Cyndi Lauper

cantante estadounidense

Cynthia Ann Stephanie Lauper, coñecida como Cyndi Lauper, nada en Brooklyn (Nova York) o 22 de xuño de 1953, é unha cantante, actriz, compositora e produtora estadounidense moi popular na década dos 80. Vendeu máis de 60 millóns de copias dos seus álbums en todo o mundo e foi a primeira cantante feminina en colocar 4 singles dun mesmo traballo no top 5 do Billboard americano.

Infotaula de personaCyndi Lauper

(2022) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Cynthia Lauper
(en) Cyndi Lauper Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Cynthia Ann Stephanie Lauper Editar o valor em Wikidata
22 de xuño de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónJohnson State College (en) Traducir
Richmond Hill High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz de televisión , compositora , actriz de teatro , actriz de dobraxe , artista discográfico , cantautora , cantante , actriz , actriz de cinema , manager (luta profissional) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorIHOP (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock, new wave, pop rock, Dance-rock (pt) Traducir, adult contemporary (pt) Traducir, pop dance, Blues e Música country Editar o valor em Wikidata
ProfesoresDavid Schnaufer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra acústica (pt) Traducir, Salterio dos Apalaches e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEpic Records
Portrait
Downtown Records (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeDavid Thornton (pt) Traducir (1991–) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webcyndilauper.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0490980 Allocine: 32866 Rottentomatoes: celebrity/cyndi_lauper Allmovie: p98866 TCM: 109411 Metacritic: person/cyndi-lauper TV.com: people/cyndi-lauper IBDB: 391830
Facebook: cyndilauper Twitter: cyndilauper Instagram: cyndilauper MySpace: cyndilauper Youtube: UC8vzbjthwDMK8dAHEte6eMQ TikTok: cyndilauper Souncloud: cyndi-lauper-official Spotify: 2BTZIqw0ntH9MvilQ3ewNY iTunes: 59291142 Last fm: Cyndi+Lauper Musicbrainz: 7bd9e20e-74b9-446a-a2ed-a223f82a36e7 Songkick: 362622 Discogs: 29718 Allmusic: mn0000122754 WikiTree: Lauper-2 Deezer: 2025 Genius: Cyndi-lauper Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira artística coma cantante de diversas bandas pero posteriormente decidiu emprender unha carreira en solitario. Así, en 1983 lanzou o seu primeiro álbum titulado She's So Unusual, do que vendeu só nos Estados Unidos máis de 4,5 millóns de copias conseguindo asemade colocar catro dos temas deste traballo no top 5 do Billboard americano: Girls Just Want to Have Fun, Time After Time, She Bop e All Through The Night. Nesta mesma época foi contratada para interpretar o tema principal da película The Goonies (1985), producida por Steven Spielberg.

En 1986 publicou o seu segundo traballo, True Colors, co que obtivo un nomeamento aos Grammy polo tema que dá nome ao disco. O seu terceiro álbum, A Night To Remember (1989), incluía o tema I Drove All Night, polo que acadou outro nomeamento aos premios Grammy dese ano, e que posteriormente sería versionado por Roy Orbison e Céline Dion

En 1990 participou no concerto The Wall in Berlin, celebrado a raíz da caída do muro. Tamén tomou parte nunha homenaxe realizada a John Lennon en Londres por petición da súa viúva, Yoko Ono. No ano 1993 publica o álbum Hat Full of Stars, que sería o máis aclamado pola crítica. En 1994, edita un recompilatorio de éxitos, "Twelve deadly cyns... and then some", no que o tema Hey now é unha versión reggae do seu éxito Girls just wanna have fun.

Posteriormente editaría outros traballos coma Sisters of Avalon (1996), composto integramente por ela; Merry Christmas... have a nive life (1997), un traballo natalicio con cancións tradicionais e temas novos; Shine (2001), que só se editou no Xapón; At last (2004), unha homenaxe aos grandes da música americana; The Body Acoustic (2005), no que reinventa os seus temas máis coñecidos xunto a outros artistas; e Bring Ya To The Brink (2008), con doce temas de baile inéditos, Memphis Blues(2010) con música do xénero blues.

Traballos editar

Discografía editar

DVD editar

Filmes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar