Janis Joplin
Janis Lyn Joplin, nada en Port Arthur (Texas) o 19 de xaneiro de 1943 e finada nos Ánxeles (California) o 4 de outubro de 1970, foi unha cantante estadounidense.
Janis Joplin | |
---|---|
Janis Joplin no 1970 | |
Nome completo | Janis Lyn Joplin |
Alias | Pearl, Bruxa Cósmica, Dama branca do blues |
Data nacemento | 19 de xaneiro de 1943 Port Arthur ![]() ![]() |
Nado en | Port Arthur |
Falecemento | 4 de outubro de 1970 (27 anos) Os Ánxeles ![]() |
Hollywood | |
Causa | Intoxicação por opioides |
Soterrada | Océano Pacífico e sepultamento no mar |
Ocupación | Cantante, compositora |
Xénero | Blues / Rock/ rock psicodélico/ Hard rock |
Instrumento(s) | Voz, guitarra |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia |
Relacionado con | |
Tempo en activo | 1963 - 1970 |
Na rede | |
http://www.janisjoplin.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Cantante de coro dende nena, comezou a súa carreira musical na Universidade de Texas, onde colaborou cunha banda chamada 'Waller Creek Boys', na que se mesturaba o blues co rock. As súas influencias polo blues viñeron da man de Leadbelly e Bessie Smith, as cales transmitiu ó seu propio rock, xunto coa influencia de Otis Redding.
En 1963 marchou a San Francisco, onde cantaba en locais nocturnos. Alí afeccionouse ás anfetaminas e os seus amigos devolverona á súa casa dous anos máis tarde. En 1966 regresou a San Francisco e uniuse á banda Big Brother And The Holding Company. Fixéronse moi coñecidos na cidade. O prestixio de Janis Joplin creceu, e chegaron a tocar no Monterrey Pop Festival, o que lles valeu que unha importante discográfica se fixara neles e lles propuxera publicar un disco. Pronto sacaron á luz o segundo traballo da banda, que se converteu nun grande éxito: "Cheap Thrills".
En 1968 Janis abandonou o grupo por discrepancias co resto dos membros. O éxito non lles sentou demasiado ben. En 1969, a cantante deu un paso adiante creando un grupo chamado Janis and the Joplianaires, xunto ao Big Brother Sam Andrew e outros músicos. Posteriormente cambiarían o nome da banda polo de Kozmic Blues Band.
Coa Kozmic Blues Band gravou un novo álbum: I Got Dem Ol'Kozmic Blues Again, Mama!, o cal foi recibido con frialdade polo público. Ademais, os concertos en directo eran un desastre. A pesar de que no disco se notaba o mal estado de Janis, vítima do seu consumo desmedido de alcohol, o disco tiña algunha boa interpretación da vocalista.
A súa fama foise deteriorando pouco a pouco, mentres que a súa adicción á heroína aumentaba. Morreu por mor dunha sobredose de dita droga. A título póstumo publicouse o último disco no que traballaba, Pearl, que contaba con colaboracións de Kris Kristofferson e de Bobby McGee, ademais dunha renovada Kozmic Blues Band.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Janis Joplin |