Urbano Tavares Rodrigues

político portugués

Urbano Augusto Tavares Rodrigues, nado en Lisboa o 6 de decembro de 1923 e finado no mesmo lugar o 9 agosto de 2013, foi un escritor e xornalista portugués.[1]

Infotaula de personaUrbano Tavares Rodrigues
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1923 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 2013 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculdade de Direito da Universidade de Lisboa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura portuguesa Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , especialista en literatura , crítico literario , profesor universitario , xornalista , crítico , estudoso da literatura Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Judite de Carvalho Editar o valor em Wikidata
PaiUrbano Rodrigues (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 750862f4-a391-460d-bb6d-a46d20088bcb Editar o valor em Wikidata

É o grande escritor do Alentejo, das súas xentes e das súas paisaxes.[2]

Traxectoria editar

Urbano Tavares Rodrigues naceu na cidade de Lisboa, o 6 de decembro de 1923, fillo do escritor Urbano da Palma Rodrigues, dunha familia de grandes propietarios agrícolas.[3] Pasou a infancia e a adolescencia na rexión do Alentejo, frecuentando a escola primaria en Moura.[1] Estudou despois no Liceu de Camões, en Lisboa, co seu irmán Miguel Urbano Rodrigues. Tirou a licenciatura en filoloxía románica na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.[1] Aínda que fose educado nun ambiente católico tradicional, abandonou a relixión durante a súa adolescincia, por motivos morais.

Estivo casado con Maria Judite de Carvalho.

Carreira profesional e artística editar

Exerceu como profesor, primeiro no Liceu de Camões e a partir de 1957 na Facultade de Letras, a convite de Vitorino Nemésio, onde ensinou Literatura Francesa e Portuguesa. O ano seguinte apoiou a candidatura de Humberto Delgado a presidente da república, sendo por ese motivo impedido de traballar como profesor en establecementos de ensino do estado. Estivo preso en Caxias, téndose despois exiliado en Francia.[1] Na cidade de París, estivo con algunhas das figuras intelectuais máis marcantes dos anos 50, como Albert Camus, que o influenciaron no Existencialismo francés.[1] Foi lector de portugués nas Universidades de Montpellier, Aix-en-Provence e Sorbonne, en París, entre 1949 e 1955.[4][5]

No Regreso a Portugal, ensinou no Colexio Moderno e no Liceu Francés. Comezou igualmente a traballar en publicidade e no xornalismo, escribindo para os periódicos Artes e Letras, Jornal do Comércio, O Século e Diário de Lisboa, onde fixo crítica teatral, Bulletin des Études Portugaises, Colóquio-Letras, Jornal de Letras, Vértice e Nouvel Observateur. [4] Ocupou igualmente a posición de director na revista Europa, e escribiu crónicas de viaxes de varias partes do mundo para o xornal Diário de Lisboa, que foron compiladas nos volumes Santiago de Compostela (1949), Jornadas no Oriente (1956) e Jornadas na Europa (1958).[4]

Urbano Tavares Rodrigues foi un defensor dos ideais democráticos, sendo en gran parte influenciado polo seu pai, de índole republicana, que apoiou a candidatura de Manuel Teixeira Gomes á presidencia da República.[4] Loitou contra o goberno ditatorial, enfrontándose á policía dúas veces, unha delas a mediados da década de 1960, contra a deportación dun amigo, ficando cun dos brazos fracturado.[1] Foi atacado pola Policía Internacional e de Defensa do Estado desde a súa xuventude, chegando a ser prendido en 1963 e 1968. Era amigo de Mário Soares, conexión que esmoreceu coa integración de Urbano Tavares Rodrigues no Partido Comunista Portugués.[1] Efectivamente, formou parte da dirección intelectual do partido, aínda que teña rexeitado utilizar as súas obras como un instrumento de propaganda, e teña fortemente criticado, en diversas ocasións, a liña estalinista.[4] Autoclasificouse como un comunista heterodoxo, ideais que se reflectiron no seu estilo literario. Debido ás súas diferenzas culturais en relación á liña comunista, chegou a ter problemas dentro do partido, aínda que permanecese como militante. Segundo el mesmo, foi debido aos seus ideais políticos que nunca chegou a recibir o Premio Camões.[4]

Urbano Tavares Rodrigues destacou igualmente como crítico literario e como escritor, publicando principalmente obras de novela, prosa poética, conto, poesía e ensaios.[4] O seu primeiro libro foi a novela A Porta dos Límites, en 1952, que foi ben recibido pola crítica. A pesar dos problemas que afrontou durante a ditadura, aínda escribiu cerca de vinte obras de ficción durante ese período, tendo sido a última Estrada de Morrer, en 1972.[3] Continuou a escribir tras a restauración da democracia en 1974, publicando cerca dun libro por ano até o seu falecemento, máis de corenta obras. Aínda en 1974 publicou a obra Dissolução.[3] O seu último libro antes de falecer foi A Imensa Boca dessa Angústia e Outras Histórias, tendo a editora D. Quixote editado postumamente a súa obra Nenhuma Vida, e en 2007 iniciou a publicación das súas obras completas. Tamén apoiou as carreiras de varios escritores, tendo escrito prefacios ou feito presentacións públicas de diversas obras. Un dos seus poemas foi musicado polo cantante Adriano Correia de Oliveira.

Tras a Revolución de 25 de Abril de 1974, que restaurou a democracia en Portugal, Urbano Tavares Rodrigues retomou a súa carreira docente na Facultade de Letras, onde se doutorou en 1984 coa tese Manuel Teixeira Gomes: O Discurso do Desexo. Xubilouse en 1993 coa posición de profesor catedrático.[3]

Foi director da extinta Sociedade Portuguesa de Autores e, en 1980, nomeado presidente da Associação Portuguesa de Escritores.[6]

Estivo moi ligado ao Algarve, retratando a rexión en varias obras, sobre todo en Nunca diremos Quem Sois e Os Cadernos Secretos do Prior do Crato. Tamén participuou en diversas iniciativas no Algarve, incluíndo unha entrevista filmada co director do Museu do Traje de São Brás de Alportel sobre o profesor Estanco Louro.

Os seus últimos anos de vida, sufriu dunha insuficiencia cardíaca, que o deixou cada vez máis enfraquecido, aínda que continuase a súa carreira literaria. O 6 de agosto de 2013, foi internado no Hospital dos Capuchos, en Lisboa, onde faleceu tres días despois, aos 89 anos de idade.[7] O corpo foi colocado en cámara ardente na sede da Sociedade Portuguesa de Autores, en Lisboa, tendo despois seguido para o Cemiterio do Alto de San João.[8]

As súas obras foron traducidas a varios idiomas.

Obras editar

Viaxes editar

  • 1949 - Santiago de Compostela
  • 1956 - Jornadas no oriente
  • 1958 - Jornadas na Europa
  • 1963 - De Florença a Nova Iorque
  • 1973 - Viagem à União Soviética e outras páginas
  • 1973 - Redescoberta da França
  • 1976 - Registos de outono quente
  • 1999 - Agosto no Cairo:1956

Ensaios editar

  • 1950 - Manuel Teixeira Gomes
  • 1954 - Présentation de Castro Alves
  • 1958 - O tema da morte na moderna poesia portuguesa
  • 1960; 1981 - O mito de don Juan
  • 1960 - Teixeira Gomes e a reacção antinaturalista
  • 1961 - Noites de teatro
  • 1962; 2001 - O Algarve na obra de Teixeira Gomes
  • 1964 - O romance francês contemporâneo
  • 1966; 1978 - Realismo, arte de vanguarda e nova cultura
  • 1966; 1978 - O tema da morte:ensaios
  • 1968 - A saudade na poesia portuguesa
  • 1969 - Escritos temporais
  • 1971; 2001 - Ensaios de escreviver
  • 1977 - Ensaios de após-Abril
  • 1980 - O gosto de ler
  • 1981 - Um novo olhar sobre o neo-realismo
  • 1984 - Manuel Teixeira Gomes:o discurso do desejo
  • 1993 - A horas e desoras
  • 1994 - Tradição e ruptura
  • 1995 - O homem sem Imagem
  • 2001 - O texto sobre o texto
  • 2003 - A flor da utopia - álbum con ilustracións de Rogério Ribeiro
  • 2005 - O mito de don Juan e outros ensaios de escreviver
  • 2011 - A natureza do acto criador

Novelas/Novelas curtas editar

  • 1952; 1990 - A porta dos limites
  • 1955; 1985 - Vida perigosa
  • 1956; 1982 - A noite roxa
  • 1957; 1998 - Uma pedrada no charco
  • 1959; 2012 - As aves da madrugada
  • 1959; 1994 - Bastardos do Sol
  • 1960; 1978 - Nus e suplicantes
  • 1961; 2003 - Os insubmissos
  • 1962; 1982 - Exílio perturbado
  • 1963; 2000 - As máscaras finais
  • 1964 - A samarra
  • 1964; 2001 - Terra ocupada
  • 1966; 1988 - Imitação da felicidade
  • 1967; 1974 - Despedidas de verão
  • 1968; 1987 - Casa de correcção
  • 1968 - Tempo de cinzas
  • 1971; 1996 - Estrada de morrer
  • 1972 - A impossível evasão
  • 1972 - Esta estranha Lisboa
  • 1974; 1999 - Dissolução
  • 1976; 1987 - Viamorolência
  • 1977; 1985 - As pombas são vermelhas
  • 1979; 1986 - Desta água beberei
  • 1982; 1992 - Fuga imóvel
  • 1985 - Oceano oblíquo
  • 1986; 1987 - A vaga de calor
  • 1989 - Filipa nesse dia
  • 1991 - Violeta e a noite
  • 1993 - Deriva
  • 1995 - A hora da incerteza
  • 1997 - O ouro e o sonho
  • 1998 - O adeus à brisa
  • 1999 - O último dia e o primeiro
  • 2000 - O supremo interdito
  • 2002 - Nunca diremos quem sois
  • 2005 - O eterno efémero
  • 2006 - Ao contrário das ondas
  • 2007 - Os cadernos secretos do Prior do Crato
  • 2013 - Nenhuma Vida (Póstuma)

Contos editar

  • 1970; 1992 - Contos da solidão
  • 1977 - Estórias alentejanas
  • 2003 - A estação dourada
  • 2008 - A última colina

Antoloxía editar

  • 1958 - O Alentejo
  • 1966 - O mundo do toureio na literatura de língua portuguesa
  • 1968 - A Estremadura
  • 2003 - O Algarve em poemas
  • 2004 - Poemas da minha vida

Narrativa editar

Crónicas editar

  • 1970; 1974 - A palma da mão
  • 1971; 1976 - Deserto com vozes
  • 1974 - As grades e os rio
  • 2003 - God bless América

Texto e fotografía editar

  • 1996 - A luz da cal
  • 1998 - Margem da ausência
  • 1965; 1998 - D1as lamacentos
  • 1966 - Roteiro de emergência
  • 1974 - Perdas e danos
  • 1975 - Diário da ausência
  • 1975 - Palavras de combate
  • 1998 - Os campos da promessa

Colaboracións en TV e cinema editar

  • Retalhos da Vida de um Médico (1980).[9]
  • Impossível Evasão (1983)
  • Visita ou Memórias e Confissões (1993)

Premios e homenaxes editar

Cando o seu falecemento, Urbano Tavares Rodrigues foi homenaxeado polos medios de comunicación, incluíndo os xornais A Voz do Operario e o Postal de Tavira.[10]

A FENPROF, en colaboración coa SABSEG – Corrector de Seguros, creou, en 2012, o Premio Urbano Tavares Rodrigues, un premio literario destinado a Profesores. O Premio é anual e alterna poesía e ficción.[11] O seu nome foi colocado na Biblioteca de Moura, e nunha sala da Biblioteca de Asubíes.[12] Tamén foi homenaxeado pola Biblioteca Nacional de Portugal na exposición O Homem de Letras, entre o 1 de abril e o 28 de xuño de 2014.[2] O 19 de xaneiro de 1994 foi agraciado coa Grã-Cruz da Orde do Infante D. Henrique e 6 de xuño de 2008 coa Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada.[13] Tamén recibiu a Legião de Honra.

Foi Membro da Academia das Ciencias de Lisboa e da Academia Brasileira de Letras.[14]

Premios literariosː editar

  • 1958ː Premio Ricardo Malheiros da Academia das Ciencias, pola obra Uma Pedrada no Charco,
  • 1966ː Premio da Imprensa Cultural, para Imitação da Felicidade.
  • 1982ː Premio Aquilino Ribeiro da Academia de Ciências para Fuga Imóvel.
  • 1987ː Premio da Crítica do Centro Português da Associação Internacional de Críticos Literários para Vaga de Calor.
  • 1991ː Premio Fernando Namora[15] para Violeta e a Noite.
  • 1993ː Premio Jacinto do Prado Ceolho.
  • 2000ː Premio de Consagração de Carreira da Sociedade Portuguesa de Autores.
  • 2003ː Gran Premio de Conto Camilo Castelo Branco da Associação Portuguesa de Escritores, para A Estação Dourada.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Moura, Isabel Lucas, Isabel Coutinho, Sérgio C. Andrade, Catarina. "Morreu Urbano Tavares Rodrigues, um humanista da escrita". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 
  2. 2,0 2,1 "Urbano Tavares Rodrigues. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Portugal, Rádio e Televisão de. "RTP Notícias". RTP Notícias (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Portugal, Rádio e Televisão de. "RTP Notícias". RTP Notícias (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 
  5. "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 
  6. Infopédia. "Urbano Tavares Rodrigues - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 
  7. "Urbano Tavares Rodrigues - Escritor". InfoEscola (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 
  8. "Biblioteca Nacional adquiriu espólio do escritor Urbano Tavares Rodrigues - Cultura - PUBLICO.PT". web.archive.org. 2011-10-01. Archived from the original on 01 de outubro de 2011. Consultado o 2020-05-01. 
  9. "Urbano Tavares Rodrigues". IMDb. Consultado o 2020-05-01. 
  10. "Revista TriploV de Artes, Religiões e Ciências". www.triplov.com (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 
  11. Professores, FENPROF-Federação Nacional dos. "Prémio Literário Urbano Tavares Rodrigues 2017". www.fenprof.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 
  12. "Foi atribuído o nome de Urbano Tavares Rodrigues à Biblioteca Municipal de Moura. Rádio Voz da Planície". Rádio Voz da Planície - 104.5FM - Beja (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 
  13. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Urbano Augusto Tavares Rodrigues". 
  14. Fidelizarte. "Urbano Tavares Rodrigues". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 
  15. "Morreu Urbano Tavares Rodrigues - DN". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-01. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • MARREIROS, Glória Maria (2015). Algarvios pelo coração, algarvios por nascimento. Lisboa. ISBN 978-989-689-519-8.