Rocío Viéitez Ferro
Rocío Viéitez Ferro, nada en Campo Lameiro (Pontevedra) en 1975, é unha tradutora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Campo Lameiro, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | tradutora |
Traxectoria
editarEstudou Filoloxía inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e comezou o doutoramento en lingüística pura na Universidade de Oviedo, coa intencíón de estudar as vogais e a súa evolución do inglés ao medieval. Porén, sempre quixo ser tradutora e presentouse ao exame de acceso na Universidade de Vigo, onde finalmente estudou Tradución e interpretación.[1] Traduce en varios idiomas, do inglés, francés e portugués, ao español e galego.[2]
Os seus inicios no mundo laboral no 2004 foron como tradutora técnica e científica, e así foi durante dezasete anos.[1]
O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, con motivo das XXI Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán en 2019, propúxolle a tradución do conto O meu bisavó, sendo esta a primeira vez que se traducía este conto ao galego. Dende entón virou a súa carreira cara a tradución literaria.[3][4][5]
Sempre foi unha lectora voraz que "vive lendo e sobrevive lendo"[3] e como tradutora sentía que faltaban libros que non estaban en galego e tiñan que estar.Deste xeito, pensou nunha serie de libros importantes para ela coa idea de crear unha coleción de todo o mundo, para ser traducidos e tamén educar en valores humanos.[3]
No ano 2021 presentou Candemaia, o seu proxecto persoal ante a editorial Laiovento onde botou andar ese mesmo ano. Vieitez tiña claro que había unha necesidade de poñer o foco na literatura escrita e traducida por mulleres, "para que con historias de nenas, mozas e adultas, fiemos un tecido máis humano, máis respectuoso". Ademais, cada libro levará unha achega dun home, suliñando con este xeito o espírito igualitario da colección que coordina ela e que contará con 30 títulos de todo o mundo.[6] O proxecto Candemaia debe o seu nome as fillas de Rocío Viéitez, Candela e Amaia, asasinasas polo seu pai.[3][7]
A primeira publicación desta colección foi Mociñas[8][9] de Louisa May Alcott que conta cun limiar de Kathleen March, profesora emérita da Universidade de Maine[10] e abre co poema Arrolaime, do poeta e ilustrador Héitor Picallo. Segundo conta Viéitez, escolleu esta obra porque considera que é un clásico a reivindicar e porque a súa autora foi unha muller tremenda, cultísima, abolicionista, reformista e que escribía cousas que ninguén se atrevía a escribir.[3]
Soños no limiar foi a segunda tradución de Candemaia. A única novela da socióloga e escritora Fatema Mernissi onde conta unha autobiografía ficticia sobre a súa infancia nun harén en Fez nos anos 40.[11]
A seguinte obra traducida foi O azul entre o ceo e a auga da xornalista e activista polos dereitos humanos Susan Abulhawa, unha "historia de resiliencia, onde vemos como podemos resistir malia todas as condicións externas adversas grazas á fortaleza das matriarcas".[12]
Pertence ao Consello da Cultura Galega desde 2022,[13] e é membro da Comisión técnica temporal para a elaboración do proxecto Seara, portal de tradución de poesía galega ao inglés.[14]
- Mociñas, de Louisa May Alcott, 2021, Colección Candemaia, Editorial Laiovento.[16]
- Soños no limiar, de Fatema Mernissi, 2022, Colección Candemaia, Editorial Laiovento.[17]
- O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa, 2023, Colección Candemaia, Editorial Laiovento.[18]
- O meu bisavó, de Ramón María del Valle-Inclán, 2019, dentro do volume primeiro dunha serie de relatos titulada Arcas de Bradomín, do Museo de Valle-Inclan da Pobra do Caramiñal.[19]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Peque (2021-06-12). "Rocío Viéitez por Peque González Nóvoa - devellabella". De Vella a Bella. Consultado o 2024-02-21.
- ↑ Galicia, Federación de Librarías de. "Evento". Federación de Librarías de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-02-23.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Pontevedra, Diario de (2021-05-16). "Rocío Viéitez: "Eu vivo lendo e sobrevivo lendo"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-02-23.
- ↑ "Ve a luz na Pobra o libro de Valle-Inclán «O meu bisavó» traducido ao galego". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-11-30. Consultado o 2024-02-25.
- ↑ asociacionescritoras-es (2019-11-29). "A Pobra do Caramiñal: presentación de O meu bisavó, de Ramón del Valle-Inclán (traducido ao galego): Axenda cultural AELG::". Consultado o 2024-02-25.
- ↑ "MOCIÑAS(2ªED.)". www.follasnovas.com. Consultado o 2024-02-23.
- ↑ "El parricida de Moraña, condenado a indemnizar a la madre de las niñas asesinadas con 300.000 euros, paga 258". Pontevedra Viva (en castelán). 2020-12-30. Consultado o 2024-02-27.
- ↑ Diario, Nós (2021-03-23). "Laiovento trae ao galego a historia das 'Mociñas'". Nós Diario. Consultado o 2024-02-25.
- ↑ "Cando as mulleres se fixeron individuos na literatura". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-02-28.
- ↑ PLATÓ ABIERTO 22 04 2021 - Caterina Varela y Rocío Viéitez. 22/04/2021.
- ↑ "Edicións Laiovento - SOÑOS NO LIMIAR". laiovento.gal. Consultado o 2024-02-28.
- ↑ "Edicións Laiovento - O AZUL ENTRE O CEO E A AUGA". laiovento.gal. Consultado o 2024-02-28.
- ↑ Galega, Consello da Cultura. "Rocío Viéitez Ferro". CONSELLO DA CULTURA GALEGA (en inglés). Consultado o 2024-02-23.
- ↑ culturagalega.org (2023-09-29). "O proxecto Seara nace para ofrecer unha selección de textos que percorre a historia da nosa literatura". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2024-02-23.
- ↑ "Libro - Consorcio Editorial Galego". consorcioeditorial.com. Consultado o 2024-02-23.
- ↑ May Alcott, Louise. Mujercitas [Mociñas]. Laiovento. ISBN 9788484875130.
- ↑ Mernissi, Fatema (2022). Soños no limiar [Soños no limiar]. Laiovento. ISBN 9788484875659.
- ↑ Abulhawa, Susan (2023). El azul entre el cielo y el agua. Laiovento. ISBN 9788484876472.
- ↑ "Antonio González Millán: «Cando un le este libro non le á tradutora, está lendo a Valle-Inclán»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-12-05. Consultado o 2024-02-25.