Notas sobre a industria e a cultura dos videoxogos en Galicia – Jose Carlos García Vega

Conversa con Manuel Gago e Miguel Ángel Cajigal

Poema da desolación – Francisco Álvarez Koki

4 (febreiro 2021) Lidia Cao “No queda nación que aquí no venga”. Unha ollada á Galicia medieval dende a outra beira do Atlántico – Simon Doubleday

Se o mar tivese varandas… Os galegos do Brasil: tres historias de vida – David Fontán Bestilleiro

Mulleres e sindicalismo na Galicia da Restauración (1874-1923) – Arturo Real López

Álvaro Cunqueiro e Manuel Fraga na ‘diplomacia céltica’ do desarrollismo (1961-69) – Carlos Calvo Varela

As novas voces da música en galego: DIY, precariedades e autoxestión – Marina González

Somos o que comemos? Industria cárnica, superporcos e identidade en Okja, de Bong Joonho – Teresa Moreno Olmeda

Conversa con Ana Cabana Iglesia e Alba Díaz Geada

Obaixoulla.gal. Asociacionismo, patrimonio e cultura do software libre – Lucía Santiago Sanmiguel e Alberto Permuy Leal

5 (xuño 2021) Susana Suniaga Ex oriente lux. Arqueoloxía no berce da civilización – Juan Luís Montero Fenollós

María Antonia Dans. Pés de foto como poemas – Lois Alcayde Dans

A vangarda na poesía galega do século XX. Notas sobre algúns poemas de Cunqueiro e PessoaMarcos Filgueiras Allegue

Entre a devastación e a restauración. A diocese de Tui entre os séculos X e XII – Carlos Quivén Sánchez

Que pasaría se en lugar dun home houbese unha muller? – Sofía Gutiérrez Pereira e Pablo Sarmiento-Neira

A responsabilidade legal de España co Sáhara Occidental. O novo escenario do conflito dende o dereito internacional – Claudia Orosia Galego Sisto

Traducindo as loitas das mulleres. A nosa negra de Harriet E. WildonBenita Sampedro Vizcaya

Conversa con Paula Carballeira e Xurxo Souto

A reivindicación do Pasatempo e a historiografía betanceira – Ángel Arcay Barral, Adrián Feijóo Sánchez e Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

6 (outubro 2021) Lucía Escrigas Silvano en Asunción. Unha memoria do real e do irreal – Philip Duncan Webb

Entre gubias e labras: O escultor Luis Ferreiro Peinó no seu centenario – Xoán Luis Ferreiro Carballido, Brais Ferreiro Ares

Necrópoles altomedievais galegas: Unha análise arqueolóxica (séculos VI-XI) – Martín Pérez Vale

As covas do Monte Galiñeiro: Unha interpretación do patrimonio inmaterial – Carlos Xabier Ares Pérez

Auxe e caída da morde (do outro) – José Manuel Suárez García

Os camiños do exilio español. Do golpe de estado de 1936 aos campos de concentración europeos – Alba Garrido Fernández

Un selfie autoetnográfico. Escribindo e camiñando cara a aldea cosmopolita – Lucía Álvarez Borrajo

Conversa con Isidro Dubert e Antía Pérez Caramés

Nordés, ou como as diferenzas xeran correntes asociativas – Leticia Breijo Fernández e Luis Real Baltar

7 (febreiro 2022) Julia González O fútbol galego: unha perspectiva británica – Matt McGinn

Joaquín Pérez Domínguez. Medio século nun arquivo fotográfico familiar – Roque Sanfiz Arias

A Tiara Valquiria. A cultura europea como inspiración – Iria-Friné Rivera Vázquez

Manuel Fraga como dirigente da Internacional Conservadora (1980-86) – Carlos Calvo Varela

A lóxica do monumento. O esvaecemento do pedestal –  Jorge Viz González

Diálogos pendentes na crise ecosocial. Unha proposta de abordaxe integrando ensinanza e acción rural –  David García Romero e Diego Salido Herba

Cando o ferro está quente hai que bater nel” Conversa con Margarita Ledo e Marta Pérez Pereiro – Miguel Rodríguez Martínez e Roque Sanfiz Arias

Da ribeira, da montaña e do val: Segredos de Pantón – Lucas Vázquez

8 (outubro 2022) Iria Ribadomar Antonio Murado: un artista do século XX – Clara Reigosa Lombao

Revolución, revolta ou rebelión irmandiña? Hipótese sobre a terminoloxía e metas deste fenómeno xusticieiro – Roberto Fernández Gondar

No ollo do bispo está o pecado. A relixiosidade popular e o clero na Galicia dos tempos da reforma – Mario Sixto Puente

A deusa Atenea. Primeira imaxe do Museo Provincial de LugoAurelia Balseiro García

Galicia en Xapón. Foglio I: música para clavicémbalo do século XX – Roberto Oliveira-Ogando

“Criámonos sobre o branco e negro do papel” Conversa con Arantza Portabales e Diego Giráldez –  Lucas Sánchez Taboada e Miguel Rodríguez Martínez

Espazo Brétema: arte e cultura. Unha asociación para a catalogación da arte galega – Equipo de Espazo Brétema

9 (decembro 2022) Julia Lago Comunicação: compromisso e prática na ciência. A experiência do projeto de investigaçao ReSEED – Caroline Delmazo

Agora ou nunca. O cartel do estatuto de CastelaoIria Friné Rivera Vázquez

A iconografía de San Xoán Bautista na Santa Igrexa Catedral Basílica de Santa María de LugoMarcos Gerardo Calles Lombao

Os proxectos de reforma provincial de 1822 e 1833. 200 anos da primeira provincia de Ourense –  Carlos Lozano González

A Rusia pequena. Microhistoria dunha agraria socialista no Ribeiro –  Mateo Martínez Torres

San Gonzalo, de Álvaro Cunqueiro. O xogo do real, o santo e o mítico nunha haxiografía galega –  Marcos Filgueiras Allegue

“Os verdugos levan poñendo trampas moitas décadas para borrar a evidencia do seu crime”. Entrevista a Conchi López e Antonio MíguezDavid Miguel Rodríguez Martínez e Brais Ferreiro Ares

10 (abril 2023) Sarai Lorenzo Na procura do Patrimonio Inmaterial: identidade e creación colectiva – Sara Fraga Pérez

O monumento de Manuel Pailós no espazo público compostelán – Jorge Viz González e Alba Rivas Regal

Xénese socio-institucional da liberdade negativa e desprazamento da liberdade republicana – Marco Antonio Álvarez Sánchez

Como se representa o fascismo na ESO? Un estudo de caso en Cospeito – Diego García Couso

“Fai falta educación na imaxe, na súa importancia e na relevancia do xornalismo”. Entrevista a Charo Lopes e Brais Lorenzo – David Miguel Rodríguez Martínez e Brais Ferreiro Ares

Agrupación Instrutiva de Caamouco: de escola indiana a motor cultural da parroquia – Daniel García Fernández

11 (setembro 2023) Aroa Outón Como sobreviviron as linguas indíxenas de México? Apuntamentos sobre o purépecha – David Miguel Rodríguez Martínez

A preservación dunha nación alén do mar: música e identidade galega nas Américas – Santiago Guerra Fernández

De camelias, mocións e emocións. Memoria e relato da transición – Arturo Real López

Os pastos mistos. O derradeiro vestixio do Couto Misto – Serxio María Rodríguez Álvarez

Cando barallamos sobre o futuro cústanos pensar como afectaron ás persoas os cambios climáticos”. Entrevista a Olalla López Costas e Rebeca Tallón Armada – Brais Ferreiro Ares e David Miguel Rodríguez Martínez

Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Medio século defendendo a cultura e os sinais nacionais do pobo galego – María Xosé Bravo e Xosé Manoel Sánchez Rei

12 (decembro 2023) Blanca Vila Sacauntos e chupasangues. Os mitos dos secuestradores de nenos na cultura galega Rafael Quintía Pereira

Transmisión da música tradicional. Unha achega crítica desde a teoría do coñecemento – Francisco Bermúdez

Espazos ocupados e percibidos. O caso de Ilduara Eriz e das nobres altomedievais – Laura Rodríguez Rodríguez

Da Terra de Montes á comarca bergantiñá. Unhas notas sobre o escultor Francisco Rodríguez Gómez – Luis Bermúdez Fernández

“Os integrantes do ecosistema verbeneiro teñen pouca conciencia da súa importancia na dinamización do rural”. Conversa con Íñigo Sánchez-Fuarros e Zósimo López – Brais Ferreiro Ares e David Miguel Rodríguez Martínez

Asociación Cultural O Carballo. Orixe e metamorfose dunha iniciativa cultural nun concello rural – Alexandre Varela Rubín

13 (maio 2023) Rosa de Cabanas A xeración coa chave ao pescozo. Entrevista a Mihaela Ciobanu – Amelia Fidalgo

Historias de boleros e pobreza. Experiencias dunha moza conserveira (1946-1964) – Pablo Molejón-Fontán

Dereitos das mulleres como Dereitos Humanos. Do silenciamento ao Dereito Internacional – Sara De Torres Riveiro

30m2. Unha ollada ao sistema de parques compostelán – Aldara Castro Meizoso

“É chamativo ver como os problemas das mulleres se repiten secularmente no mundo da emigración”. Conversa con Pilar Cagiao e Domingo González Lopo – David Miguel Rodríguez Martínez e Brais Ferreiro Ares (ent.); Andrea Rivas Fiel (fot.)

Rede Galega de Estudos Queer. Un espazo de pesquisa sobre xénero e sexualidade na Galiza – Alba Casas González

Referencias

editar
  1. "Revista Mazarelos". Goteo. Consultado o 3/4/2024. 
  2. Mosteiro, Marga (3 de outubro de 2019). "Campaña de alumnos da USC para editar unha revista de Historia". La Voz de Galicia. Consultado o 3/4/2024. 
  3. "Nace en papel a revista de historia e cultura galega Mazarelos". Zigzag Diario (Televisión de Galicia). 18 de febreiro de 2020. Consultado o 03/04/2024. 
  4. M. García, Nair (4 de febreiro de 2020). "Unha crónica da presentación da Revista Mazarelos". Mazarelos.gal. Consultado o 03/04/2024. 
  5. Pin, Irene (6 de febreiro de 2020). "A revista de divulgación histórica 'Mazarelos' preséntase en Ferrol". Nós Diario. Consultado o 03/04/2024. 
  6. "Primer número de la revista Mazarelos". La Voz de Galicia. 16 de febreiro de 2020. Consultado o 03/04/2024. 
  7. "Presentación da revista “Mazarelos". Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Consultado o 03/04/2024. 
  8. "Presentación do segundo número de Mazarelos en Santiago". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024. 
  9. "Conferencia “O recrutamento dos soldados de Franco” e presentación de Mazarelos 2". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024. 
  10. "Debate “Museos, estratexia dixital e divulgación” e presentación de Mazarelos 3". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024. 
  11. "Novas Artistas Galegas". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024. 
  12. "Presentación Mazarelos 5 en Betanzos". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024. 
  13. "Presentación de Mazarelos 6 na Fundación Vicente Risco de Allariz". Mazarelos.gal. Consultado o 03/07/2024. 
  14. "Se presenta el último número de la revista ‘Mazarelos’ en el Museo". El Progreso. 27 de outubro de 2022. Consultado o 05/04/2024. 
  15. "Presentación revista Mazarelos e inauguración exposición ‘Galicia en Foco’". Mazarelos.gal. Consultado o 3/07/2024. 
  16. "O novo número da revista Mazarelos céntrase na historia do Couto Mixto". GCiencia. 31 de outubro de 2023. Consultado o 03/07/2024. 
  17. "Presentación de la revista "Mazarelos. Novos relatos da Transición medio século despois". El Ideal Gallego. Consultado o 03/07/2024. 
  18. "Presentación Mazarelos 12 en Taboada". Mazarelos.gal. 28 de febreiro de 2024. Consultado o 3/07/2024. 
  19. Baena, Ana (20 de xuño de 2024). "“Hai moito mito coas mulleres nas conserveiras”". Atlántico Diario. Consultado o 03/07/2024. 
  20. "Mazarelos Coop". Mazarelos Cooperativa. Consultado o 08/04/2024. 
  21. "Convocatorias". Mazarelos.gal. Consultado o 08/04/2024. 
  22. "Normas de publicación". Mazarelos.gal. Consultado o 8/04/2024. 
  23. "Tenda da Revista Mazarelos". Tenda da Revista Mazarelos. Consultado o 03/07/2024.