Moncho Iglesias
tradutor e escritor galego
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Moncho Iglesias Míguez, nado en Vigo, o 6 de abril de 1974, é un escritor e tradutor galego.
Moncho Iglesias | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1974 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo |
Ocupación | lingüista, tradutor e educador |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Vigo, está a realizar o doutoramento en Filoloxía Galega, cunha tese que compara os contos de tradición oral palestinos e galegos. Viviu en Palestina, onde deu clases de castelán nas universidades de Belén e An-Najah de Nablus, e máis tarde en Chongqing, onde tamén exerceu como docente universitario[1].
Colaborou cos xornais Vieiros e Xornal de Galicia, e as revistas A Nosa Terra e Animal, foi correspondente da Radio Galega. Actualmente colabora con Tempos Novos,[2] Dorna e Praza Pública.
Obra en galegoEditar
PoesíaEditar
- -3'141516, 2001, Centro Universitario Indoamericano (México).
- Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos,[3] 2007, Positivas.
- pedras de Plastilina, 2012, Toxosoutos.
- Avoíña/Abuelita, 2013, Parnass Ediciones. En formato bilingüe galego-castelán.
- Tren,[4] 2018, Urutau.
- Cheira, 2020, Urutau
NarrativaEditar
- Tres cores: azul, 2010, Estaleiro editora.[5]
- Don Pepe, 2018, Do Peirao.
EnsaioEditar
- Os contos de animais na tradición oral palestina, 2008, Fundación Araguaney.
TraduciónsEditar
- Premio 2005 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("Unha rosa para Emily", de William Faulkner), 2015, Edicións Xerais.
- O condutor de autobús que quería ser Deus, de Etgar Keret, 2006, Rinoceronte Editora, desde o hebreo.
- Saudades de Kissinger, de Etgar Keret, 2011, Rinoceronte Editora, desde o hebreo.
- Carné de identidade, de Mahmud Darwish, 2012, Edicións Barbantesa.
- Premio 2014 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("A terra das laranxas tristes", de Ghassan Kanafani), 2015, Edicións Xerais.
- Premio 2015 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("Fío", de Dena Afrasiabi), 2015, Edicións Xerais.
- Un mapa do lar, de Randa Jarrar, 2015, Hugin e Munin.
- Premio 2016 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("O último rei de Noruega", de Amos Oz), 2016, Edicións Xerais.
- Premio 2017 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("A historia secreta da alfombra voadora", de Azhar Abidi e "As mozas do edificio", de Randa Jarrar), 2017, Edicións Xerais.
- Premio 2018 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("O sol e as súas flores", de Rupi Kaur), 2018, Edicións Xerais.
- Esfumado, de Ahmed Masoud, 2022, Urutau
Obras colectivasEditar
- Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu XXV cabodano, 2006.
- I Certame literario de relato breve e libertario, 2007.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Entre os outros e nós. Estudos literarios e culturais, 2008.
- Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas,[6] 2009, tresCtres.
- En defensa do Poleiro. Os escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Os dereitos humanos: unha ollada múltiple,[7] 2011, Universidade de Santiago de Compostela.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).[8]
- As cantigas de Martín Codax en 55 idiomas, 2018, Universidade de Vigo.[9]
- A lingua viaxeira, 2022, Axóuxere.
PremiosEditar
- Terceiro Premio de poesía Féile Filíochta de Dublín no 1999.
- Premio de narrativa do Concello de Mugardos no 2005.
- Mención especial no Premio de narrativa do Concello de Mugardos no 2010.
- Segundo premio no Certame Poético Concello de Rois no 2014.
- Primeiro premio no IV Certame Literario das Letras Galegas en Frankfurt no 2015.
- Segundo premio no Concurso do Día das Letras Galegas do Concello de Rábade no 2017.
- Galardoado nos premios de tradución da Universidade de Vigo nos anos 2005, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018.
- Premio de Xornalismo Johán Carballeira no ano 2018.
- Primeiro premio de relato no XV Certame Literario Terras de Chamoso, O Corgo, 2021
NotasEditar
- ↑ Entrevista ao autor en Atlántico Diario o 7 de decembro de 2016 (en castelán).
- ↑ "Tempos Novos". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2019. Consultado o 12 de xaneiro de 2019.
- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ "A necesidade de atopar". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de xaneiro de 2018.
- ↑ [3]
- ↑ [4]
- ↑ 150 Cantares para Rosalía de Castro
- ↑ [5]