Alanis Morissette

música canadense

Alanis Nadine Morissette, nada en Otava o 1 de xuño de 1974, é unha cantautora, actriz e produtora canadense, nacionalizada estadounidense.

Alanis Nadine Morissette
Alanis Morissette.
Nome completoAlanis Nadine Morissette
Data nacemento1 de xuño de 1974 (49 anos)
Nado enOtava, Ontario, Canadá
CónxuxeSouleye
IrmánsWade Imre Morissette
Ocupacióncantante
Xénerorock
Tipo de vozmezzosoprano
Tempo en activo1987 - presente
Na rede
https://alanis.com/
IMDB: nm0001551 Allocine: 37011 Allmovie: p270229 TV.com: people/alanis-morissette
Facebook: alanismorissette Twitter: Alanis Instagram: alanis Tumblr: alanismorissette MySpace: alanismorissette Youtube: UCrTC0tOY5aujQFYDRf65xiw Souncloud: alanismorissette Spotify: 6ogn9necmbUdCppmNnGOdi iTunes: 1092859 Last fm: Alanis+Morissette Musicbrainz: 4bdcee62-4902-4773-8cd1-e252e2e31225 Songkick: 330539 Discogs: 102789 Allmusic: mn0000932665 WikiTree: Morissette-86 Deezer: 177 Genius: Alanis-morissette Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ten voz de mezzosoprano. É unha das artistas de maiores vendas na historia, debido en gran parte a Jagged Little Pill, o álbum debut máis vendido da historia, o primeiro máis vendido por parte dunha artista femenina, e o sétimo máis vendido de todos os tempos.[1][2] Sumando a súa discografía, superou os 65 millóns de copias vendidas en todo o mundo.[3]

Recibiu sete Premios Grammy, incluíndo o Álbum do ano en 1996, e doce premios Juno. En 2002 a ONU outorgoulle o "Global Tolerance Award" pola súa "grande labor en promover a tolerancia".[4]

Traxectoria editar

Alanis Morissette naceo o 1 de xuño de 1974 eno hospital Riverside en Otava.[5][6] É filla de dous profesores dunha escola militar: Alan Morissette, de orixe franca-canadense, e Georgia Feverstein, de orixe húngara-alemá. Ten dous irmáns, o seu xemelgo Wade Morissette que tamén é músico, e o seu irmán maior Chad Morissette que é empresario.[7].

De nena gustáballe o ballet e a música, e con 6 anos comezou a recibir clases de piano. Con 11 anos participou nunha emisión de televisión para nenos chamada You can't do that on television, de Nickelodeon. Ese mesmo ano escribiu a súa primeira canción, posteriormente lanzada como sinxelo: "Fate stay with me", producida cos cartos gañados no programa de TV.[8]

En 1991 editouse o seu primeiro disco, Alanis, e en 1992 editouse Now is the Time, pero o éxito chegoulle en 1995.

Jagged Little Pill (1995) editar

Artigo principal: Jagged little pill.

Morissette debutou mundialmente en 1995 con Jagged little pill ("pequena pílula áceda"). Deste primeiro traballo, con bases de rock post-grunge, guitarras distorsionadas, baterías de rap e programacións, tirouse o primeiro sinxelo: "You oughta know".

Se ben con este single agardábanse unhas vendas de apenas 250.000 copias, "You oughta know" comezouse a escoitar nas radios e discotecas dos EUA e superou os 20 millóns de copias, o cal levou a que a MTV comezara a pasar o videoclip da canción con moita frecuencia[9]. Posteriormente editáronse "All I really want" e "Hand in my pocket", e máis tarde o seu maior éxito: "Ironic". A expresividade da súa música espertou eloxios por unha parte da crítica e deu lugar a un movemento de seguidores repartidos por varios países.

Obtivo varios premios, entre eles 4 Grammys: Álbum do ano, Mellor álbum de rock, Mellor vocalista feminina de rock e Mellor canción de rock. Ademais logrou tres premios Billboard, así como discos de platino en varios países, e o disco de diamante (10 000 000 de copias) nos EUA.

Cos lanzamentos do quinto e sexto sinxelos, "You learn" e "Head over feet", Jagged little pill logrou manterse dentro dos primeiros 10 postos do Top 200 da Billboard durante máis dun ano.

Morissette realizou unha xira mundial con máis de 300 concertos, logrando situar o Jagged little pill como o 12.° disco máis vendido da historia e o segundo máis vendido por parte dunha artista femenina, superado por Come on Over de Shania Twain.

O éxito de Morissette é considerado como o disparador do crecemento de moitas artistas femininas, como Tracy Bonham, Meredith Brooks, Patti Rothberg, Avril Lavigne ou Pink.[10]

Ao rematar a xira viaxou á India, onde visitou o hospital de Tareixa de Calcuta. Nesa viaxe obtivo a inspiración necesaria para a gravación do seguinte disco[11]. Ao seu regreso colaborou nos novos discos de Dave Matthews Band e Ringo Starr, participou no festival pola liberación do Tíbet e formou parte da BSO da película City of Angels, coa canción "Uninvited", que lle levou a gañar dous novos premios Grammy.

Supposed Former Infatuation Junkie (1998) editar

En novembro de 1998 saíu do prelo o seu cuarto disco, Supposed former infatuation junkie. Presentaba un estilo rockeiro, post-grunge e máis introspectivo, servíndose nas novas composicións de arranxos orquestrais, bases electrónicas, pianos e sintetizadores, amosando unha inclinación por sons folk e orientais. Neste disco, ademais da harmónica, Morissette tocou o piano e a frauta.

Algúns dos seus sinxelos acadaron novamente os primeiros postos das listas de éxitos, como "Thank U" e "So pure". Outros sinxelos editados foron "Unsent" e "Joining you". Se ben non logrou o éxito do seu predecesor, o disco vendeu uns 9 millóns de copias arredor do mundo.

Durante 1999 Morissette estivo de xira, e dedicou tamén parte do seu tempo a participar na película Dogma, interpretando a Deus, e colaborando na BSO coa canción "Still". Tamén colaborou no proxecto The Prayer Cycle, de Jonathan Elias[12].

Alanis Unplugged (1999) editar

A finais de 1999 produciu un disco acústico, Alanis unplugged, presentando un percorrido íntimo por toda a súa produción. Incluía cancións novas como "No pressure over cappuccino" e a versión de The Police "King of pain", no concerto realizado na Academia de Música de Nova York.

Under Rug Swept (2002) editar

En 2002 editouse Under Rug Swept, composto e producido totalmente por Morissette, sen a habitual colaboración de Glen Ballard, quen producira os seus primeiros dous discos.

Incluía once cancións, escollidas por ela mesma entre os 30 temas que compuxera, dos cales chegara a gravar 25. Editáronse os singles "Hands clean", "Precious illusions", "Flich" e "Surrendering". Contou coas colaboracións de Flea (Red Hot Chilli Peppers), Dean DeLeo (Stone Temple Pilots) e Eric Avery (Jane's Addiction). Me'shell Ndegeocello participou tamén tocando o baixo en "You owe me nothing in return" e "So unsexy".

Feast on Scraps (2002) editar

En decembro de 2002 editouse o documental Feast on scraps, nunha edición especial dupla cun CD con cancións inéditas e un DVD con imaxes exclusivas da xira.

O primeiro CD incluía cancións gravadas para Under rug swept como "Purgatorying", "Simple together" e "Sister blister", e unha versión acústica de "Hands clean". O segundo CD contiña extractos da xira de Under rug swept, con imaxes dos concertos e os backstages. O álbum obtivo o premio Juno de DVD do ano.

So-Called Chaos (2004) editar

En 2004 editouse So-called chaos, con 10 cancións con letras menos contestatarias e máis poéticas que anos atrás, se ben con momentos de rock ao máis puro estilo Morissette.

Tamén contén unha certa faceta experimental, desenvolvendo desde melodías dance até influencias da música hindú. Editáronse os sinxelos "Everything", "Out is through" e "Eight easy steps". Debutou no número 1 do Billboard 200 chart, e "Everything" acadou os primeiros postos do Adult Top 40. Posteriormente unha remestura de "Eight easy steps" acadou o top ten do Hot dance music/club play chart.

Nese mesmo ano Morissette colaborou coa banda sonora da película De-Lovely, coa canción "Let's do it, let's fall in Love".

Jagged Little Pill Acoustic (2005) editar

Para conmemorar o décimo aniversario do lanzamento de Jagged little pill, Morissette levou a cabo unha serie de concertos acústicos reinterpretando os do disco.

Coa base do material recolectado nos mesmos lanzouse Jagged little pill acoustic a principios de 2005, recreando o conxunto de cancións do orixinal en formato acústico, editándose o sinxelo "Hand in my pocket".

Para promocionalo, Morissette realizou a xira por teatros pequenos, coa intención de manter a intimidade e mística do acústico.

Ese mesmo ano ingresou no Walk of fame do Canadá e compuxo "Wunderkind" para a BSO da película de Disney The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe, coa que obtivo unha candidatura aos Globos de Ouro na categoría de Mellor canción.

The Collection (2005) editar

En novembro de 2005 lanzouse The collection, un recompilatorio de grandes éxitos con algún tema novo. O disco foi promocionado co vídeo da canción "Crazy", versión do éxito que fixera famoso Seal a principios dos anos 90. A canción formou parte da BSO de The devil wears Prada.

O álbum inclúe unha selección das súas cancións máis recoñecidas, como "Ironic", "You oughta know" ou "Hand in my pocket", así como temas pertencentes a BSO como "Uninvited" (City of Angels), "Still" (Dogma) e "Let's do it, let's fall in Love" (De-Lovely). Tamén inclúe parcialmente un videoclip inédito, da canción "Joining you", do Supposed former infatuation junkie, que non fora editado con anterioridade.

Flavors of Entanglement (2008) editar

Artigo principal: Flavors of entanglement.

En setembro de 2007 Morissette declarou que tiña escritas 25 novas cancións, das que seleccionaría 11 para incluílas en Flavors of Entanglement.

O disco lanzouse ao mercado a mediados de 2008 en dúas edicións: a estándar, con once cancións, e a de luxo, cun CD adicional con cinco temas máis. O primeiro sinxelo do disco foi "Underneath", e o segundo foi "In praise of the vulnerable man" en Europa, e "Not as we" (do que fixo un videoclip) nos EUA.

O disco foi premiado co Premio Juno ao Mellor Álbum Pop no 2009.

Vida privada editar

Entre 1991 E 1992 Morissette mantivo unha relación sentimental co actor Dave Coulier. En 1996 foi parella do cantante Ryan Adams, co que escribiu a canción "1974". En 1998 Morissette comezou unha relación con Dash Mihok, quen aparece con ela no videoclip da canción "So pure". Esta relación terminou antes de empezar a xira de veráno en 2001.

En 2002 Morissette comezou a súa elación máis duradeira, co actor Ryan Reynolds. En xuño de 2004, Morissette e Reynolds anunciaron o seu compromiso, pero en febreiro de 2007 dito compromiso foi roto.

En febreiro de 2005 Morissette obtivo a nacionalidade estadounidense, mantendo ao tempo a canadense.

Discografía editar

 
Alanis Morissette interpretando os himnos durante un partido dos Ottawa Senators nos play-offs da NHL de 2007.

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Alanis 1991 MCA Records
Now is the Time 1992 MCA Records
Jagged Little Pill 1995 Maverick Records
Supposed Former Infatuation Junkie 1998 Maverick Records
Under Rug Swept 2002 Maverick Records
So-Called Chaos 2004 Maverick Records
Flavors of Entanglement 2008 Maverick Records
Havoc and Bright Lights 2012 Collective Sounds
Such Pretty Forks in the Road 2020 Epiphany, Thirty Tigers
The Storm Before the Calm 2022 RCA

Filmografía editar

  • You can't do that on television (1986) (TV)
  • Just one of the girls (1993)
  • Malhação (1996)
  • Southpark (1998) (TV)
  • Dogma (1999)
  • The vagina monologues (1999)
  • Sex and the city (1999) (TV)
  • Class dismissed (2001)
  • Curb your enthusiasm (2002) (TV)
  • The exonerated (2003) (TV)
  • Celebridade (2003) (TV)
  • De-Lovely (2004)
  • Fuck (2005)
  • Degrassi: The next generation (2005) (TV)
  • Nip tuck (2006) (TV)
  • Head-case (2007)
  • 14 Women (2007)
  • Rosie Live (2008)
  • Weeds (2009)
  • Radio Free Albemuth (2010)
  • Up All Night (2012) (TV)
  • As Cool As I Am (2013)
  • The Price of Desire (2014)

Notas editar

  1. "10 Years On" Arquivado 30 de xuño de 2008 en Wayback Machine. www.billboard.com
  2. "Alltime album chart" www.mediatraffic.de
  3. Biografía de Alanis Morissette IMDB
  4. "Alanis Morissette" Arquivado 03 de agosto de 2008 en Wayback Machine. www.canadaswalkoffame.com
  5. Cantin, Paul (December 29, 2015). Alanis Morissette: A Biography. ISBN 9781250109170.
  6. "The International Newsweekly Of Music., Video And Home Entertainment". 116 (15). April 19, 2003: 42.
  7. "Alanis Morissette Biography" www.filmreference.com
  8. "People in the News" www.transcripts.cnn.com
  9. "Great Publishing Story" Arquivado 15 de xuño de 2009 en Wayback Machine. www.songwriteruniverse.com
  10. "What a Pill" www.cbc.ca
  11. "Morissette, Alanis" Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine. www.canadianencyclopedia.ca
  12. "The Prayer Cycle" http://www.amazon.com

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar