Biblioteca Nacional de Portugal
A Biblioteca Nacional de Portugal é unha biblioteca localizada en Lisboa, Portugal, que reúne unha ampla colección de documentos e publicacións portugueses. Foi creada o 29 de febreiro de 1796, co nome de Real Biblioteca Pública da Corte, co obxectivo de poñer todos os fondos da Biblioteca Real á disposición de todos os usuarios o máis rapidamente posible, a diferenza da tendencia europea da época, que consistía en restrinxir a consulta os documentos tan só a un público selecto de eruditos. O edificio actual foi inaugurado en 1969, obra de Porfírio Pardal Monteiro. A Biblioteca Nacional de Portugal ten tamén a misión de reunir todas as obras publicadas no territorio portugués, mediante a política de depósito legal, ademais de adquirir obras consideradas especialmente importantes polo seu valor bibliográfico ou cultural.
Biblioteca Nacional de Portugal | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | biblioteca nacional e biblioteca pública ![]() | |||
Composto por
| ||||
Persoas e organizacións | ||||
Fundador/a | María I de Portugal ![]() | |||
Matriz | Goberno de Portugal e Ministerio de Cultura de Portugal ![]() | |||
Entidades subsidiarias
| ||||
Data | ||||
Fundación | 29 de febreiro de 1796 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Portugal ![]() | |||
Localización | Lisboa ![]() | |||
Enderezo | Campo Grande 83, 1749-081 Lisboa ![]() | |||
Sede | Alvalade ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | bnportugal.gov.pt ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Biblioteca está a adaptar os seus fondos ás novas tecnoloxías, co obxectivo de ofrecer unha maior facilidade de acceso aos documentos a través de Internet. De feito, esta biblioteca atópase entre as entidades fundadoras de The European Library.
Colección
editarPublicacións periódicas
editarA Biblioteca alberga, ademais do seu catálogo de libros, máis de 50.000 títulos de xornais e outras publicacións periódicas, dos cales 12.000 son títulos portugueses actuais e 240 son estranxeiros tamén en publicación na actualidade. Aínda que a maior parte destes títulos pertencen aos séculos XIX, XX e XXI, tamén se conservan revistas e xornais do século XVII e XVIII, como a Gazeta da Restauração (1640), primeiro xornal portugués, ou a Gazeta de Lisboa (1715). O Açoriano Oriental(1835) e a Revista Militar (1848) son os títulos máis antigos aínda en curso. Entre a prensa estranxeira conservada na Biblioteca, destaca a producida no Brasil e en África (por exemplo, en Macau ou Goa).
A Biblioteca Nacional de Portugal está nestes momentos en proceso de microfilmación dun gran número de publicacións periódicas, especialmente as que proveñen dos séculos XIX e XX, entre as que se atopan O Português ou o Mercúrio Político, a Revolução de Setembro, a Ilustração Portuguesa, o Diário de Notícias, O Século e O Expresso.[1]
Manuscritos
editarA área de Manuscritos existe, con esta designación, desde 1980, integrada na Divisão de Serviços de Reservados, aínda que unha sección similar existía xa desde a fundación mesma da Biblioteca. Esta Área reúne actualmente seis colecciones de manuscritos, até alcanzar un número total de preto de 15.066 códices e preto de 36.000 manuscritos soltos que abarcan desde o século XII até o XX.
Coleccións patrimoniais e Arquivo
editarA área do Arquivo Histórico reúne fondos e coleccións constituídas por documentos de arquivo de distintas procedencias, entre o século XI e o XX. Predominan os arquivos persoais e de familia, aínda que tamén se conservan fondos da administración central e local, xudiciais, notariais, eclesiásticos etc. Estes fondos foron reunidos, en gran parte, como consecuencia da disolución das ordes relixiosas en Portugal en 1834, e das que seguiron á implantación da República, así como de compras e doazóns.
Notas
editar- ↑ Biblioteca Nacional de Portugal. "Biblioteca Nacional Digital" (en portugués). Consultado o 22 de novembro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca Nacional de Portugal |