Miguel Ángel Cajigal Vera

historiador de arte, docente e divulgador galego

Miguel Ángel Cajigal Vera, nado na Coruña en 1981, é un historiador da arte, docente e divulgador cultural galego, coñecido en redes sociais como El Barroquista[1].

Miguel Ángel Cajigal Vera
Barroquista.jpg
AlcumeEl Barroquista
Nacemento1981
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador da arte, divulgador científico e profesor universitario
Na rede
Twitter: elbarroquista Instagram: elbarroquista Dialnet: 1081095 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Autorretrato de Rembrandt que El Barroquista emprega de avatar nas súas redes sociais.

TraxectoriaEditar

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela foi gañando popularidade nas redes, primeiro a través do seu blog, e despois grazas o seu perfil de Twitter onde trata temas relacionados co mundo da arte e do patrimonio. É moi activo tamén noutras redes sociais como YouTube onde ademais da súa propia canle forma parte da canle Pasquino[2] onde xunto cun grupo multidisciplinar de profesionais analizan as últimas novas do mundo artístico e patrimonial.

Escribe artigos en prensa e colabora coa Radio Galega no programa Galicia por diante[3].

Como docente imparte clases nos cursos de verán da Colgate University e dirixe o máster de educación en museos na Universidade Europea Miguel de Cervantes[4].

NotasEditar

  1. Leyenda, A. (30-1-2019). "El Barroquista, el gallego que viraliza el arte". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-08-18. 
  2. "Pasquino". youtube.com (en castelán). Consultado o 21-8-2020. 
  3. "El Barroquista | Os cortes de audio máis destacados dos programas da RG | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-08-18. 
  4. "MASTER EDUCACION EN MUSEOS". Formación Al Cuadrado (en castelán). 2020-07-02. Consultado o 2020-08-18.