Xerardo Álvarez Limeses

mestre e escritor galego
(Redirección desde «Gerardo Álvarez Limeses»)

Xerardo Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de decembro de 1871 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1940, foi un mestre e escritor galego.

Xerardo Álvarez Limeses
Nacemento10 de decembro de 1871
 Pontevedra
Falecemento19 de febreiro de 1940
SoterradoCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
PaiEmilio Álvarez Giménez
CónxuxeDolores Gallego Martínez
FillosXerardo Álvarez Gallego e Amalia Álvarez Gallego
IrmánsDarío Álvarez Limeses e José Álvarez Limeses
XénerosPoesía
EstudosDereito
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Darío Álvarez Limeses, cursou o Bacharelato en Pontevedra e participou canda a Víctor Said Armesto na fundación do ateneo Los Amigos del Progreso, no que comezou a súa faceta de escritor. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e a de Maxisterio en Madrid, dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario. Foi secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, e en 1904 comezou a traballar como inspector de Primeira Ensinanza de Cádiz. Foi Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo. Foi inspector xefe de Primeira Ensinanza de Ourense e en febreiro de 1914 foi nomeado para o mesmo cargo na provincia de Pontevedra,[1] posto do que dimitiu en marzo de 1933.[2] Volveu ser nomeado de inspector xefe de Pontevedra en marzo de 1934,[3] continuando como tal despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, sendo cesando no cargo polo seu estado de saúde en xuño de 1938.[4]

Foi académico correspondente da Real Academia Galega, pertenceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos (onde presentou un estudo sobre o padre Sarmiento) e cofundador e vicedirector do Museo Provincial de Pontevedra, do que se fixo cargo tras o falecemento de Casto Sampedro. Foi redactor das revistas El Iris Literario e Extracto de Literatura e despois fundou Galicia Moderna. Dirixiu El Perdigón en Palencia e El Maestro Gallego, Galicia Ilustrada (da que só apareceu o número 0) e Mi Tierra en Ourense. Colaborou con El Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Correspondencia Gallega.

Obra editar

En castelán editar

 
Arriba de esq. a der.: Darío Álvarez Limeses, Emilio Álvarez Giménez e Xerardo Álvarez Limeses. Abaixo de e. a d.: María Álvarez Limeses (muller de Celso García de la Riega), Carmen Álvarez Limeses (muller de José Buela), Amalia Limeses Iglesias (muller de Emilio), o neno Xosé Álvarez Limeses e María Gallego Martínez (muller de Xerardo).

En galego editar

Galardóns editar

 
Membros do SEG en 1928: De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián García Paz, Luís Pintos Fonseca, Antón Fraguas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Isidro Parga Pondal, Abelardo Moralejo Laso, Xesús Carro García, Salvador Cabeza de León, Joaquín Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Juan Novás Guillán.

Entre 1900 e 1920 participou en certames e Xogos Florais nos que obtivo varios premios:

  • Premio de honra no Certame Pedagóxico de Santiago de Compostela de 1905 por "Canto a la mujer gallega como madre y como maestra"
  • Mención honorífica en Compostela o 23 de xullo de 1912 por "La mujer gallega" (tríptico de sonetos)
  • Dous accésits en Pontevedra o 18 de setembro de 1912 en Poema con liberdade de asunto e metro; premio en romance de menos de cen versos; accésit en soneto en versos alexandrinos
  • Premio en Lugo o 5 de outubro de 1915 por poesía en oitavas reais sobre Viveiro
  • Premio en Tui en 1925 -milenario de San Paio- por "Canto a Galicia" (en galego) e "Oda a Tuy".
  • Premio en Vigo en 1929 por "Canto a la mujer gallega".

Recoñecementos editar

Na súa honra leva o seu nome o CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.[7]

Vida persoal editar

Casou con Dolores Gallego Martínez, e foi o pai de Gerardo, Emilio, Enriqueta e Amalia Álvarez Gallego, que casou con Alexandre Bóveda.

Notas editar

  1. El Noticiero Gallego, 11-2-1914, p. 2.
  2. El Compostelano, 10-3-1933, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 13-3-1934, p. 3.
  4. El Compostelano, 6-6-1938, p. 2.
  5. Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos.
  6. "Antre dous séculos". Galaxia.gal. 
  7. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalvarezlimeses/

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Casto Sampedro Folgar
  
Director do Museo de Pontevedra
 
1937-1940 (interino)
Sucesor:
Xosé Filgueira Valverde