Editorial Urutau

editorial galaico-brasileira-portuguesa

A Editorial Urutau e unha empresa editorial galaico-brasileira-portuguesa independente, alternativa de venda directa, que foi nada no 2015 na Bragança Paulista, Brasil. No ano 2018 fundaron a súa delegación en Pontevedra.[1]

Editorial Urutau
Tipoeditorial
Data de fundación2015
Localización
EnderezoRúa Adolpho Arruada 41, jardim das laranjeiras 12910 255, Bragança Paulista-Sp
EnSão Paulo
PaísEspaña, Brasil e Portugal
Na rede
https://editoraurutau.com/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

No ano 2012 en Campinas o norte do estado de São Paulo, Ana Penteado, Wladimir Vaz, Tiago Rendelli e Carlos Rafael Souza, un grupo de amigos estudantes da Universidade Estatal de Campinas (UNICAMP), xuntáronse para publicar libros. Entre os catro fundaron a Editora Medita.[2]

Despois de máis de 20 libros publicados, Carlos Rafeel Souza abandonou o grupo, e os tres integrantes restantes fundaron Editorial Urutau. Ata finais do 2016 contaban con 28 libros no mercado. No 2018 fúndase unha delegación en Pontevedra. En 2019 Ana Penteado, pesquisadora, abandona a editorial, reducindo o cadro a dúas persoas: Wladimir Vaz[1] deseñador gráfico, poeta e editor Galicia, Tiago Rendelli[1] poeta e editor no Brasil.

A finais do ano 2019 contan no seu haber 200 títulos publicados[3]. A Editorial Urutau de Galica ocupase tamén da pescuda e edición en Portugal. Poesía, prosa poética, contos e o xénero dramático son as súas especialidades. Judite Canha Fernandes[4] con a fúria da loiça da china (2018) e o mais difícil do capitalismo é encontrar o sítio onde pôr as bombas (2017), María Azenha con A mamá por cima dos telhados e o meu amor (2019), Silvia Penas con Fronteira Paraíso (2019), Ronsel Pan con O atentado de Ulrike Meinhof (2019), Arancha Nogueira con O único lugar onde ficar inmóbil (2019), María Giulia Pinheiro con Avessamento (2019), Chus Pato con Heloísa (3º edición 2019), Elisabeth Oliveira con Naufragas (2019), Eli Ríos con Se calhar nao é o tempo o que importa (2019) Irma Estopiña con Espiral (2019), Patricia Meira con Non-maternidade, Lígia Reyes con Amor peixes e outras loucuras (2019), María Estela Guedes con Clitóris Clítoris, Carla Carbatti Na cadéncia do caos (2019), son algúns dos seus autores e autoras de Galicia e Portugal.

Dende as súas orixes Editorial Urutau caracterízase por publicar autores novos, pola súa aposta pola diversidade cultural e pola súa independencia, cunha fonda vertente feminista, co 70% das súas obras escritas por mulleres, ou que procuran a súa visualización [5].

Premios editar

  • Edición 59º do premio JABUTI co libro de poesía Identidade de Daniel Francoy Brasil 2017 [6].
  • Terceiro premio literario na categoría poesía da Biblioteca Nacional do Brasil 2019 [7].

Coleccións editar

Convocatorias de premios editar

Editorial Urutau na súa labor de activar os movementos de escritoras e escritores LGBTQ, de poetas negras e negros, indíxenas e grupos sociais minoritarios convoca con regularidade certames poéticos, narrativos ou vídeo-poéticos.

  • Chamadas abertas regulares para a premiar coa publicación, autores e autoras noveis residentes en diferentes cidades: São Paulo, Río de Xaneiro...[11]
  • Certame de vídeo-poesía da editorial Urutau [11].

Véxase tamén editar

Intempestiva- Revista de Literatura e Artes Visuais [12][13].

Presentación do poemario Ficar de Cristina Corral Soilán na Galería Sargadelos de Lugo 2019.[14]

Páxina oficial da Editorial Urutau [15]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Unha canle trinacional para a poesía". Nós Diario. Consultado o 2020-01-05. 
  2. "Perguntas ao editor | com Tiago Fabris (Editora Urutau)". LiteraturaBr (en portugués). 2016-06-22. Consultado o 2020-01-05. 
  3. "Entrevista | Wladimir Vaz: "A poesia deve amplificar vozes que por séculos foram forçadas a se calar"". Palavra Comum (en portugués). 2019-10-10. Consultado o 2020-01-05. 
  4. "A poeta Judite Fernandes recita em Compostela". Portal Galego da Língua - PGL.gal (en portugués). 2019-03-07. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2020-01-05. 
  5. "Pequeno guia de incríveis artistas mulheres que sempre foram consideradas menos importantes que seus maridos". Editora Urutau. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-05. 
  6. "Prêmio Jabuti 2017 anuncia os vencedores; veja a lista". G1 (en portugués). Consultado o 2020-01-05. 
  7. G1, Do; Paulo, em São (2016-11-11). "Prêmio Jabuti divulga lista dos vencedores de 2016". Pop & Arte (en portugués). Consultado o 2020-01-05. 
  8. "Federico García Lorca". Editora Urutau. Consultado o 2020-01-05. 
  9. "Alfonsina Storni". Editora Urutau. Consultado o 2020-01-05. 
  10. "17 poetas no xardín de medio lado". Nós Diario. Consultado o 2020-01-05. 
  11. 11,0 11,1 "Editora Urutau". Editora Urutau. Consultado o 2020-01-05. 
  12. "INTEMPESTIVA - REVISTA DE LITERATURA E ARTE". Kickante (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2020-01-05. 
  13. "Lançamento: Intempestiva — revista de literatura e artes visuais - Viral Agenda". www.viralagenda.com (en portugués). Consultado o 2020-01-05. 
  14. "Presentación "Ficar" de Cristina Corral Soilán". Consultado o 2020-01-05. 
  15. "Editora Urutau". Editora Urutau. Consultado o 2020-01-05.