Louisa May Alcott
Louisa May Alcott, nada en Germantown (Pensilvania) o 29 de novembro de 1832 e finada en Boston (Massachusetts) o 6 de marzo de 1888, foi unha novelista estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1832 Germantown, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 6 de marzo de 1888 (55 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Sleepy Hollow Cemetery (en) |
Residencia | Europa (1870–1871) Europa (1865–1866) Orchard House (en) (1858–1884) Walpole (en) (1855–1858) Boston (1848–1855) Concord (pt) (1845–1848) Fruitlands (en) (1843–1844) Concord (pt) (1840–1843) Boston (1834–1840) |
Educación | sen valor |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | escritora, escritora de literatura infantil, mestra, traballadora doméstica, novelista, enfermeira, poetisa, sufraxista |
Xénero artístico | Literatura gótica (pt) |
Movemento | Abolicionismo |
Pseudónimo literario | A. M. Barnard Flora Fairchild Flora Fairfield Tribulation Periwinkle |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil estadounidense |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Fillos | sen valor |
Pais | Amos Bronson Alcott e Abby May |
Irmáns | Elizabeth Sewall Alcott Abby May Alcott Anna Alcott Pratt |
Parentes | William Alexander Alcott, curmán segundo Louise May Nieriker, fillo adoptivo, filla da irmá John Sewall Pratt, fillo adoptivo, fillo da irmá |
Premios | |
Descrito pola fonte | A Woman of the Century (en) , (sec:Louisa May Alcott) The Nuttall Encyclopædia >>>:Alcott, Louisa Mary Obálky knih, |
Sitio web | louisamayalcott.org |
|
Traxectoria
editarFilla de Amos Bronson Alcott e Abigail May, comezou a traballar dende moi nova como profesora. Escribiu o seu primeiro libro con só 22 anos, Flower Fables (1854), contos orixinalmente escritos por Ellen Emerson, filla de Ralph Waldo Emerson. No ano 1860 comeza a escribir para o Atlantic Monthly, e traballou durante seis semanas como enfermeira nun hospital de Georgetown (1862-1863). As súas cartas a casa, revisadas foron recollidas en Hospital Sketches (1863), onde demostra un gran poder de observación e boa dose de humor para recoller as traxedias da guerra. A súa primeira novela foi Moods (1864).
Menos coñecidas foron as novelas publicadas baixo o alcume de A. M. Barnard, esas obras como A Long Fatal Love Chase e Pauline's Passion and Punishment, son do tipo descrito en Mociñas como perigosas para as mentes pequenas, os seus protagonistas son salvaxes e apaixonados, tiveron un inmediato éxito comercial e aínda hoxe se len con pracer. Mociñas ou Meg, Jo, Beth and Amy (1868), é a súa obra máis coñecida, na que con moito humor, frescura e realismo conta en forma de historia moitos dos acontecementos que lle ocorreron a ela a ás súas irmáns. Little Men (1871) trata de xeito semellante os caracteres e vidas dos seus sobriños que vivían con elas en Ochard House en Concord, Massachusetts. Jo's Boys (1886) completa a serie. A maioría das súas obras posteriores, An Old-Fashioned Girl (1870), Aunt Jo's Scrap Bag (6 vols., 1871-1879), Rose in Bloom (1876) e outras, seguen a liña de Mociñas.
Traducións ao galego
editarEn galego publicouse a súa novela Detrás da máscara (Behind a Mask, or A Woman's Power), traducida por Antía Veres (Editorial Hugin e Munin, 2017)[1], despois de ser distinguida co I Premio Realia de Tradución Literaria[2] e Mociñas, traducida por Rocío Viéitez Ferro e publicada en Edicións Laiovento.[3][4]
Notas
editar- ↑ Ficha da obra Arquivado 26 de setembro de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da editorial
- ↑ Antía Veres gaña o I Premio Realia de Tradución, nova recollida en Culturagalega.org o 20 de maio de 2017.
- ↑ "Edicións Laiovento - MOCIÑAS". laiovento.gal. Consultado o 2021-03-24.
- ↑ "Laiovento trae ao galego a historia das 'Mociñas'". Nós Diario. Consultado o 2021-03-24.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarObras de Louisa May Alcott no Proxecto Gutenberg(en inglés)
- Jack and Jill Audiolibro