Henry Kissinger

diplomático estadounidense

Henry Alfred Kissinger, nado Heinz Alfred Kissinger en Fürth (Baviera) o 27 de maio de 1923 e finado en Kent (Litchfield, Connecticut) un século despois, o 29 de novembro de 2023,[1][2][3] foi un diplomático estadounidense que tivo un papel importante na política estranxeira dos EUA entre 1968 e 1976.

Henry Kissinger
Nome completoHeinz Alfred Kissinger
Nacemento27 de maio de 1923 (100 anos)
Lugar de nacementoFürth (Baviera) Alemaña Alemaña
Falecemento29 de novembro de 2023
Lugar de falecementoKent (Litchfield, Connecticut), Estados Unidos de América Estados Unidos
SoterradoCemiterio Nacional de Arlington
NacionalidadeEstadounidense
Relixiónxudaísmo
Alma máterGeorge Washington Educational Campus, City College of New York, Universidade Harvard, Universidade Harvard e Universidade Harvard
OcupaciónDiplomático e científico político
PaiLouis Kissinger
NaiPaula Stern
CónxuxeAnn Fleischer (1949–1964)
Nancy Maginnes (1974–2023)
IrmánsWalter Kissinger
PremiosPremio Nobel da Paz, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Bolsa de estudos Guggenheim, Bavarian Order of Merit, Estrela de Bronze, Knight Commander of the Order of the British Empire, Order of Merit of Baden-Württemberg, Eric-M.-Warburg-Award, Order of Tomáš Garrigue Masaryk, 1st class, Medalla Presidencial da Liberdade, Premio Carlomagno, National Book Award, Wateler Peace Prize, Ewald von Kleist award, Golden Plate Award, Medal of Liberty, Francis Boyer Award, Knight Commander of the Order of St Michael and St George, Grand Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Persoa de Ano da revista Time, honorary doctor of the Peking University, honorary doctor of Waseda University, Franz Josef Strauss Award, Financial Times Person of the Year, Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte, Great Immigrants Award, Order of Tomáš Garrigue Masaryk, Ordem de São Miguel e São Jorge, Order of Merit of the Republic of Poland, Ordem do Mérito da República Italiana, Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha, Order of Merit (Ukraine), 3rd class, Medalha do Presidente, Ellis Island Medal of Honor e Knights of Rizal
Na rede
http://henryakissinger.com/ e https://www.henryakissinger.com/
IMDB: nm0457425 Allocine: 36402
Musicbrainz: 6b2dcf2a-3eba-463a-94bb-a8c4d6da2b20 Discogs: 2736609 Allmusic: mn0001011612 Olympic.org: mr-henry-kissinger WikiTree: Kissinger-142 Find a Grave: 261951668 Deezer: 4161081 Genius: Henry-kissinger Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Henry Kissinger

En 1938, debido ás persecucións antisemitas na Alemaña nazi, emigra cos seus pais para os EUA, obtendo a cidadanía estadounidense o 19 de xuño de 1943.

Despois de servir na segunda guerra mundial, fixo o seu doutoramento pola Universidade Harvard en 1954, onde se converteu imediatamente en instrutor na mesma universidade. Despois dalgúns anos, obtivo o título de catedrático.

Kissinger foi conselleiro para a política estranxeira de tódolos presidentes dos Estados Unidos de Eisenhower a Gerald Ford, e mais foi o secretario de Estado, conselleiro político e confidente de Richard Nixon.

En 1973 gañou, con Le Duc Tho, o Premio Nobel da Paz, polo seu papel na obtención do acordo de cesamento do fogo na Guerra de Vietnam. Le Duc Tho rexeitou o premio.

Henry Kissinger estivo envolto nunha intensa actividade diplomática con China, Vietnam, a URSS e cos países de África. Algúns dos críticos de Kissinger acusárano de cometer crimes de guerra durante a súa longa estadía no goberno, como de dar luz verde para a invasión indonesia de Timor (1975), ou de apoiar os golpes de estado en Chile e o Uruguai (1973); ditos críticos son, entre outros, o xornalista Christopher Hitchens (no libro The Trial of Henry Kissinger) e o analista Daniel Ellsberg (no libro Secrets). Malia que esas alegacións non teñen sido probadas nunha corte de xustiza, considérase perigoso para Kissinger entrar en diversos países de Europa e de América do Sur.

Obras editar

  • Nuclear Weapons and Foreign Policy (1957)
  • A World Restored (1957)
  • The White House Years (1979)
  • Years of Upheaval (1982)
  • Diplomacy (1994).

Notas editar

  1. Vidal Liy, Macarena (30 de novembro de 2023). "Muere Henry Kissinger, el estratega que marcó la política exterior de EE UU en la segunda mitad del siglo XX". elpais.com (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2023. 
  2. Redacción (29 de novembro de 2023). "Muere Henry Kissinger, recordado exsecretario de Estado de EE.UU., a los 100 años". cnnespanol.cnn.com (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2023. 
  3. Redacción/EFE (30 de novembro de 2023). "EE. UU. | Fallece el ex secretario de Estado Henry Kissinger a los 100 años". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Holger Klitzing: The Nemesis of Stability. Henry A. Kissinger's Ambivalent Relationship with Germany. WVT, Trier 2007, ISBN 978-3-88476-942-3.
  • Robert D. Schulzinger: Henry Kissinger. Doctor of diplomacy. Columbia Univ. Pr., Nova York 1989, ISBN 0-231-06952-9.