Tracy Chapman, nada en Cleveland (Ohio) o 30 de marzo de 1964, é unha cantante de música folk rock estadounidense, vencedora por diversas veces do Grammy, tornada mundialmente famosa pola súas cancións "Baby Can I Hold You" e "Fast Car".

Infotaula de personaTracy Chapman

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Tufts Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical e artes escénicas Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantautora , compositora , guitarrista , artista urbana , cantante , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo, American folk music (en) Traducir, Blues, Soul, música pop e folk rock Editar o valor em Wikidata
LinguaInglés estadounidense Editar o valor em Wikidata
TesituraContralto Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoElektra Records
Atlantic Records
Fast Folk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
5 de xullo de 2006Montreux Jazz Festival 2006 (en) Traducir (Miles Davis Hall (en) Traducir)
16 de xullo de 1992Montreux Jazz Festival 1992 (en) Traducir (Montreux Casino (en) Traducir)
4 de xullo de 1988Montreux Jazz Festival 1988 (en) Traducir (Montreux Casino (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1102495 Allocine: 37889 TV.com: people/tracy-chapman
Facebook: tracychapmanonline Instagram: tracychapmanonline MySpace: tracychapmanfolk Youtube: UC-rX_f6vueiRY0E75gBNQ0g Souncloud: tracychapmanofficial Spotify: 7oPgCQqMMXEXrNau5vxYZP iTunes: 5796121 Last fm: Tracy+Chapman Musicbrainz: 1129817c-488a-4096-80c1-77fc1b107c93 Songkick: 359872 Discogs: 161091 Allmusic: mn0000016281 WikiTree: Chapman-6106 Deezer: 971 Genius: Tracy-chapman Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tracy Chapman toca a guitarra e escribe cancións desde nena. Ingresou no programa A Better Chance, o que lle permitiu frecuentar a Wooster School, en Connecticut e posteriormente a Universidade Tufts, en Medford (Massachussets). En maio de 2004, esta Universidade concedeulle o título de doutora honoris causa en Belas artes, pola súa contribución como unha artista socialmente comprometida e polas súas realizacións artísticas.

Aínda estando na facultade, Chapman comezou a presentarse nas rúas, tocando o seu contrabaixo en cafés de Cambridge, Massachussets. Mentres esperaba a súa graduación académica, asinou contrato coa SBK Records, en 1988, lanzando o seu primeiro álbum, titulado Tracy Chapman -que foi logo aclamado pola crítica-, e comezou a realizar xiras e conquistar o público. Após a súa aparición nun programa de TV, en homenaxe aos setenta anos de Nelson Mandela, en xuño, a canción "Fast Car" alcanzou o cume das listas de éxitos nos Estados Unidos, ficando entre as 10 máis executadas da lista da Billboard Hot 100, con outras cancións na lista como "Baby Can I Hold You".

O disco vendeuse ben, alcanzando varios certificados de venda da RIAA (discos de platino), e facéndoa conseguir no ano seguinte (1989) catro Grammy Awards, inclusive a de mellor artista revelación.

Chapman tornouse, despois disto, unha artista ligada a Amnistia Internacional, participando da xira "Human Rights Now!". Segundo algunhas fontes, Chapman converteuse nunha das máis influentes artistas no medio universitario norteamericano dos anos 80.

O seu álbum seguinte, Crossroads (1989), non tivo o mesmo éxito comercial. En 1992, cando lanzou o seu traballo seguinte - Matters of the Heart - o seu público quedaba restrinxido a fans dedicados. A pesar de todos acreditaren que a súa carreira xa estaba conxelada, sorprendeu os analistas en 1995, con New Beginning, que vendeu máis de 3 millóns de copias apenas nos EUA, e rendeulle un Grammy, en 1997, de mellor canción de rock.

En 2000, Telling Stories foi un álbum con músicas máis envorcadas cara ao rock que cara ao estilo pop, que até entón practicara. A canción que dá título ao disco foi bastante executada nas radios europeas, e nalgúns segmentos norteamericanos.

O sexto álbum foi Let It Rain, de 2002, que Chapman divulgou en xira pola Europa e EUA en 2003.

Where You Live, sétimo álbum da cantante, foi lanzado en setembro de 2005. Con este traballo realizou xiras polos EUA e Europa.

Discografía editar

Tracy Chapman (1988)

  • "Fast Car" (US #6, UK #5)
  • "Talkin' 'Bout A Revolution" (US #75, UK #85)
  • "Baby, Can I Hold You?" (US #48, UK #94)

Crossroads (1989)

  • "Crossroads" (US #90, UK #61)
  • "Subcity"
  • "All That You Have Is Your Soul"

Matters of the Heart (1992)

  • "Bang Bang Bang"
  • "Dreaming On A World"

New Beginning (1995)

  • "Give Me One Reason" (US #3)
  • "New Beginning"
  • "Smoke and Ashes"
  • "The Promise"

Telling Stories (2000)

  • "Telling Stories"

Collection (2001)

Let It Rain (2002)

  • "You're The One"
  • "Another Sun"

Where You Live (2005)

  • "Change"
  • "America"

Outros traballos editar

Duetos:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar