Amos Bronson Alcott
Amos Bronson Alcott, nado en Wolcott en 1799 e finado en Boston en 1888, foi un educador e escritor norteamericano.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1799 ![]() Wolcott, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 4 de marzo de 1888 ![]() Concord, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Massachusetts Sleepy Hollow Cemetery (en) ![]() ![]() |
Catedrático | |
![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Orchard House (en) ![]() Walpole (en) ![]() Boston (1848–1855) Concord (pt) ![]() Fruitlands (en) ![]() Concord (pt) ![]() Boston (1834–1840) ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía ![]() |
Ocupación | poeta , mestre , filósofo , escritor ![]() |
Partido político | Partido Republicano ![]() |
Movemento | Transcendentalismo (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Abby May (1830–1877), morte do cónxuxe |
Fillos | Anna Alcott Pratt (pt) ![]() ![]() |
Nai | Anna Alcott (en) ![]() ![]() |
Parentes | William Alexander Alcott (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Joseph Chatfield Alcox, un agricultor e mecánico, os seus antepasados asentaran en Massachusetts occidental nos días da colonia levando o apelido Alcocke. Autodidacta, tivo que se poñer a traballar en 1814 nunha fábrica de reloxios en Plymouth, Connecticut e despois de 1815 viaxou ao sur dos Estados Unidos como vendedor de libros e mercadorías. Comeza a ensinar en Bristol, Connecticut en 1823, dirixe escolas en Cheshire, Connecticut, en Bristol, Bostón, Germantown e en Filadelfia. En 1830 casa con Abby May, irmán do reformador e abolicionista Samuel J May. En 1834 abre a Temple School en Boston que se fixo famosa polos seus orixinais métodos, baseada no autoanálise e no desexo de estimular a personalidade do neno mediante a conversa, máis que na lectura. A escola foi denunciada na prensa e en 1839 pechou, pero Alcott gañou o cariño dos seus alumnos. En 1840 marchou a Concord, da súa visita a Inglaterra trae a intención de establecer unha comunidade utópica socialista que fracasa e en 1842 volve a Concord. Nos seus últimos anos de vida foi coidado pola súa filla Louisa May Alcott.
Obras
editar- Record of a school. 1835
- Exempling the general principles 1835
- Conversations with children 1836
- Tablets (1868)
- Concord Days (1872)
- Sonnets and Canzonets (1882)