Asociación Cultural O Carballo

asociación cultural galega

A Asociación Cultural e Deportiva O Carballo é unha asociación cultural fundada en Taboada en 1985.

Asociación Cultural O Carballo
Logo
Tipoasociación cultural
Data de fundación26 de novembro de 1985
SedeTaboada
PaísGalicia
Na rede
Facebook: acocarballo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Andaina e recollida de lixo organizada pola AC O Carballo.

Traxectoria editar

Foi fundada o 26 de novembro de 1985 por unha trintena de veciños e veciñas de Taboada. Desenvolveu importantes actividades, entre as que destaca a organización da primeira festa do caldo de ósos, en 1986, responsabilidade que a partir do ano seguinte asumiría o Concello. A gama de actividades que levou a cabo foi, con todo, máis variada, incluíndose palestras e conferencias de diverso tipo, festas de temática natalicia ou grupo de teatro.

Tivo a única escola de música e baile tradicionais do concello até 2009, ano en que esta pasou ao grupo de nova creación Os D'eiquí, de onde sairía, por súa vez, o grupo Os Rechouchíos en 2015.

Desde 2012, a vocación da asociación pasou a ser fundamentalmente deportiva, pondo en marcha a carreira popular "Entre pazos e carballos", que alcanzou en 2022 a súa novena edición.[1] Desde 2020, organiza tamén rutas de sendeirismo, está a acondicionar unha zona de escalada deportiva e promove outras actividades culturais, como sesións de cinema ou teatro.[2]

Desde o 2 de xullo de 2023 o seu Presidente é Fabricio Sampedro Viana.

Listado de Presidentes/as[3] editar

  • Antonio Rigueira Ramos (1985-1988)
  • Ramiro Moure Ansoar (1988-1989)
  • Hermitas Balseiro Oroso (1989-1990)
  • José Luíz Vázquez Ulloa (1990-1994)
  • Ramiro Moure Ansoar (1994-1997)
  • José Manuel Dono Pacín (1997-2001)
  • Ani Modia Ferreiro (2001-2006)
  • Xosé Antón Ledo Pan (2006-2013)
  • Fátima Valverde Ledo (2013-2019)
  • Alexandre Varela Rubín (2019-2023)
  • Fabricio Sampedro Viana (2023-actualidade)

Notas editar

  1. "Carreira popular e andaina ‘Entre Pazos e Carballos’". 21/9/2019. Consultado o 1/3/2021. 
  2. "Asociación Cultural O Carballo". Facebook da Asociación Cultural O Carballo. Consultado o 1/3/2021. 
  3. Libro de Actas da Asociación Cultural e Deportiva O Carballo