Valerià Paül Carril

xeógrafo galego-catalán


Valerià Paül i Carril, nado en Barcelona o 21 de maio de 1979, é un xeógrafo catalán de orixe galega. É experto en paisaxe e Ordenación do Territorio de España.[1]

Infotaula de personaValerià Paül Carril

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSantiago de Compostela
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeografía (Paisaxe,Ordenación do Territorio e Análise Xeográfica Territorial)
Ocupaciónxeógrafo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 793049

Primeiros anos editar

Con raíces celanovesas, é residente de Santiago de Compostela. Licenciouse en Xeografía pola Universidade de Barcelona en 2001 recibindo o Premio Nacional de Fin de Carreira do Ministerio de Educación. Doutorouse cinco anos máis tarde coa tese L’ordenació dels espais agraris metropolitans. Plans, gestió i conflictes territorials a la regió de Barcelona, dirixida por Joan Tort i Donada e cuxa cualificación foi de sobresaliente cum laude. Nesta etapa orientou a súa carreira á investigación e especialización en Ordenación do Territorio e en estudos de paisaxe.

Carreira científica editar

Participou en diversos proxectos de investigación da Universidade de Barcelona, así como da Universidade de Santiago de Compostela, na que traballa na actualidade, e na Universidade de Australia Occidental. Traballou tamén no Observatori del Paisatge de Cataluña. Participou en proxectos como o Atlas de paisaxe baseado na obra de escritores da comarca do Empordà (2008) ou o Proxecto europeo Spatial Indicators for a Europe 2020 Strategy Territorial Analysis (SIESTA) (2011-2013)[2]. Á súa vez, é autor e coautor dun gran número de artigos científicos de relevancia internacional, coautor e coordinador de varios libros e obras colectivas, entre as que destacan Paisaxes galegas: unha escolma plural de olladas ás paisaxes de Galiza (coordinador, 2007), Territorios, paisajes y lugares: trabajos recientes de pensamiento geográfico (coordinador, 2005)[3] o L'Empordà de Josep Pla (coautor con Joan Tort i Donada, 2009).

Ten colaborado e investigado con importantes xeógrafos de dentro e de fóra de España, entre os que destacan Joan Tort i Donada, Fiona Haslam McKenzie, Xosé Santos Solla, Juan Manuel Trillo Santamaría, Sébastien Rayssac ou Rubén Camilo Lois González, entre outros. Na actualidade é profesor e investigador na Universidade de Santiago de Compostela.

Notas editar

  1. "Valerià Paül - Citas de Google Académico". scholar.google.es. Consultado o 2016-06-01. 
  2. "Grupo ANTE (USC)". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  3. "Valerià Paül Carril en Dialnet". Consultado o 21 de marzo de 2018.