Jagged Little Pill
Jagged Little Pill é o terceiro álbum da vocalista canadense Alanis Morissette, editado o 13 de xuño de 1995. O álbum marcou un cambio no estilo e no xénero para Morissette, que tiña un son máis dance pop nos seus anteriores traballos. Este traballo foi o álbum que deu a coñecer Morissette en todo o mundo, e contén os exitosos sinxelos "You Oughta Know", "Ironic", "You Learn", "Hand in My Pocket", "Head over Feet" e "All I Really Want".
Jagged Little Pill | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Alanis Morissette | ||||
Publicado | 13 de xuño de 1995 | |||
Gravación | 1994 - 1995 | |||
Estudio(s) | Westlake Recording Studios e Signet Sound, Hollywood | |||
Duración | 49:11 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, post-grunge | |||
Selo(s) | Maverick, Reprise | |||
Producido por | Glen Ballard | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
O álbum estivo 12 semanas (non consecutivas) no número 1 da lista estadounidense Billboard 200. No ano 2009 levaba vendidas ao redor de 33 millóns de copias en todo o mundo.
Listaxe de cancións editar
- "All I Really Want" – 4:44
- "You Oughta Know" – 4:09
- "Perfect" – 3:07
- "Hand in My Pocket" – 3:41
- "Right Through You" – 2:55
- "Forgiven" – 5:00
- "You Learn" – 3:59
- "Head over Feet" – 4:27
- "Mary Jane" – 4:40
- "Ironic" – 3:49
- "Not the Doctor" – 3:47
- "Wake Up" – 4:53