Marcus Daniel Cabada
Marcus Daniel Cabada Candal, nado en Pontevedra o 25 de setembro de 1995, é un escritor galego.
![]() (2019) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1995 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Xénero artístico | Poesía, Narrativa |
![]() |
Traxectoria
editarEstudou no IES Xunqueira I de Pontevedra, onde formou parte do grupo de teatro A Esmorga, dirixido pola profesora Belén Herrero Sinovas. Despois comezou o grao en Lengua y literatura españolas na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).[1]
Comezou moi novo a publicar artigos e fábulas no Diario de Pontevedra.[2] Tamén colaborou no Faro de Vigo e MUNDIARIO.[3] Foi creador e comisario do proxecto Ut pictura poiesis, conxunción entre poesía e arte como experiencia estética no marco da Biblioteca Pública de Pontevedra que relacionou as figuras de William Blake, Alejandra Pizarnik ou O Bosco.[4] Xunto con Tamara Andrés creou e dirixiu a revista Ligeia, na que coordinou a escolma de literatura latinoamericana.
Está considerado un dos escritores máis característicos e representativos da Xeración Z.[5]
Publicacións
editarPublicacións en lingua castelá
editar- Triste escarlata (2013). Círculo Rojo. 68 páxs. ISBN 978-8490502600. Novela lírica.[6]
- Desagravio de la derrota (2015). Círculo Rojo.[7] ISBN 978-8491261599. Nove contos e un ensaio sobre os matices do fracaso.[8]
- El llano circular (2017). Ediciones Urbina. Poemas[9] con maioría de hendecasílabos e alexandrinos, nos que traballa a busca dun camiño de contradicións, utopías, batallas, soños, memorias no tempo etc.[10]
Publicacións en lingua galega
editarPresentación de Metafísica da ausencia, Pontevedra, 03/02/2019, con Tamara Andrés e Silvia Penas
Publicacións colectivas
editar- Dentes para a mazá (doce poetas en creación) (2018). Chan da Pólvora. ISBN 978-84-948565-4-9.
Recoñecementos
editar- 2013: Premio Nacional Jóvenes Promesas de las Letras, por Triste escarlata
- 2014: Premio Internacional de Novela Experimental Charlotte Sabine, por Triste escarlata
O escritor en 2016 no Museo de Pontevedra - 2020: XXXIV Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro: segundo premio por O perigo de estar exhaustos.
Notas
editar- ↑ "Marcus-Daniel Cabada". Biblioteca Virtual Fandom (en castelán). Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "Marcus Daniel Cabada". Editora Urutau. Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "Marcus Daniel Cabada. Mundiario". www.mundiario.com. Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "Evento: Ut Pictura Poiesis: William Blake. Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ noticiasgalicia.com. "El joven escritor pontevedrés Marcus Daniel Cabada (21 años) publica 'El llano circular', su tercer libro, y el primero en verso". noticiasgalicia.com (en castelán). Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "Triste escarlata". Biblioteca Virtual Fandom (en castelán). Consultado o 2019-02-02.
- ↑ ""Desagravio de la derrota", novo libro do escritor pontevedrés Marcus-Daniel Cabada". Pontevedra Viva. Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "‘Desagravio de la derrota’ / Nueve cuentos y un ensayo sobre los matices del fracaso – Noticias Editorial Circulo Rojo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-02.
- ↑ MUNDIARIO. "El poemario del pontevedrés Marcus Daniel Cabada ni es llano ni es circular". MUNDIARIO (en castelán). Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "Evento: El llano circular. Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2019-02-02.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2019-02-02). ""Teño a sensación de estar ante un novo comezo"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Metafísica da ausencia". Editora Urutau. Consultado o 2019-02-02.