Lois Alcayde

xornalista e escritor galego

Xián Lois Alcayde Dans, nado na Coruña en 1997, é un xornalista e escritor galego.[1]

Modelo:BiografíaLois Alcayde

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1997 Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

Facebook: xianlois.alcaydedans BNE: XX5728437 Dialnet: 4986683 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou no IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña e no IES María Casares de Oleiros. Cursou o grao en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e, posteriormente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde está a realizar estudos de doutoramento.

Foi membro do consello editorial da revista Ligeia, na que coordinou a súa sección de Xornalismo. Colabora en El Salto, Luzes, da que é membro do seu comité de redacción, e no Nós Diario co seu suplemento dos sábados, o Sermos Galiza, ademais de ter publicado creación nas revistas Grial e Dorna. No ano 2020 publicou, xunto con outras autoras e autores, o libro Poesía galega novísima coordinado polo escritor Marcus Daniel Cabada na Editorial Urutau na que é unha selección das autorías líricas máis novas no comezo da década dos anos 2020 en Galicia.[2]

En 2018 elaborou o guión para o documental Outra Coruña posible: Domingos Merino, dirixido por Paula Quiroga, sobre a vida do primeiro alcalde democrático da Coruña despois do Franquismo, Domingos Merino. Nos anos 2019 e 2020 colaborou coa Real Academia Galega na guionización dunha serie audiovisual de varias pezas co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a mocidade dirixida tamén por Paula Quiroga. Alcayde exerceu, así mesmo, como redactor para os servizos informativos da TVG no Telexornal e foi locutor e responsable de comunicación da emisora coruñesa Cuac FM.[2]

Narrativa

editar

Poesía

editar
  • Xente da crise (2018). USC, en liña.[3] Poesía.

Infanto-xuvenil

editar

Obras colectivas

editar
  • De pedra a azulexo. Obras premiadas no I, II, III, IV e V Concurso literario Mazarelos da facultade de filoloxía (2019). USC.
  • O libro da música (2021). Galaxia.
  • Poesía galega novísima (2020). Urutau.

Premios

editar
  • 2017: Premio Balbino de relatos, por Camiños na sombra.[5]
  • 2019: XX Díaz Jácome de Poesía, por Anoar.[6] [7]
  • 2018: Segundo Premio Mazarelos de Poesía da USC, por Xente da crise.
  • 2023: Certame Exeria do Ateneo de Vigo, por Lugar fermoso.[8]
  1. "Alcayde Dans, Lois". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-25. 
  2. 2,0 2,1 Galega, Consello da Cultura. "Lois Alcayde Dans". CONSELLO DA CULTURA GALEGA (en inglés). Consultado o 2024-07-25. 
  3. Diario, Nós (2018-12-11). "Arancha Nogueira, Lois Alcayde e Benjamín Vidal reciben os premios literarios da USC". Nós Diario. Consultado o 2024-07-25. 
  4. "Vrao". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-09-04. 
  5. "El coruñés Xián Lois Alcayde gana la primera edición del Premio Balbino de Relatos". La Opinión de A Coruña (en castelán). 2016-10-08. Consultado o 2024-07-25. 
  6. culturagalega.org (2019-12-02). "Xián Lois Alcayde venceu no XX Premio de poesía Díaz Jácome". culturagalega.org. Consultado o 2024-07-25. 
  7. "“Anoar” de Xián Lois Alcayde Dans, obra gañadora no XX Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores". 2019-11-23. Consultado o 2024-07-25. 
  8. n (2023-06-07). "Lois Alcayde gana el Certame Exeria de relato corto". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-07-25. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar