Ilustración

corrente intelectual de pensamento que se desenvolveu en Europa no século XVIII
(Redirección desde «Iluminismo»)
Parte da "Escola de Atenas", por Rafael Sanzio
Historia da
filosofía occidental
Períodos
Presocrática
Grega
Helenística
Medieval
Renacentista
Moderna
Contemporánea
Séculos
XVII
XVIII
XIX
XX

A Ilustración (en francés: Siècle des Lumières; en alemán: Aufklärung; en inglés: Enlightenment; en italiano: Illuminismo; en castelá Ilustración) foi unha corrente filosófica, político e social europea[1] que promoveu o progreso, o racionalismo e o liberalismo contra o poder real, a nobreza e o escurantismo católico. Apareceu no Reino de Francia,[2] no Reino Unido[2] e en Alemaña[2] ao final do século XVII.[1] Despois estendeuse, con pegada francesa,[1] a outras partes do Occidente durante o século XVIII,[1] chamado século das luces [2] Ao longo deste século, aínda que se mantiveron as características básicas do Antigo Réxime, o intenso impulso demográfico e económico e o estalido do pensamento ilustrado abrindo as portas a unha época de revolucións burguesas propiciadas pola Revolución Francesa e a Revolución Industrial. O nome en diferentes linguas deste movemento fai referencia á razón, identificada coa luz, o ideal e a guía dos individuos da época. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados da Europa.[3][4]

Pintura de Charles Gabriel Lemonnier que representa a lectura dunha traxedia de Voltaire, por entón no exilio, O orfo da China (1755), no salón literario de madame Geoffrin na rúa Saint-Honoré de París. Os personaxes máis notables reunidos en torno ao busto de Voltaire son Rousseau, Montesquieu, Diderot, d'Alembert, Buffon, Quesnay, Du Plessis e Condillac. Ademais, figuran Gresset, Marivaux, Marmontel, Vien, A Condamine, Raynal, Rameau, mademoiselle Clairon, Hènault, Choiseul, Bouchardon, Soufflot, Saint-Lambert, o Conde de Caylus, Felice, o barón de Aulne, Malesherbes, Maupertuis, Mairan, d'Aguesseau, Clairaut, a condesa de Houdetot, Vernet, Fontenelle, o duque de Nivernais, Crébillon, Duclos, Helvètius, Vanloo, Lekain, Lespinasse, Boccage, Réaumur, Graffigny, Jussieu e Daubenton.
Rousseau
Denis Diderot, fundador da Enciclopedia Francesa

Dado que non existe unha data de inicio do movemento que goce do consenso de estudosos e académicos, a totalidade do século XVIII adoita considerarse como a época na que se desenvolveu (a pesar de que convive con outros movementos intelectuais). O seu final, por outra banda, adoita identificarse coa chegada das guerras napoleónicas.

Portada da 'Encyclopédie (1751)

O termo "Ilustración" refírese especificamente a un movemento intelectual histórico. Aínda que existen precedentes da Ilustración en Inglaterra e Escocia de finais do século XVII, o movemento considérase de orixe francesa. Ademais, a Ilustración tamén tivo unha expresión estética, chamada neoclasicismo. Dende o Reino de Francia, onde madura, estendeuse por Europa e América e renovou especialmente as ciencias, a filosofía, a política e a sociedade. As súas contribucións foron máis discutidas no campo das artes e da literatura. Esta corrente avogaba pola razón como forma de establecer un sistema ético. A mentalidade ilustrada non presentaba actitudes uniformes, pero entre os denominadores comúns do movemento figuran elementos como naturalismo, racionalismo e humanismo.[1]

Entre 1751 e 1765 publícase a primeira Encyclopédie no Reino de Francia, de Denis Diderot e Jean Le Rond d'Alembert , que pretendía recoller o pensamento ilustrado. Querían educar á sociedade, porque unha sociedade culta que pensa por si mesma era a mellor forma de asegurar o fin do antigo réxime (o absolutismo e o fanatismo baséanse na ignorancia do pobo para dominalo.). Outros pensadores ilustrados como Montesquieu, Rousseau e Voltaire colaboraron na súa redacción.

Os líderes intelectuais deste movemento considerábanse a elite da sociedade. O seu principal propósito era conducir o mundo cara ao progreso, sacándoo do longo período de tradición, superstición, irracionalidade e tiranía (un período que crían que comezou durante a chamada Idade Escura). Os ilustrados non só comezaron unha tarefa de revisión e crítica ao antigo réxime, mentres o erosionaban, senón que tamén puxeron as bases de novos paradigmas políticos e das ciencias económicas e sociais.[1] Este movemento trouxo o marco intelectual no que se producirían varias revolucións, en particular a guerra de Independencia Americana[5] e a Revolución Francesa, así como o auxe do capitalismo e o nacemento do socialismo. Na música, estivo acompañado polo clasicismo, e nas artes plásticas, polo neoclasicismo.

Outro movemento filosófico destacado do século XVIII, moi relacionado coa Ilustración, caracterizouse por centrar o seu interese na fe e na piedade. Os seus partidarios intentaron utilizar o racionalismo como unha forma de demostrar a existencia dun ser supremo. Neste período, a fe e a piedade eran partes integrantes da exploración da filosofía natural e da ética ademais das teorías políticas do momento. Porén, destacados filósofos da Ilustración como Voltaire e Jean-Jacques Rousseau cuestionaron e criticaron a propia existencia de institucións como a Igrexa e o Estado.

O século XVIII tamén viu o continuo aumento das ideas empíricas na filosofía, ideas que se aplicaron á política económica, ao goberno e a ciencias como a física, a química e a bioloxía.

Na historia nada é casual; un acontecemento é a consecuencia inevitable doutros que o precederon. A Revolución Francesa, aínda que tivo outras causas, non sería posible sen a presenza da Ilustración que, arroxando luz sobre o escurantismo da Idade Media, época na que se impedía o libre pensamento, afastou dogmas relixiosos para explicar o mundo os seus acontecementos, para examinalos á luz da razón. Tampouco existiría a Ilustración se non fora precedida dun debilitamento do poder da Igrexa por mor da Reforma protestante, que dividiu o mundo cristián, e do humanismo, movemento filosófico que se centraba no ser humano e nas preocupacións terreais. quitando este privilexio a relixión, e rexeitando o teocentrismo.


Orixe editar

A ilustración foi un fenómeno cultural que se desenvolveu en Europa e América afectando á totalidade dos ámbitos sociais, políticas e culturais do mundo do século XVIII. Aínda que este movemento afectou a case todo o mundo, non tivo a mesma importancia nuns países que noutros, xa que algunhas nacións achegaron constantemente novas ideas, mentres que outras, limitábanse a seguir de lonxe as innovacións que se ían producindo nos outros países. Se se establece unha clasificación dos países "máis ilustrados", a orde sería: Francia, Alemaña e Inglaterra.[6][7]

Definición do termo editar

A Ilustración significa o abandono do home dunha infancia mental da que el mesmo é culpable. Infancia é a incapacidade de usar a propia razón sen a guía doutra persoa. Esta infancia é culpable cando a súa causa non é a falta de intelixencia, senón a falta de decisión ou de valor para pensar sen axuda allea. Sapere aude «Atrevete a saber!» Velaquí a divisa da Ilustración.

A Ilustración (Lumières, en francés; Enlightenment, en inglés; Illuminismo, en italiano; Aufklärung, en alemán),[8] en frase dun dos seus máis importantes representantes, D'Alembert, «discutiuno, analizou e axitou todo, desde as ciencias profanas aos fundamentos da revelación, desde a metafísica ás materias do gusto, desde a música ata a moral, desde as disputas escolásticas dos teólogos ata os obxectos do comercio, desde os dereitos dos príncipes aos dos pobos, desde a lei natural ata as leis arbitrarias das nacións, nunha palabra, desde as cuestións que máis nos incumben ás que nos interesan máis debilmente». Isto mesmo indícanos que, máis que o contido mesmo das súas doutrinas, o orixinal do movemento foi a forma de pensamento e valoración.

Segundo as interpretacións marxistas, entre cuxas opcións se atopa a de Lucien Goldmann, a Ilustración pode ser definida como «unha etapa histórica da evolución global do pensamento burgués». Como tal, inseriría a súa filiación doutrinal no Renacemento e, especialmente, nas correntes racionalistas e empiristas do século XVII (de Descartes, a Locke, pasando por Bacon, Bayle, Galileo, Grocio, Hobbes, Leibniz, Newton, Spinoza, ou os libertinos), e basea a súa posibilidade sociolóxica de desenvolvemento nas revolucións políticas neerlandesa e inglesa, no pulo da burguesía e nas transformacións económicas en xestación, apoiadas nunha conxuntura en alza, que desembocarán na Revolución Francesa.

Esquema xeral e hispánico editar

 
Retrato de corpo enteiro de Jovellanos, pintado por Francisco de Goya y Lucientes en 1798, considerado un dos máis emblemáticos personaxes da Ilustración española. Este intelectual español accedeu ao cargo de ministro e emprendeu reformas que non chegaron a consolidarse. No fondo apréciase unha estatua de Minerva, deusa da sabedoría, que parece estar "a bendicilo".

Desde Gran Bretaña, onde algúns dos trazos esenciais do movemento déronse antes que en ningún outro lugar, a Ilustración asentouse en Francia, onde a anglofilia foi difundida por Voltaire, e produciu en Francia un corpo ideolóxico, o enciclopedismo, e as súas máis difundidas personalidades (Montesquieu, Diderot, Rousseau, Buffon, etc). Agora ben, a filosofía ilustrada máis sólida foi sen dúbida a máis tardía alemá, que con Kant culminará a creación do pensamento propiamente moderno, xa moi por encima da ideoloxía enciclopedista. A Ilustración tamén deu os seus froitos propios noutras lugares europeos e americanos. En ocasións recreáronse proxectos ilustrados máis ou menos autónomamente, pero na maioría de casos vinculados ao pensamento inglés e, sobre todo no que se refire á ideoloxía enciclopedista, a Francia (así en Países Baixos, Polonia, Rusia, Suecia, a península italiana e a ibérica etc., ou nas súas colonias americanas). Desde o punto de vista sociopolítico foron froitos condicionados polo grao de desenvolvemento ideolóxico adquirido no momento do lanzamento da nova ideoloxía e polo proceso interno seguido ao longo do seu desenvolvemento. Se a Ilustración alemá foi por necesidade teórica de asimilación lenta e complexa, o ideoloxismo ilustrado foi rápido e coa superficialidade característica que o amparaba na vida mundana, da moda e os costumes.[9]

A Ilustración en España editar

En España a Ilustración coincidiu cos reinados de Fernando VI e Carlos III. Aínda que a situación en que se atopaba o país obstaculizou unha eclosión inmediata, o auxe dinámico dalgunhas das súas zonas xeográficas (especialmente Cataluña[10]) e a actuación coadxuvante do poder político facilitaron a aparición dun nutrido e valioso grupo de ilustrados (Cabarrús, Cadalso, Campomanes, Capmany, Feijoo, Floridablanca, Jovellanos etc.)[11] condicionado, con todo, polo arraigamento e a preponderancia do pensamento escolástico tradicional. A creación das Reais Academias da Lingua, da Historia, da Medicina e do Real Gabinete de Historia Natural (actual Museo Nacional de Ciencias Naturais), son reflexo dos logros da Ilustración española, que nin moito menos foi relativa ao influxo francés.[12]

A polémica acerca da existencia ou non dunha Ilustración española (polarizada nas opinións contrarias de Ortega y Gasset e Eugeni d'Ors[13]), máis o engadido dunha escasamente articulada investigación posterior durante gran parte do século XX, atendía a razóns máis políticas que científicas e tivo como consecuencia un gran atraso no recoñecemento da existencia e reconstrución dunha sólida e internacionalizada Ilustración española ou hispánica, tanto humanística como científica, empirista e cristiá, progresista pero moi escasamente política, unha tardía Ilustración universalista de gran envergadura, encabezada por Juan Andrés, creador da Historia universal das letras e as ciencias, Lorenzo Hervás e Antonio Eximeno, construtores de feito da Comparatística moderna. Trátase dunha nutrida gama de intelectuais, algúns de primeira orde (Miguel Casiri, Raimundo Diosdado Caballero, Juan Bautista Muñoz, Juan da Concepción, Pedro Franco Dávila, Antonio José Cavanilles, José Celestino Mutis, Vicente Requeno, Juan Ignacio Molina, Pedro José Márquez, Francisco Javier Clavijero, entre outros), en boa parte xesuítas españois expulsados en 1767, pero tamén americanos e filipinos. É o que se veu en chamar Escola Universalista Española do século XVIII. [14]

A Ilustración en Galiza editar

En Galiza fundáronse Sociedades Económicas de Amigos do País, coma a de Santiago (1784) ou a de Lugo (1785). Amais, creouse a Academia de Agricultura do Reino de Galiza e fundouse o Real Consulado Marítimo da Coruña, que activou o comercio atlántico.

Os ilustrados galegos promoveron a resolución de cuestións concretas, coma o estado dos camiños, a necesidade de converter o río Miño en navegábel ou o fomento do comercio de gando.

No panorama intelectual, sobresaíron personalidades beneditinas coma Benito Xerónimo Feijoo ou Martín Sarmiento. Amais, Lucas Labrada escribiu Descrición económica do reino de Galiza.

Ideas básicas editar

A ilustración presenta as seguintes ideas:

  • Empirismo: os ilustrados, en contra da obriga a aceptar as verdades en base á fe ou á autoridade de quen as proclama, contrapuxeron a experimentación para poder coñecer o mundo e conseguir o progreso. O coñecemento nace da experiencia e todo aquilo que non poida ser verificado pola mesma, como a fe ou a metafísica, non poden ser consideradas nun plano de igualdade co que nace do empírico, como a ciencia.
  • Criticismo: o ilustrado aspira a someter a crítica racional todo o coñecemento anterior, poñendo en cuestión todo o herdado por tradición ou imposto pola simple fe.
  • Desexo de Coñecemento: o ilustrado sente un enorme desexo de coñecer o mundo onde habita, de iluminalo, aínda que tamén sente a necesidade de dar a coñecer o aprendido.
  • Utopismo: Crese que a aplicación da razón a todos os aspectos da vida humana permitira unha mellora constante da sociedade e un progreso económico e cultural ilimitado.
  • Progreso e Felicidade: o ilustrado ao que aspira como obxectivo prioritario é a conseguir a felicidade neste mundo.
  • Reformismo: os ilustrados propoñen modernizar a sociedade mediante lentas reformas que sería levadas a cabo por reis e gobernos de carácter absolutista.[15]

Características editar

As características máis importantes desta corrente son:

  • Natureza: desexo de descubrir mediante a aplicación da razón e da observación as leis que rexen a natureza. Amor á natureza.
  • Razón: Fe constante no poder da razón humana, polo tanto, todo o racional era bo, mentres que o irracional era incorrecto.
  • Igualdade: Todos os homes proceden da mesma natureza, polo que todos posúen a capacidade de razoar xa que todos son iguais.
  • Progreso: crenza no progreso da sociedade humana, para mellorar as condicións de vida e acadar a felicidade.
  • Liberdade: En cuestións políticas, relixiosas, intelectuais e económicas.
  • Deísmo: É a relixión natural. Tiña o seu fundamento en que Deus e a alma non podían ser coñecidos xa que eran algo abstracto, que non se percibe cos sentidos.
  • Moral laica: É independente da relixión, xa que os homes réxense por morais, non só porque Deus manda observalas, senón porque a razón esixe o respecto dos dereitos dos demais.[16]

O pensamento partía do suposto de que o ser humano nacera para ser feliz, de que a razón humana era capaz por si soa de acadar a verdade e dos principios fundamentais da teoría de John Locke e a partir de aí os filósofos ilustrados propuñan unha nova forma de Estado que garantise a liberdade, a seguridade e a prosperidade e que, como consecuencia fose representativa e non totalmente dependente da vontade do monarca. Pero para que trunfase está postura os filósofos eran conscientes que tiña que cambiar a sociedade e estar baseada na tolerancia e a igualdade legal, pero non económica.[17][18][19]

Representantes editar

Os máximos representantes deste movemento foron: Montesquieu, que teorizou sobre a separación de poderes, Voltaire, defensor da liberdade de pensamento, e Rousseau, que expresou o principio de soberanía nacional.[20]

  • Montesquieu: Era membro da nobreza francesa e admirador do réxime parlamentario inglés, xa que consideraba a este o mellor sistema político capaz de garantir a liberdade dos homes e impedir así o abuso dos gobernantes. Pero a súa maior achega foi a teoría da separación de poderes (lexislativo, executivo e xudicial) na súa obra O espírito das leis para evitar o despotismo.
  • Voltaire: A súa filosofía era a defensa dos dereitos do home para seguir os ditados da súa razón á vez que dicía que o home debía seguir as súas ideas e opinións con respecto á relixión e a práctica da mesma. Voltaire cría no deísmo, xa que pensaba que Deus creara o Universo, pero que só lle dera o primeiro impulso, e que despois non interviñera en nada máis. Amais, promoveu a creación de parlamentos que limitasen o poder dos reis e a reforma do sistema fiscal para acabar cos privilexios.
  • Jean Jacques Rousseau: Os seus ideais partían do suposto de que os homes posúen dereitos naturais que deben ser respectados por todos, pero inclúe outro elemento como característica da natureza humana, a idea de que o estado natural era unha situación perfecta na cal todos os homes eran bos, pero que ao formarse na sociedade xorden as desigualdades e así o egoísmo. E isto ocasionou que os homes perderon os sentimentos morais concedidos pola natureza, para cambialos por unha actitude racionalista e fría que os afasta da súa bondade innata. Na súa obra O contrato social sostivo que o poder reside no pobo e que o Estado xorde coma resultado dun pacto ou contrato entre os cidadáns, concepción que inspirou o concepto de soberanía nacional[21].
  • Denis Diderot: critica a sociedade corrupta do seu tempo e é racionalista e materialista igual que Voltaire, sostén que as ciencias naturais permitirán o progreso técnico, polo que está en contra da relixión tradicional.
  • François Quesnay: Foi o cabeza dun grupo de pensadores que deron orixe ao movemento chamado fisiocracia e que desenvolveron unha teoría acerca das leis que rexen as actividades económicas. Esta teoría baséase no principio de que o desenvolvemento económico dun país está determinado polo nivel de produción agrícola e non pola riqueza metalúrxica que posúa.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Martínez Ruiz & de Pazzis Pi Corrales 2008, p. 14.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 DDAA, The Great Encyclopedia in Catalan (2004) p. 8227
  3. Kors, Alan Charles. Encyclopedia of the Enlightenment. Oxford: Oxford UP, 2003. Print.
  4. Casey, Christopher (30 de outubro de 2008). ""Grecian Grandeurs and the Rude Wasting of Old Time": Britain, the Elgin Marbles, and Post-Revolutionary Hellenism". Foundations. Volume III, Number 1. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2009. Consultado o 25 de xuño de 2009. 
  5. Kingfisher Publications 2003, p. 211.
  6. Robert R. Palmer, The Age of the Democratic Revolution (1964)
  7. Russell, Bertrand. A History of Western Philosophy. p 492–494
  8. U. Im Hof, La Europa de la Ilustración, Barcelona, Crítica, 1993, cap I.
  9. Cf. Cf. F. Sánchez-Blanco Parody, Europa y el pensamiento español del siglo XVIII, Madrid, editorial Alianza, 1991.
  10. Ocampo Suárez-Valdés, Joaquín. "Los catalanes en España y la Economía política de la Ilustración : ¿«Conquista pacífica» o Españas vencidas?". www.cervantesvirtual.com (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro do 2024. Revista de historia moderna nº 29, 2011, pp.185-204. ISSN 0212-5862 
  11. J.A. Maravall, Estudios de la historia del pensamiento español (siglo XVIII), Madrid, Mondadori, 1991.
  12. Cf. F. Sánchez-Blanco Parody, Europa y el pensamiento español del siglo XVIII, ob. cit.
  13. Cf. P. Aullón de Haro, Los géneros ensayísticos en el siglo XVIII, Madrid, Taurus, 1987.
  14. Cf. P. Aullón de Haro, La Escuela Universalista Española del siglo XVIII, ob. cit.
  15. Hooker, Richard (1996). "The European Enlightenment". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2008. Consultado o 18 de xaneiro de 2008. 
  16. Israel, J. (2001). Radical Enlightenment; Philosophy and the Making of Modernity 1650–1750. Oxford, Oxford University Press. p. 159. 
  17. Véxase Darnton, The Literary Underground, 184.
  18. Darnton, The Literary Underground, 135–147.
  19. Darnton, The Literary Underground, 13, 17.
  20. Frost, Martin (2008). "The age of Enlightenment". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 18 de xaneiro de 2008. 
  21. Fernández Bulete, Virgilio (2012). Ciencias socias historia. SM Xerme. ISBN 978-84-9854-281-3. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Becker, Carl L. The Heavenly City of the Eighteenth-Century Philosophers. (1932)
  • Bronner, Stephen. The Great Divide: The Enlightenment and its Critics
  • Burns, William. Science in the Enlightenment: An Encyclopædia (2003) 353pp
  • Chisick, Harvey. Historical Dictionary of the Enlightenment. 2005. 512 pp
  • Delon, Michel. Encyclopædia of the Enlightenment (2001) 1480pp
  • Dupre, Louis. The Enlightenment & the Intellectual Foundations of Modern Culture 2004
  • Gay, Peter. The Enlightenment: The Rise of Modern Paganism (1966, 2nd ed. 1995), 952 pp; The Enlightenment: The Science of Freedom, (1969 2nd ed. 1995)
  • Greensides F, Hyland P, Gomez O (ed.). The Enlightenment (2002)
  • Cowan, Brian, The Social Life of Coffee: The Emergence of the British Coffeehouse. New Haven: Yale University Press, 2005
  • Darnton, Robert. The Literary Underground of the Old Regime. (1982).
  • Edelstein, Dan. The Enlightenment: A Genealogy (University of Chicago Press; 2010) 209 pages
  • Golinski, Jan. "Science in the Enlightenment, Revisited," History of Science (2011) 49#2 pp 217–231
  • Goodman, Dena. The Republic of Letters: A Cultural History of the French Enlightenment. (1994).
  • Hesse, Carla. The Other Enlightenment: How French Women Became Modern. Princeton: Princeton University Press, 2001.
  • Hankins, Thomas L. Science and the Enlightenment (1985).
  • Diderot, Denis. Rameau's Nephew and First Satire.' (2008).
  • Diderot, Denis. "Letter on the Blind" in Tunstall, Kate E. Blindness and Enlightenment. An Essay. With a new translation of Diderot's Letter on the Blind (Continuum, 2011)

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar