Divulgador científico
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Divulgación científica" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2015) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde decembro de 2015.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Un divulgador ou divulgadora[1] científica, tamén chamado difusor ou difusora científica,[2] é unha persoa que exerce a divulgación científica, que é o conxunto de actividades que interpretan e fan accesible a ciencia á sociedade, é dicir, todos aqueles labores que levan o coñecemento científico ás persoas interesadas en entender ou informarse sobre isto. A divulgación pon o seu interese non só nos descubrimentos científicos do momento (por exemplo, a determinación da masa do neutrino), senón tamén en teorías máis ou menos ben establecidas ou aceptadas socialmente (por exemplo, a teoría da evolución) ou mesmo en campos enteiros do coñecemento científico (por exemplo, a historia da astronomía).
Historia
editarÉ importante a divulgación científica que aparece reflectida historicamente en multitude de obras de diferentes autores. Entre as primeiras obras evocadoras da divulgación científica no pasado remoto poden citarse os Diálogos sobre os dous máximos sistemas do mundo (1632), do astrónomo italiano[3] Galileo Galilei, na que tres personaxes dialogan durante catro días sobre as visións aristotélica–ptolomeica e copernicana do Universo.[4] A revista norteamericana Popular Science (fundada en 1872) é probablemente a primeira publicación xeral que apareceu cun carácter divulgativo.
Na actualidade, a divulgación científica realízase en practicamente calquera dos formatos que existen nos diferentes medios de comunicación: documentais de televisión, revistas de divulgación científica, artigos en xornais xerais ou páxinas de Internet dedicadas a este labor. Existen mesmo canles de televisión dedicados exclusivamente á divulgación científica ou nos que esta nova disciplina forma unha parte destacada da programación, tales como Discovery Channel ou National Geographic Channel. Debido ao grande interese que xurdiu en moitos dos medios de comunicación por facer da ciencia uno dos temas centrais, a divulgación científica tamén recibe o nome de xornalismo científico.[5]
Literatura científica divulgativa
editarA divulgación científica exprésase de maneira máis precisa en libros específicos sobre un tema. Algunhas obras divulgativas chegaron a converterse en auténticos best-séllers, como Historia do tempo, de Stephen Hawking, ou The Dragons of Eden, de Carl Sagan (premio Pulitzer en 1978).[6] Desde o punto de vista da literatura, a divulgación científica constitúe un subgénero do ensaio.
Xornalismo científico
editarO xornalista que se dedica á divulgación da ciencia é tan importante como o científico que xera preguntas e descubrimentos, xa que os novos coñecementos necesitan un axente difusor que poida facelos chegar ao público. A divulgación científica ten como finalidade que o receptor se asegure do sucedido ou simplemente se decate do pasado.
Divulgadores importantes
editarEntre os autores máis coñecidos de obras de divulgación científica atópanse (aquí cítanse, a maneira de exemplo, algunhas das súas contribucións máis coñecidas):
- Juan Luis Arsuaga (paleontología)
- Isaac Asimov (divulgación da astronomía e outras disciplinas científicas)
- David Attenborough (reportaxes sobre natureza, como a serie de televisión The Living Planet)
- José María Bermúdez de Castro (evolución humana)
- Jacob Bronowski (a serie de televisión/o libro The Ascent of Man)
- Eudald Carbonell Roura (arqueoloxía e evolución humana)
- Rachel Carson (ecoloxía; o libro Silent Spring)
- Jacques-Yves Cousteau (oceanografía)
- Brian Cox (física)
- Paul Davies (física)
- Richard Dawkins (bioloxía; o libro The Selfish Gene)
- Gerald Durrell (zooloxía)
- George Gamow (ciencia moderna, o libro One Two Three ... Infinity)
- Martin Gardner (artigos de divulgación das matemáticas)
- Diego Golombek (programa de TV Proyecto G)
- Stephen Jay Gould (bioloxía, evolución e historia da ciencia)
- Neil deGrasse Tyson (astrofísica)
- Brian Greene (física; libro The Elegant Universe)
- Stephen Hawking (astrofísica; libro A Brief History of Time e outros)
- Michio Kaku (física)
- Walter Lewin (física; libro For the Love of Physics)
- Leonardo Moledo (libro Diez teorías que conmovieron al mundo)
- Desmond Morris (antropoloxía; libros The Naked Ape e The Human Zoo)
- Yakov Perelman (física, matemáticas e astronomía)
- Steven Pinker (psicoloxía)
- James Randi (método científico e ciencia en xeral)
- Félix Rodríguez de la Fuente (a serie de televisión El hombre y la Tierra)
- Carl Sagan (astronomía; a serie de televisión/o libro Cosmos: A Personal Voyage)
- James D. Watson (o libro The Double Helix)
- Harald Lesch (astrofísica, ciencia en xeral, filosofía)
Divulgación desde a ciencia ficción
editarMoitos dos divulgadores máis exitosos foron científicos, ou tiveron formación científica. Tal é o caso de Carl Sagan quen traballou tanto no programa SETI como na súa famosa serie de televisión Cosmos: A Personal Voyage. Pero outros, como Timothy Ferris (autor de múltiples libros sobre astronomía), formáronse primeiro como comunicadores e logo enfocáronse nalgún aspecto da ciencia. Tamén hai casos, moi senlleiros, de divulgadores científicos cunha formación autodidacta, caso de Rodríguez de la Fuente, que era dentista, ou Cousteau, oficial da Mariña.
Dentro do xénero literario da ciencia ficción, as obras de ciencia ficción dura adoitan presentar temas científicos cun calado o suficientemente preciso como para ser consideradas obras de divulgación científica. Destacan neste apartado específico:
Divulgación en universidades e entidades científicas
editarA maior parte das axencias ou institutos científicos de países como os Estados Unidos contan cun departamento de divulgación científica (Education and Outreach) que pretende devolver á sociedade en forma de coñecemento os importantes investimentos realizados en grandes proxectos (por exemplo a investigación espacial), aínda que isto non ocorre en moitos outros países.
A expresión "divulgación científica" substitúese paulatinamente por unha máis específica: "comunicación pública da ciencia", que se sitúa claramente dentro das ciencias da comunicación. Recoñécese desa maneira que a comunicación da ciencia na actualidade require de competencias, formación e formas de aproximación ao coñecemento propias das comunicacións sociais. Os comunicadores científicos ou divulgadores científicos fórmanse na actualidade en carreiras universitarias. A divulgación establécese así como unha disciplina profesionalizada.
Na Arxentina, fórmanse divulgadores científicos no Instituto Leloir de Buenos Aires, na Universidade Nacional de Río Negro, Sede Andina, e na Universidade Nacional de Córdoba.
Notas
editar- ↑ "divulgador, divulgadora". digalego.xunta.gal.
- ↑ "divulgador, divulgadora; sinónimo 'difusor, difusora'". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-10-03.
- ↑ O termo "italiano" é referido á península itálica. Galileo naceu na República de Pisa, poucos anos antes de pasar a formar parte da República de Florencia.
- ↑ Ramón Núñez Centella (30 de marzo de 2010). "Galileo, pionero de la divulgación científica". El País.
- ↑ CALVO HERNANDO, Manuel. Teoria e Técnica do Jornalismo Científico. São Paulo: USP, 1970.
- ↑ "winners/ Carl Sagan". www.pulitzer.org.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ferris, Timothy (1998). Informe sobre el Universo. Editorial Crítica. ISBN 847-42-3889-7..
- Mingote, Antonio; Sánchez Ron, José Manuel (2008). ¡Viva la Ciencia! (en castelán). Editorial Crítica. ISBN 978-84-8432-916-9.
- Sagan, Carl (1980). Cosmos. Planeta. ISBN 840-80-5304-3.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Semana Europea da Ciencia (Comisión Europea).
- Divúlgame - Agregador social de artigos de divulgación científica desenvolvido a partir do software libre Menéame.
- Portal de divulgación científica - Portal de divulgación dos resultados de investigación científica no ámbito universitario. Mantido pola UNED.
- Uciencia- Portal de divulgación científica da Universidade de Málaga.
- Neofronteras Noticias de ciencia e tecnoloxía
- JoF - Revista en liña gratuíta de divulgación científica creada por unha rede multidisciplinar de científicos españois.