Abrir o menú principal

Cuac FM

Radio comunitaria da Coruña

Cuac FM é unha radio comunitaria[1] que emite desde 1996[2] no 103.4 FM de A Coruña e a través de Internet. Está xestionada pola asociación cultural Colectivo de Universitarios Activos, que da nome á emisora e se atopa nun edificio do Campus de Zapateira, da Universidade da Coruña, onde está o estudio José Couso (ou estudio 1) e a redacción da emisora. Desde o 29 de xaneiro de 2011 está en marcha o estudio Alexandre Bóveda ou estudio 2 (estudio de gravación).[3][4][5] Desde 2015, no anexo do edificio está situada a Escola de Radio e Asociacionismo da emisora.[6] O seu actual presidente é Roberto Ansede.

Cuac FM
Cuac FM logo.PNG
LocalizaciónA Coruña
Área de radiodifusiónGalicia, España España
EsloganNada que ver.
Frecuencia103.4 FM
Primeira emisión8 de marzo de 1996
FormatoFM
Internet
Lingua(s)Galego e castelán
ClaseRadio comunitaria
AfiliaciónAsociación Mundial de Radios Comunitarias, Red de Medios Comunitarios, ReGaRLiC
PropietarioColectivo de Universitarios Activos
Na rede
Webcast
Web
Facebook
Twitter @CuacFM
Youtube

Desde a súa fundación foi canteira[7] de numerosos comunicadores de prensa escrita, radio e televisión, tales como Hugh McGinley, Antón Lezcano, Txury Ferrer, Tomás Legido, Mariano Fernández, Víctor Grande, Estíbaliz Espinosa, Fernando Molezún, Teba Chacón, Javier Lojo, Isaac González, Álvaro Valiño ou Francisco Dotras. Os seus padriños de honra son o escritor e periodista Manuel Rivas e o tamén escritor e músico Xurxo Souto.

En 2018 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a decisión da Xunta de Galicia e permite que volva a emitir por FM.[8]

HistoriaEditar

A emisora ten a súa orixe no club de prensa da Universidade da Coruña.[9] O dito club realizaba en 1995 un programa chamado A pé de Campus en Radio Culleredo, así que pensaron que a UDC debería ter unha radio que dese voz a todos os estudantes e colectivos, polo cal o 15 de xuño de 1995 crearon o Colectivo de Universitarios Activos como asociación xuvenil. Unicamente dous dos fundadores (Tomás Legido e Mariano Fernández), seguen formando parte activa de Cuac FM.[2][7][10]

 
Txury Ferrer e Antón Lezcano, na I Romaría Asociativa.

O 8 de marzo de 1996, instalouse o dipolo radiante vertical (antena) e o emisor nun despacho da Facultade de Económicas, e comezou o período de probas. A inauguración oficial produciuse o 27 de marzo, contando no estudio con Antonio Erias, Decano da Facultade de Económicas, e Manuel Sarceda, Vicerreitor de Estudantes.

En maio de 2002, clausurouse por sorpresa o estudio, xa que a Facultade de Económicas se mudaba ao Campus de Elviña, e o seu edificio sería ocupado pola Facultade de Filoloxía (empregouse o espazo do aula para ampliar a biblioteca), e en outubro de 2003 reanudáronse[11][12] as emisións por FM, coa participación de Manuel Rivas e Xurxo Souto.[13]

En 2006, coincidindo co seu décimo aniversario,[14] participou xunto con outros 5 proxectos radiofónicos, na creación da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias[15] (ReGaRLiC), aínda que esta aínda non ten personalidade xurídica. É un dos proxectos fundadores da Red de Medios Comunitarios,[16] asociación que dá forma xurídica ao movemento de medios comunitarios no Estado español, no que participa activamente durante os catro anos previos á súa constitución.[17] Sobre Cuac FM recae a sede social[16] da Rede na Asamblea Fundacional celebrada en Madrid o 24 de maio de 2009, e a emisora asumiría a Secretaría e a Coordinadora de Lexislación na persoa de Mariano Fernández. Nesta época, mentres se tramitaba a Lei Xeral da Comunicación Audiovisual,[18] a emisora posicionouse a favor[19][20] da regulación dos medios do Terceiro Sector da Comunicación.[21][22][23]

De radio universitaria a radio comunitariaEditar

Nos seus inicios, Cuac FM foi concibida polos seus fundadores como unha radio universitaria, isto é, unha emisora dependente da Universidade na que os alumnos puidesen expresarse; no entanto, a oposición[24] da Universidade provocou que os fundadores creasen unha asociación xuvenil autoxestionada (o Colectivo de Universitarios Activos) que puxese en marcha, pola súa conta e risco, a devandita emisora.

 
Mariano Fernández e Diego de la Vega, no Estudio José Couso de Cuac FM.

Pouco a pouco, Cuac FM foi mudando ata converterse nunha radio comunitaria (aínda que segue emitindo dende a Universidade). En diversos medios refírense a esta emisora cos adxectivos de universitaria e comunitaria (ou incluso co de radio libre), pero considérase que o concepto de radio comunitaria é máis correcto por diversos motivos:

  • Cando alguén fala de radio universitaria, o interlocutor entende que esta é unha radio levada a cabo por e para universitarios. Non cómpre ser universitario para formar parte de Cuac FM, nin a emisión de Cuac FM está dirixida principalmente a universitarios, senón a toda a área metropolitana.
  • Por outra banda, varios socios desta emisora asistiron a diversos encontros de medios comunitarios de Galicia e do resto de España, alén de participaren na creación da Rede de Medios Comunitarios, da que Cuac FM é a súa sede social.
  • Porén, a meirande parte dos socios da asociación son alumnos da UDC, e Cuac é unha asociación universitaria. A emisora emite dende un edificio do Campus da Zapateira (Universidade da Coruña).

Programas históricosEditar

Un dos programas que máis éxito tiveron na cidade foi o "magazine" Zapping dende o 11 de novembro de 1996, levado a cabo por Antón Lezcano e Txuri Ferrer, quen máis adiante ficharían pola emisora local de Radio Voz; así e todo, o seu programa rematou por sorpresa causando malestar nos seus responsables, malestar que manifestaron na despedida da tempada, que se realizou de novo en Cuac FM.[25] Posteriormente ficharon por Radio Coruña[26] (emisora local comercial asociada á Cadena SER) onde continuaron o programa ata o 15 de xaneiro de 2010.[27]

Outro programa histórico é o musical Inframundo (conducido por Hugh McGinley, quen chegou a ser Presidente da emisora), adicado integramente a difundir a música local. A susodita difusión realizábase, non só a través do programa, senón tamén do Inframundo Magazine (revista gratuíta mensual que chegou a 13 edicións), a web, o disco gratuíto Inframundo (en 2010 saíu a terceira edición)... e os Premios Inframundo da Música, que na súa primeira edición foron cualificados por La Voz de Galicia como os Grammy Coruñeses.[28] Na segunda edición, realizouse un ciclo de concertos[29] na sede da Fundación Caixa Galicia; a final celebrouse no Teatro Colón, presentada por Rober Bodegas. No 2010 deixou de emitirse en Cuac FM para converterse nun microespazo de Radio Coruña (Cadena SER).

Pola emisora pasaron máis de 350 programas, algúns deles moi seguidos no ámbito radiofónico coruñés, como "Fraggel Rock", "Cosecha del 78", "El Kamikaze", "Falta Paixón", "La Senda del Bebedor", "O Arredemo", "Ulalume", "Oye Neno", "4con60", "Cabaret", "La Calle del Delfín Verde"...

ProxectosEditar

A emisora convoca anualmente un Concurso de Maquetas a nivel estatal no que se pode presentar calquera grupo ou solista de España que non tivese contrato con ningunha discográfica. Ata a XII edición (2010), presentáronse grupos de todas as autonomías de España, coas excepcións de Cantabria e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

 
Ortofálico Chisme, grupo almeriense gañador do XI Concurso de Maquetas de Cuac FM (2009), na final do devandito concurso.

En inverno de 2000, comezouse a editar o Cuaczine,[30] unha revista de balde adicada a difundir a cultura da cidade e a súa área de influencia. Debido á cantidade de traballo e material necesarios para realizar a revista, só chegou aos 3 números.[31]

Dende 2009, Cuac impulsou[32] en diversas ocasións ao Concello da Coruña a creación dun albergue xuvenil[33][34] na cidade, xa que o máis cercano se atopa en Gandarío, en Bergondo. O antedito proxecto, aínda que contaba co aval da Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística,[35] foi paralizado polo Concello[36] porque, en palabras do Alcalde Javier Losada,[37] atopámonos nunhas circunstancias difíciles (en referencia á crise).

En 2010 (representados por Tomás Legido Sanchez) formou parte do Xurado [38] que elixiu aos grupos participantes na 24ª edición do Festival Noroeste Pop Rock, a cal estivo a piques de non celebrarse[39] a pesar de que o alcalde prometeu un Gran Noroeste para 2010[40]. As protestas de organizacións sociais[41] (entre as que se encontraba Cuac FM) e dos hostaleiros fixeron rectificar[42] ao Consistorio. Trala súa celebración, o Colectivo enviou unha proposta aos tres grupos municipais (PP, PSdeG e BNG) para asegurar que o Festival se leve a cabo no ano 2011.[43][44][45]

Cuac FM realiza máis actividades, vinculadas co mundo da cultura local, creación de cursos de galego,[46] organización de obradoiros de radio,[47] actividades escénicas e musicais, e ata freta autobuses para acudir a citas culturais noutras localidades como o concerto de Patti Smith[48] en Vigo ou o de Muse[49] en Santiago de Compostela.

Organización internaEditar

 
Tomás Legido Sánchez (Tomi Desastre) nos micrófonos de Cuac FM.

O órgano supremo de decisión da asociación é a Asemblea Xeral,[50] que consta de todos os socios. Reúnese de forma ordinaria unha vez ó ano, e de forma extraordinaria cantas veces o determine a asociación (xeralmente 2 veces ao ano). Ademais, a asociación Cuac organízase nunha Comisión de Coordinación que consta das seguintes Coordinadoras (ás que os socios se poden unir de forma voluntaria):[51]

  • Coordinadora de Redacción: Encárgase de organizar, planificar e crear contidos, ademais de xestionalos e avaliar a súa calidade.
  • Coordinadora de Programación. Organiza a grella e a continuidade, ademais de encargarse do intercambio de programas con outras emisoras.
  • Coordinadora de Relacións coas Persoas Asociadas. Ten o cometido de incentivar e manter ó día a comunicación entre os socios, e de eles cos ex-socios. Tamén leva o arquivo da emisora e organiza as actividades paralelas.
  • Coordinadora de Tecnoloxía. Encárgase do material técnico e informático.
  • Coordinadora de Organización e Estratexia. Define os obxectivos (e os medios para acadalos), encárgase da estratexia legal e leva a cabo a representación exterior da emisora.
  • Coordinadora de Finanzas e Promoción. Encárgase do financiamento, da promoción e das relacións cos patrocinadores da emisora.

Como tódalas asociacións culturais, o Colectivo de Universitarios Activos ten unha Xunta Directiva que se elixe cada dous anos e que consta de Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría, Tesourería e tres Vogalías.

PremiosEditar

  • 1996: Premio da Gaceta Universitaria por ser a primeira radio universitaria da Coruña.

NotasEditar

  1. "Reglamento de Régimen Interno de Cuac FM" (PDF). Web de Cuac FM. Consultado o 14 de maio de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Gradín, Elena (2008). "La radio más aficionada". La Opinión de A Coruña. 
  3. "Comienzo de las obras de creación del estudio Alexandre Bóveda" (en Gallego). Web de Cuac FM. Consultado o 17 de outubro de 2010. 
  4. "Queda inaugurado el estudio de grabación Alexandre Bóveda" (en Gallego). Web de Cuac FM. Consultado o 29 de enero de 2011. 
  5. "Inauguración Estudio Alexandre Bóveda (CUAC FM)" (en Gallego). Youtube. Consultado o 31 de enero de 2011. 
  6. "La emisora Cuac FM abre su escuela de radio y asociacionismo". La Opinión de A Coruña. 2015. 
  7. 7,0 7,1 Fernández Cabarcos, Mariano Enrique. "Biografía de Mariano Enrique Fernández Cabarcos" (en español). Radio en Galicia. Consultado o 84 de setembro de 2010. 
  8. "O Tribunal Superior anula a decisión da Xunta e permite emitir a CUAC FM". 
  9. Legido Sánchez, Tomás (2000). "Radio a través dun pico". Cuaczine (1). 
  10. Legido Sánchez, Tomás. "Biografía de Tomás Legido Sánchez" (en gallego). Radio en Galicia. Consultado o 8 de agosto de 2010. 
  11. Vila, Juan (2003). "Vuelve Cuac FM". Muzikalia. 
  12. Sal, Javier. "Cuac FM, emisora que emite a través del 103.4 FM vuelve a las ondas tras más de un año sin hacerlo aumentando su horario en antena hasta la medianoche" (en español). Metamedia. Consultado o 8 de agosto de 2010. 
  13. "Manolo Rivas y Xurxo Souto apadrinaron la inauguración de la emisora CUAC F.M. que emite a través del 103.4 para A Coruña y su área de influencia". El Ideal Gallego. 2003. Arquivado dende o orixinal o 11 de julio de 2011. 
  14. Molezún, Fernando (2006). "La emisora Cuac FM cumple diez años de actividad universitaria". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 03 de agosto de 2010. 
  15. "Las radios libres gallegas se mantienen vigorosas y preparan una coordinadora que facilite su trabajo" (en Gallego). Cultura Galega. Consultado o 8 de agosto de 2010. 
  16. 16,0 16,1 "Red de Medios Comunitarios en España". Centre for Communication Rights. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2010. Consultado o 8 de agosto de 2010. 
  17. Fleischman, Luciana; Reguero, Núria; Sáez, Chiara (2009). "Políticas de comunicación y sustentabilidad del tercer sector de la comunicación: el caso catalán en el contexto español y europeo" (PDF). Medioscomunitarios.net. (...) el hito de inflexión lo va a constituir la celebración de las Primeras Jornadas Internacionales de redes comunitarias, en octubre de 2005, que contó con una alta participación y presencia de radios y proyectos audiovisuales de gran parte de las comunidades autónomas. En dicho encuentro, un grupo de medios inicialmente compuesto por la ACS, Pluralia TV (Valencia), Tele K (Madrid), la Unión de radios libres de Madrid, y Cuac FM (Coruña) promueven la gestación de una plataforma común a distintas iniciativas de medios comunitarios en el ámbito estatal. De esta manera se puso en marcha la Red [estatal] de Medios Comunitarios y se propone la realización de su primer encuentro en febrero de 2006 
  18. "Ley 7/2010, de 31 de marzo, General de la Comunicación Audiovisual" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 1 de abril de 2010. 
  19. Figueroa, Clara (2009). "Tomi Legido y Mariano Fernández: “No queremos ocupar todo el espacio, sólo queremos caber”". Xornal. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2009. Consultado o 24 de agosto de 2010. |urlmorta=si|dataarquivo=21 de xullo de 2009|urlarquivo= de novembro de 2018}}
  20. Obelleiro, Paola (2009). "Las ONG de la comunicación". El País. 
  21. Meda González, Miriam (2010). "La Ley UTECA y el Tercer Sector de la Comunicación: comparativa internacional de las fallas de la legislación española audiovisual y respuesta de la sociedad civil." (PDF). Trabajo Fin de Máster del Máster en Comunicación con fines sociales: estrategias y campañas de la Universidad de Valladolid. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2010. 
  22. Sáez Baeza, Chiara (2008). "Tercer Sector de la Comunicación. Teoría y praxis de la televisión alternativa. Una mirada a los casos de España, Estados Unidos y Venezuela" (PDF). Tesis Doctoral. Departament de Periodisme de la Facultat de Ciéncies de la Comunicació. Universitat Autonoma de Barcelona. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de decembro de 2011. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  23. "Tercer Sector de la Comunicación: medios libres y comunitarios" (en español). Wiki de Escolar.net. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2010. Consultado o 13 de agosto de 2010. 
  24. As radios universitarias en España. Transformación ao mundo dixital Arquivado 19 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán). Diego Fidalgo Díez. Cuadernos de Comunicación e Innovación. nº 80. Xullo-setembro de 2009
    A oposición da Universidade da Coruña en 1996 á creación dunha emisora de radio dependente desta Universidade galega provocou que un conxunto de alumnos formasen un colectivo que puxo en marcha esta radio universitaria. Teñen un funcionamento colectivo aberto a toda a sociedade e autofináncianse. Emiten a través da Internet e en FM.
  25. Despedida de Zapping dende Cuac FM Arquivado 01 de xullo de 2010 en Wayback Machine. (en castelán). Marcus.es. 1 de xullo de 2006
  26. Zapping (en castelán). Web de Radio Coruña - Cadena SER
  27. Último programa en directo (en castelán). Blog de Zapping
  28. Unha produtora local pon en marcha os «grammy» coruñeses (en castelán). La Voz de Galicia. Javier Becerra. 17 de xuño de 2008
  29. I Ciclo de concertos Inframundo Arquivado 09/05/2009, en Wayback Machine. (en castelán). La Voz de Galicia. 5 de maio de 2009
  30. Cuaczine, nº1
  31. Cuaczine, nº1. Web de Cuac FM
  32. A Coruña debe ter un albergue xuvenil (en castelán). Web de Cuac FM
  33. Unha asociación estudantil demanda un albergue para mozos. La Opinión de A Coruña. 15 de xaneiro de 2010
  34. Unha páxina de Facebook suma xa 1.260 «amigos» solicitando un albergue xuvenil na cidade. La Voz de Galicia. Fernando Molezún. 15 de xaneiro de 2010
  35. O Concello comprométese a habilitar un albergue xuvenil (en castelán). La Opinión de A Coruña. Sara Vázquez. 5 de febreiro de 2010
  36. O Goberno municipal frea a construción do albergue xuvenil (en castelán). La Opinión de A Coruña. 3 de xuño de 2010
  37. Novas respostas do Alcalde Arquivado 29 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en castelán): Blog de Javier Losada. 14 de xuño de 2010:
    A Macarena e máis a Mariano, permitídeme que vos diga que nestes momentos non se vai facer o albergue xuvenil, xa que, como sabedes, nos atopamos nunhas circunstancias difíciles e hai que dar prioridade a uns proxectos sobre outros. Dende o goberno municipal mantemos a aposta polo benestar social, a educación e maila renovación dos barrios. O albergue é un proxecto, que mantemos aínda, mais que non se vai realizar neste ano.
  38. Actas[Ligazón morta] das deliberacións do Xurado cualificador para o Concurso do Festival Noroeste Pop Rock 2010 (en castelán).
  39. O Concello confirma que non se celebrará o Festival Noroeste Pop Rock (en castelán). La Voz de Galicia. 27 de maio de 2010
  40. Losada asume as críticas e promete un «gran Noroeste» para o 2010 (en castelán). La Voz de Galicia. Javier Becerra. 6 de agosto de 2009
  41. Encontro co Alcalde Javier Losada (en castelán). Web da Plataforma Salvemos o Noroeste Pop-Rock. 4 de xuño de 2010
  42. Becerra, Javier (4 de xuño de 2010data-acceso=29 de maio de 2019). "Tello asegura que el Noroeste Pop Rock se va a celebrar pese al momento económico actual". La Voz de Galicia. Edición Coruña (en castelán). 
  43. «Proposta de Cuac FM para o Noroeste Pop-Rock 2011» Consultado o 29 de agosto de 2010
  44. «Un colectivo universitario solicita que se ratifique en pleno o Noroeste Pop Rock do 2011» La Voz de Galicia
  45. Legido Sánchez, Tomás. «Entrevista a cargo de Noela Bao na que Tomás Legido Sánchez explica a proposta de Cuac FM para o Noroeste Pop Rock 2011» (en castelán) (Audio). Consultado o 24 de agosto de 2010
  46. «O Concello reparte 30.000€ entre 12 entidades para promociona-lo galego» (en castelán) La Opinión de A Coruña 11 de agosto de 2010 «A Cooperativa Xocamiñoca e a Asociación Cultural CUAC recibirán 1.760 euros cada unha pola web da primeira e o Curso de galego en CUAC FM.».
  47. Novoa, I. (2006). «Escoitar rock roll pode axudarche a rematar a carreira». (en castelán) 20 minutos. «Os obradoiros que organiza o Vicerreitorado de Extensión Universitaria e Comunicación tamén teñen actividades para tódalas afeccións. Desde fotografía artística ata radio, na emisora de Cuac FM.».
  48. Cuac FM freta un autobús para asistir ao concerto de Patti Smith en Vigo. Web de Cuac FM. 9 de xuño de 2010
  49. Cuac FM freta outro bus. Esta vez, para ver a Muse. Web de Cuac FM. 21 de xullo de 2010
  50. «Entrevista a Cuac FM: "A soberanía está na Asemblea"» Consultado o 25 de agosto de 2010.
  51. «Regulamento de Réxime Interno de Cuac FM» Consultado o 14 de maio de 2015

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar