Arancha Nogueira
escritora galega
Arancha Rodríguez Fernández, máis coñecida como Arancha Nogueira, nada en Ourense o 3 de setembro de 1989, é unha escritora galega.
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Arancha Rodríguez Fernández 3 de setembro de 1989 (35 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciouse en Xornalismo, fixo un mestrado en Literatura comparada e Crítica Cultural e outro de Educación. Viviu en Madrid, Porto, Sevilla, Belfast e Santiago de Compostela.[1] Formou parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega. Actualmente é profesora de lingua galega e literatura no ensino público.
Obra
editarObras individuais
editarPublicou en antoloxías como o Diario de Escalofríos (2008), Cuaderno de Legados (2010) ou a Homenaxe a Manuel María (2017) e en revistas como Incendios (2011), o fanzine As Lurpias (Día da Matria 2014), o Boletín Galego de Literatura (2017) e en 2018 Ligeia.[2]
Poesía
editar- Andar descalza (2013)[3]. Concello de Outes.
- A capacidade de descomposición da luz (2018). Plaquette autoeditada.
- O único lugar onde ficar inmóbil (2018). Editora Urutau. 60 páxs. ISBN 9788569433767.
- Spleen en catro tempos (2018). Toxosoutos. 54 páxs. ISBN 978-84-948966-3-7.
- A comparsa (2019).[4] Leite Edicións.
- Os ourizos (2019). Leite Edicións. Col. Cosmos.
- #hashtags para un espazo / confinamento agónico (2019). Ed. Positivas, 2ª ed. en 2021. ISBN 978-84-122421-5-7.
- Dente de leite (2020). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9121-645-2. ePub: ISBN 978-84-9121-639-1.[5]
- Antese (2022). Editorial Galaxia. 84 páxs. ISBN 978-84-9151-787-0.
Narrativa infantil e xuvenil
editar- A mestra corremundos (2021). Cuarto de inverno. 80 páxs. Ilustracións de Ana Varela. ISBN 978-84-121604-7-5.
Obras colectivas
editar- Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo 2016 (2016). Universidade de Vigo, Xerais.
- Libro colectivo de homenaxe a Manuel María (2017). Deputación de Lugo.
- XVI Certame Literario Concello de Ames (2018). Concello de Ames, Fundación Feiraco.
- Xuventude Crea 2017 (2018). Xunta de Galicia.
- Cultura que Une. Ribeira Sacra - Douro (2018). Fundación Vicente Risco.
- Creative Cork Intercultural City Voices (2018). Antoloxía bilingüe, texto traducido por Keith Payne. Cork City Council, Creative Ireland,
- Antoloxía Vide, Paisaxe, Fala - Florencio Delgado Gurriarán (2018). Deputación de Ourense, Instituto de Estudos Valdeorreses.
- Calpurnias, mulleres poetas ourensás (2019). Ed. Cuestión de Belleza.
- Un xardín de medio lado. 17 poetas da urutau na Galiza (2019). Ed. Urutau.
- Antoloxía de poesía galega nova (2019). Antoloxía bilingüe galego-grego, textos traducidos por Sofía Karatzá e Teresa Pardo. Editora Vakxikon.
- Arrincando marcos 2020 (2020). Ed. Positivas.
- Poesía galega novísima (2020). Ed. Urutau.
- Mafia, amiga (2021). Leite Edicións.
Premios
editar- Premio de poesía Francisco Añón en 2013 por Andar descalza.
- III Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá en 2013.
- Premio de poesía da Universidade de Vigo en 2016 por (A)fogar.
- Premio de poesía do Concello de Ames en 2017 por Para ser de ti.
- Premio literario Mazarelos (Universidade de Santiago de Compostela) en 2017 por O aniversario.
- II Premio de poesía Xuventude Crea en 2017 por Romaría.
- Accésit do premio Francisco Añón en 2018 por spleen en catro tempos.
- Finalista do premio Florencio Delgado Gurriarán en 2018 por Taxidermia.
- Premio literario Mazarelos (Universidade de Santiago de Compostela) en 2018 por mapa mudo.
- II Premio de poesía do Concello de Ames en 2019 por crac.
- XXII Premio de poesía Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu en 2019 por O silencio das gaivotas.[6]
- Finalista do certame Ari(t)mar (Galiza e Portugal) co poema #love en 2021.
- Finalista da Primavera videoliteraria do Val Miñor xunto a Emilio Carral co videopoema recordas? en 2021.
- XIII Premio de poesía Victoriano Taibo en 2021 por Antese.[7][8]
- Finalista a mellor libro infantil nos Premios Follas Novas do libro galego 2022 por A mestra corremundos.
- 2023: O público da gala aRi[t]mar decidiu distinguir co Premio Mellor Poesía do Ano 2022 na Galiza a 'Mamá fala en linguaxes de documentos predeterminados'.[9]
Notas
editar- ↑ "O cuarto de Arancha Nogueira". asega-critica.net. Consultado o 23/09/2018.
- ↑ "Arancha Nogueira". Ligeia. Revista de Literatura (1). xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416.
- ↑ "Arancha Nogueira". catalogo.bne.es. Consultado o 23/09/2018.
- ↑ "Leite Edicións". Consultado o 03 de marzo de 2019.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-10-21.
- ↑ "Arancha Nogueira gaña o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu". Concello de Bueu. 2019-05-19. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "Arancha Nogueira, gañadora do XIII Premio de Poesía Victoriano Taibo". IEM. 2021-10-21. Consultado o 2021-10-21.
- ↑ "Arancha Nogueira, gañadora do XIII Premio de Poesía Victoriano Taibo". Nós Diario. Consultado o 2021-10-21.
- ↑ "aRi[t]mar recoñece Arancha Nogueira co premio á Mellor Poesía do Ano". Nós Diario. 2023-05-15. Consultado o 2023-05-16.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Mónica V. Lopo (6 de maio de 2018). "A poesía íntima e desacougante da ourensá Arancha Nogueira". La Región (en castelán).
- "Arancha Nogueira". Vimeo.
- "Arancha Nogueira". Edicións Xerais.