Kate Bush

Catherine Bush, nada en Bexleyheath o 30 de xullo de 1958,[1][2] é unha cantante, bailarina, compositora e produtora musical inglesa. En 1978, con dezanove anos, acadou o número un da UK Singles Chart durante catro semanas co seu primeiro sinxelo "Wuthering Heights", o que a converteu na primeira artista feminina que obtivo un número un no Reino Unido cunha canción composta por ela mesma.[3] Dende entón publicou vinte e cinco sinxelos que entraron no Top 40, incluídos os Top 10 "The Man with the Child in His Eyes", "Babooshka", "Running Up That Hill", "Don't Give Up" (dúo con Peter Gabriel) e "King of the Mountain". Os seus dez álbums de estudio estiveron entre os dez máis vendidos do Reino Unido, incluídos os números un Never for Ever (1980), Hounds of Love (1985) e a compilación The Whole Story (1986). Foi a primeira solista británica que liderou a lista de vendas británica de álbums e a primeira artista feminina que tivo un álbum no número un.[4]

Kate Bush
Kate Bush at 1986 Comic Relief (cropped).png
Nome completoCatherine Bush
Nacemento30 de xullo de 1958
 Bexleyheath e Welling
NacionalidadeReino Unido
Ocupacióncantautora, música, produción musical, mimo, artista discográfico e actriz de cinema
IrmánsJohn Carder Bush e Paddy Bush
Coñecida porWuthering Heights e Running Up That Hill
PremiosComandante da Orde do Imperio Británico e Orde do Imperio Británico
editar datos en Wikidata ]

Bush comezou a escribir cancións aos once anos. Foi contratada por EMI Records despois de que o guitarrista de Pink Floyd David Gilmour axudase a producir unha maqueta. O seu álbum de debut, The Kick Inside, publicouse en 1978. Bush foi gañando independencia artística na produción dos seus discos e produciunos todos dende The Dreaming (1982). Tomouse un descanso entre o sétimo e o oitavo, The Red Shoes (1993) e Aerial (2005). Volveu conseguir atención en 2014 co seu concerto Before the Dawn, primeiro espectáculo dende The Tour of Life de 1979.

O estilo ecléctico e experimental de Bush, as súas letras pouco convencionais e os seus temas literarios influíron a un amplo rango de artistas. Foi candidata a trece premios da British Phonographic Industry,[5] gañando o de mellor artista británica en 1987,[6] e foi candidata a tres premios Grammy. En 2002 foi recoñecida cun premio Ivor Novello pola súa contribución á música británica. En outubro de 2017 foi seleccionada para a súa inclusión no Rock and Roll Hall of Fame en 2018.[7] Bush foi nomeada Comandante da Orde do Imperio Británico (CBE) en 2013 polos seus servizos á música.[8]

DiscografíaEditar

NotasEditar

  1. Eder, Bruce. "Kate Bush biography". AllMusic. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016. 
  2. Cunningham, John M. (22 de setembro de 2014). "Kate Bush". Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2015. Consultado o 17 May 2016. 
  3. Thomson, Graeme (13 de maio de 2010). "Kate Bush's only tour: pop concert or disappearing act?". The Guardian (Londres). 
  4. "Kate Bush – Never For Ever". Official Charts Company. 
  5. "Kate Bush – Brits Profile". Brit Awards. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  6. "The BRITs 1987". Brit Awards. Consultado o 11 de abril de 2015. 
  7. France, Lisa Respers (5 de outubro de 2017). "Rock and Roll Hall of Fame 2018 nominees announced" (Nota de prensa). CNN. Consultado o 6 de outubro de 2017. 
  8. "BBC News – New Year Honours 2013: At a glance". BBC Online. 29 de decembro de 2012. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar