Xoán III Sobieski

(Redirección desde «Xoán III de Polonia»)

Xoán III Sobieski (en polaco Jan III Sobieski), nado en Olesko o 17 de agosto de 1629 e finado en Wilanów o 17 de xuño de 1696, foi un dos máis importantes reis da chamada Mancomunidade polaco-lituana, rei de Polonia e Gran Duque de Lituania dende 1674 ata a súa morte.

Infotaula de personaXoán III Sobieski

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pl) Jan III Sobieski Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1629 Editar o valor em Wikidata
Olesko (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xuño de 1696 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Palácio Wilanów (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSt. Leonard's Crypt (en) Traducir
Church of the transfiguration of Jesus Christ in Warsaw (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Q66200803 Traducir
1678 – 1696
Rei de Polonia
21 de maio de 1674 – 17 de xuño de 1696 (finado no cargo)
← Michal Korybut Wisniowiecki (pt) TraducirAugusto II el Fuerte →
Q66200937 Traducir
1673 – 1696
Q64769510 Traducir
1669 – 1672
Great crown hetman (en) Traducir
5 de febreiro de 1668 – 21 de maio de 1674 (promotion (en) Traducir)
← Stanisław Potocki (en) TraducirDymitr Jerzy Wiśniowiecki (en) Traducir →
Field crown hetman (en) Traducir
30 de abril de 1666 – 5 de febreiro de 1668 (promotion (en) Traducir)
← Stefan Czarniecki (en) TraducirDymitr Jerzy Wiśniowiecki (en) Traducir →
Marshal of the Crown (en) Traducir
8 de xaneiro de 1665 – 21 de maio de 1674 (promotion (en) Traducir)
← Jerzy Sebastian Lubomirski (pt) TraducirStanisław Herakliusz Lubomirski (pt) Traducir →
Q66201200 Traducir
1660 –
Q370477 Traducir
26 de maio de 1656 – 8 de xaneiro de 1665 (promotion (en) Traducir)
← Aleksander Koniecpolski (en) TraducirAndrzej Potocki (en) Traducir →
Q66200890 Traducir
1644 – 1665
Q65088499 Traducir
Deputy to the Sejm of the First Polish Republic (en) Traducir

Starosta of Gniew (en) Traducir
Q66201065 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGran Ducado de Lituania
República das Dúas Nacións Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Iaguelónica de Cracovia
Bartłomiej Nowodworski High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder militar , político , monarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina, lingua francesa, lingua alemá, Lingua tártara, lingua turca e Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarmariscal Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloGrand Duke of Lithuania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa Sobieski (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Casimira Luísa de La Grange d'Arquien (pt) Traducir (1665–1696) Editar o valor em Wikidata
FillosXaime Lois Sobieski, Constantino Sobieski (pt) Traducir, Teresa Teofila Sobieska (en) Traducir, Adelajda Ludwika Sobieska (en) Traducir, Alexandre Sobieski (pt) Traducir, Maria Teresa Sobieska, Teresa Cunegunda Sobieska (pt) Traducir, Jan Sobieski (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJakub Sobieski (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Teofila Zofia Sobieska (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMarek Sobieski (en) Traducir, Katarzyna Sobieska (en) Traducir e Anna Sobieska (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
2 de febreiro de 1676coroación Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Sobieski-5 Find a Grave: 20744 Editar o valor em Wikidata

Foi ademais un dos mellores militares do século XVII á altura de grandes xerais como Ambrosio Espínola, Raimondo Montecuccoli, Enrique de la Tour d'Auvergne-Bouillon ou Carlos V de Lorena.

Traxectoria editar

Orixes e formación editar

Xoán Sobieski naceu o 17 de agosto de 1629 no castelo de Olesko. Aquel mesmo día tivo lugar unha impoñente tormenta en Constantinopla e un raio impactou nun dos minaretes da Mesquita Azul convertendo a media lúa que coroaba a construción en cinzas, este feito foi tomado polos turcos otománs como un mal agoiro.[1]

 
Castelo de Olesko, lugar de nacemento de Xoán Sobieski.

Os seus pais eran Jakub Sobieski e Sofía Teófila Danilowicz. O seu pai era considerado polos seus contemporáneos como unha persoa honorable. El foi un importante parlamentario e orador e participou en numerosas comisións diplomáticas e en expedicións militares como a que tivo lugar contra Moscova en 1617-18 e na batalla de Khotym onde 45 000 polacos, lituanos e cosacos derrotaron a 100 000 otománs.[2] Jakub e Sofía Teofíla tiveron sete fillos pero só catro chegaron á idade adulta: dous fillos (Marek Sobieski e Xoán) e dúas fillas (Katarzyna e Anna).[2]

Marek e Xoán foron criados no castelo de Zolkiew e educados nas leis polacas e no coñecemento das tácticas militares. A súa nai conducíaos a rezar á tumba do bisavó dos nenos, Stanislaw Zolkiewski, Gran Hetman da Coroa,[3] quen faleceu na batalla de Cecora en 1620. Sofía Teófila quería que os seus fillos lembrasen sempre a inscrición da tumba do seu avó:

O quam dulce et decorum est pro patria mori! ("Que doce e glorioso é morrer pola patria")[3].
 
Jakub Sobieski.

O mozo Xoánn Sobieski aínda que menos atractivo que o seu irmán Marek era un mozo animado, ardente e impetuoso cuxa gran paixón é a caza (aos nove anos xa cazara o seu primeiro oso[4]).

O verán de 1640 Jakub enviou os seus fillos a Cracovia para educarse. Alí estudaron filosofía, historia, matemáticas e poesía. Os estudos alongáronse e en 1643, Xoán Sobieski accedeu á facultade de filosofía da Universidade Iaguelónica,[5] compaxinando os estudos co adestramento militar xa que recibiu leccións de hípica, tiro e esgrima.

Xoán e Marek remataron os seus estudos en febreiro de 1646[6] pero os seus pais enviáronos a realizar o Grand Tour por Europa e tras pasar por Zamość,[6] Lublin, Kazimierz Dolny, Radom, Kalisz[7] e Poznan os irmáns visitaron Frankfurt do Oder, cidade do Sacro Imperio Romano Xermánico tralo que pasaron a Berlín, capital de Brandeburgo.

 
Stanislaw Zolkiewski. Detalle da obra ” Estevo Bathory en Psków" de Jan Matejko

O 5 de maio de 1646 chegaron a Ámsterdam, capital das Provincias Unidas[8] e despois visitaron Antuerpen nos Países Baixos españois onde tomaron contacto coa obra de Peter Paul Rubens.[9]

En xuño de 1646 Xoán Sobieski chegou a París onde os irmáns se involucraron na vida social acudindo a festas, igrexas e palacios e Xoán Sobieski enrolouse nos mosqueteiros da Garda. Na primavera de 1647, Xoán Sobieski, tivo unha relación cunha muller casada da que naceu un fillo chamado Brisacier.[10] Durante a súa estancia en Francia, Xoán Sobieski visitou outras cidades como Orleáns, Tours, Angers, Nantes, La Rochelle, Blois, Bordeos, Marsella, Saumur e Toulon.[10]

En outubro de 1647 os irmáns viaxaron a Inglaterra e visitaron Londres[11] pero a Segunda Guerra Civil Inglesa impediu que visitasen Escocia e os irmáns tiveron que regresar a Ámsterdam onde coñeceron a Maarten Tromp.

Tras realizar esta xira por Europa Occidental, os irmáns Sobieski, planearon viaxar a Constantinopla e o norte de África[12] pero a revolta dos cosacos zaporozhos instigada por Bohdán Jmelnytsky e a morte do rei polaco Ladislau IV Vasa provocaron que os irmáns tivesen que pospor a súa viaxe ao Imperio Otomán e regresar a Polonia.[13]

 
Bohdán Jmelnytsky

A rebelión de Jmelnytsky editar

A vitoria dos cosacos na batalla de Korsun deixou o sueste da República das Dúas Nacións desprotexido e os cosacos entregáronse á pillaxe. Antes da chegada de Marek e Xoán Sobieski a Polonia as tropas polacas volveron ser derrotadas na batalla de Pliwice, mais o exército cosaco foi detido polas fortificacións de Zamość [14].

Cando os irmáns Sobieski chegaron a Zamosc atoparon alí a súa nai e descubriron que o seu pai falecera.[14] A súa nai instounos a que cumprisen co seu deber de defender a patria, advertíndolles que non tivesen medo do combate.

Xoán II Casimiro Vasa foi elixido rei de Polonia e enviou unha delegación para negociar con Bohdán Jmelnytsky[14] mais unha forza de 100 000 cosacos puxo baixo sitio a cidade de Zbaraz[14] onde se atopaba Marek Sobieski.

Xoán Sobieski, quen se atopaba en Lublin, uniuse ás forzas do Starosta de Jaworow formando e comandando a súa propia bandeira de cabalaría. Xoán Sobieski participou na batalla de Zborow, que foi a súa primeira batalla. Os polacos lograron a vitoria na batalla na que tivo unha grande importancia a cabalaría polaca[15] e Jmelnytsky foi obrigado a asinar unha tregua.

 
A batalla de Zborow

Despois da tregua, os irmáns Sobieski asistiron á voda da súa irmá Katarzyna quen casou co Palatino de Cracovia, Wladyslaw Zaslawski-Ostrogski. Con todo, a paz durou pouco xa que Jmelnytsky buscou o apoio do sultán Otomán e de İslâm III Giray, khan de Crimea.[16]

A batalla entre o exército polaco (onde se atopaban os irmáns Sobieski) e o exército cosaco-tártaro tivo lugar en Beresteczko o 28 de xuño de 1650.[16] O primeiro día da batalla de Beresteczko os polacos terminaron con vantaxe grazas á súa cabalaría. Con todo a cabalaría tártara recuperouse e varios escuadróns penetraron entre a formación polaca. Xoán Sobieski foi ferido na cabeza e feito prisioneiro pero os seus compatriotas puideron rescatalo.[16] Os tártaros chegaron ata as proximidades da posición de Xoán II Casimiro, mais foron finalmente rexeitados pola artillaría. Ao seguinte día o ataque da cabalaría da á esquerda polaca, acompañada por un avance do centro polaco e un forte lume da artillaría creou unha gran confusión entre os tártaros, que comezaron a fuxir deixando os cosacos nunha posición difícil, defendéndose entre as súas carruaxes. A resistencia cosaca alongouse e ata o 10 de xullo non foron finalmente derrotados. A batalla de Beresteczko foi a maior batalla terrestre do século XVII, nela participaron máis de 200 000 soldados[17] e terminou coa morte de máis de 20 000 cosacos,[17] polo que Jmelnytsky foi obrigado a asinar un tratado favorable á República das Dúas Nacións.

 
A batalla de Beresteczko

De novo Jmelnytsky non se conformou coa situación e buscou apoio internacional para enfrontarse á Mancomunidade Polaco-Lituana e aliouse co Hospodar de Moldavia pero o Gran Hetman da Coroa, Marcin Kalinowski foi enviado á fronteira para evitar calquera intento de invasión. A intención dos dous irmáns era unirse a este exército pero foron frustradas porque Xoán Sobieski viuse envolto nun duelo cun gran magnate lituano chamado Miguel Pac na que recibiu perigosas feridas que o obrigaron a permanecer na cama[17] O seu irmán Marek si puido participar na expedición.

A expedición terminou en fracaso xa que na batalla de Batoh (2 de xuño de 1652[18]), os cosacos-tártaros conseguiron a vitoria e capturaron 8000 prisioneiros[18] entre os que se atopaba Marek Sobieski, quen foron executados como vinganza pola derrota de Beresteczko.[18]

 
Masacre dos cativos polacos trala batalla de Batoh

Cando descubriu a nova, Xoán Sobieski atopouse afundido psicoloxicamente polo tráxico final do seu irmán. Durante días a súa nai non lle dirixiu a palabra xa que sempre sentira debilidade por Marek mais Xoán Sobieski permaneceu ao seu lado tentando reconfortala.[19]

Ao ano seguinte Xoán Sobieski participou na campaña militar contra os cosacos e os tártaros. En Zborov estalou un motín entre o exército polaco e todos os medios de persuasión foran en balde. Xoán Sobieski pediu que se lle confiase sufocar a rebelión e o xeneral permitiullo aínda que non confiaba gran cousa nel, que só contaba vinte anos. Grazas á súa grande elocuencia e a súa retórica apaixonada e convincente soubo contaxiar os sublevados do seu espírito patriota e os soldados volveron á obediencia. Grazas a esta acción, Xoán Sobieski foi recompensado co ascenso a abandeirado da coroa.[20]

 
Bohdán Jmelnytsky e o exército cosaco reúnese cos tártaros comandados por Tugay Bey

Volveuse asinar a paz e o khan de Crimea pediu como garantía do cumprimento dos compromisos de paz a entrega de reféns entre os oficiais polacos. Xoán Sobieski, que adquirira xa certo status foi un dos elixidos polo khan como refén.[21] Tras pasar un tempo cos tártaros regresou a Polonia pero pouco despois a guerra volveu comezar. Xoán Sobieski uniuse ao exército e foi destinado ao Palatinado de Belz, na fronteira ucraína pero tivo que retirarse a curarse dunha ferida da cabeza que recibiu dunha escaramuza.[22] Durante tres anos máis Xoán Sobieski e as tropas polacas enfrontáronse cos cosacos que recibiron a axuda de Afasto I de Rusia. Se a guerra cos cosacos e cos rusos non fose suficiente unha parte dos nobres polacos descontentos convidaron a Carlos X Gustavo de Suecia a tomar o trono polaco e fíxose co poder na Gran Polonia, Mazovia e Cracovia.

 
Xoán II Casimiro de Polonia. Obra de Marcello Bacciarelli

Xoán II Casimiro Vasa tivo que fuxir a Silesia.

O Diluvio editar

A invasión sueca de Polonia, coñecida como o Diluvio foi un momento crítico na historia polaca xa que gran parte do reino polaco foi controlado polos suecos e moitos nobres uníronse a este exército. Xoán Sobieski mantívose fiel a Xoán II Casimiro. Entre Malbork e Elblag derrotou con 400 xinetes a seiscentos xinetes suecos. En 1655 Lituania pasou voluntariamente ao bando sueco, mais o Khanato de Crimea, vendo o perigo que supuña ter preto das súas fronteiras unha potencia militar como Suecia, decidiu apoiar a República das Dúas Nacións e Sobieski púxose ao mando dos tártaros.[23]

 
Carlos X Gustavo de Suecia. Obra de Abraham Wuchters

Co apoio tártaro as cousas cambiaron rapidamente. Lituania foi librada dos suecos, Varsovia foi liberada. Un exército brandeburgués avanzaba para apoiar a Suecia e Xoán Sobieski foi capaz de bloquear o Vístula e acosar as tropas do elector de Brandeburgo[24] Carlos X Gustavo enviou contra el a Robert Douglas, conde de Skenninge. Xoán Sobieski deixou a infantaría bloqueando o Vístula e avanzou coa cabalaría cara ao río Pileza, cruzou o río e sorprendeu a Douglas facéndoo retirarse.[25]

Xurxo Rákóczi II, príncipe de Transilvania, declarou a guerra á Mancomunidade Polaca-Lituana, invadiu Polonia ao mando de 30 000 homes, uniuse a Carlos X Gustavo e ambos puxeron baixo sitio a Varsovia. Xoán Sobieski participou na batalla de Varsovia, unha batalla de tres días (18-20 de xullo de 1656) que finalmente se decidiu do lado sueco.

 
Escaramuza entre polacos e suecos. Obra de Józef Brandt

Con todo, os dinamarqueses, alarmados polas conquistas de Carlos X Gustavo, deron comezo á Guerra Sueco-Danesa (1657-1658) o que obrigou o rei sueco a abandonar Polonia.[26] A paz con Suecia asinouse definitivamente en 1660 e foi coñecida como Tratado de Oliva; a Mancomunidade Polaco-Lituana foi a gran perdedora porque tería que ceder territorios a Suecia e recoñecer a independencia do Ducado de Prusia que se atopaba baixo o control dos Hohenzollern de Brandeburgo. En 1657 o príncipe Jerzy Sebastian Lubomirski e Xoán Sobieski internáronse en Transilvania para tomar represalias contra Xurxo Rákóczi II quen se viu obrigado a aceptar unha paz humillante.

 
Batalla de Varsovia. Obra de Johan Philip Lemke

Os únicos inimigos de Polonia que quedaban eran Rusia e os cosacos e Xoán Sobieski foi enviado a atacar os cosacos, logrando unha vitoria completa. Esta vitoria desmoralizou os rusos e as tropas polacas puideron tomar Vilnius con facilidade tralo que se asinou unha paz entre os dous países favorable á República das Dúas Nacións.

Rokosz de Lubomirski editar

En 1664 Jerzy Sebastian Lubomirski, Gran Mariscal de Polonia, foi acusado por Xoán II Casimiro de traizón tras oporse ao rei que pretendía elixir o seu sucesor. Lubomirski retirouse a Breslavia dende onde dirixiu un rokosz.[27]

 
Jerzy Sebastian Lubomirski.

Xoán Sobieski foi posto por Xoán II Casimiro á fronte do exército fiel ao soberano. A pesar de comandar por primeira vez un exército polaco a situación foi difícil para Xoán Sobieski xa que loitara varias veces xunto a Lubomirski. Na batalla de Mątwami (13 de xullo de 1666) a vitoria sorriu a Lubomirski xa que Xoán II Casimiro obrigou a Sobieski a cruzar un pantano para atacar as tropas de Lubomirski, a pesar de que Sobieski avisara do perigoso desta manobra. As tropas realistas non puideron despregarse e eran atacadas dende varios lados ao mesmo tempo polas tropas de Lubomirski. As tropas realistas perderon 4000 homes.[28]

Pouco despois Xoán II Casimiro chegou a un acordo con Jerzy Sebastian Lubomirski polo cal non volvería interferir na elección do seu sucesor e revogou os cargos contra o nobre. Pola súa banda Lubomirski non tentou recuperar as súas dignidades. Tralo acordo retirouse a Breslau onde faleceu meses despois.[29]

 
María Casimira Luísa de la Grange d'Arquien. Obra de Daniel Schultz

Breve período de paz editar

Tras varios anos de guerra ininterrompida, Xoán Sobieski puido gozar por fin de algo de paz e en 1665 coñeceu a María Casimira Luísa de la Grange d'Arquien, unha dama francesa que acompañara a María Luísa de Gonzaga cando esta contraeu matrimonio con Ladislau IV Vasa. Con anterioridade estivera casada con Xoán Zamoyski, con quen tivera catro fillos que non chegaron a adultos, pero quedou viúva antes de coñecer a Sobieski.[30] Xoán Sobieski non tardou en namorarse de María Casimira, quen correspondeu ese amor e a raíña descubriu aos amantes e obrigou a que o matrimonio se celebrase sen demora.

 
Petro Doroshenko.

Ao ano seguinte do seu matrimonio (1667), Xoán Sobieski foi nomeado comandante en xefe do exército polaco e Gran Mariscal polo que se converteu nunha das personaxes máis poderosas de Polonia.

A revolta de Doroshenko e a guerra contra Turquía editar

En 1666 o atamán cosaco Petro Doroshenko rexeitou a autoridade polaca e aliouse cos tártaros contra a Mancomunidade Polaco-Lituana. Xoán Sobieski, como máximo oficial do exército polaco, deu comezo a unha frenética actividade e aumentou o tamaño do exército. Enviou partidas para acabar coas incursións tártaras e fustrigar os invasores mentres preparaba un pequeno exército para enfrontarse a Petro Doroshenko. A confrontación entre Petro Doroshenko e Sobieski tivo lugar na batalla de Podhajce (6 ao 16 de outubro de 1667) onde o exército polaco, moi inferior numericamente, adoptou unha posición defensiva na que a artillaría e a infantaría polaca puideron deter as tropas cosacas-tártaras. Durante varios días repetíronse os ataques dos cosacos ata que por fin se produciu un ataque xeral dos cosaco-tártaros que foi respondido por Xoán Sobieski cun ataque ao flanco esquerdo da cabalaría polaca.

 
Húsares alados polacos. Obra de Wojciech Kossak.

En 1668 Xoán II Casimiro abdicou do trono polaco e toda a atención da República das Dúas Nacións centrouse na elección do novo rei e aínda que había varios candidatos estranxeiros, impostos polas potencias que querían controlar a Mancomunidade, principalmente o Sacro Imperio Romano Xermánico e Francia os condes palatinos propuxeron a Miguel Korybut Wisniowiecki quen foi finalmente elixido. O novo rei apoiouse para gobernar en Miguel Casimiro Pac e no seu sobriño Miguel Pac, que sentían unha grande animadversión por Xoán Sobieski.[31]

Mentres tanto Juan Sobieski seguía a loitar contra Petro Doroshenko e someteu á obediencia polaca o territorio entre o río Bug Meridional e o Dniéster e ao atamán cosaco non lle quedou outra opción que pedir axuda a Mehmed IV, sultán do Imperio Otomán.[32]

 
Miguel Korybut Wisniowiecki. Obra de Daniel Schultz

En decembro de 1671, o sultán Mehmed IV e o Gran Visir Fazil Ahmed informaron a corte polaca sobre a soberanía turca sobre os cosacos e esixiron a retirada dos exércitos da Mancomunidade de Ucraína. Na corte de Varsovia algúns avogaban por privar o Imperio Otomán de todo pretexto para entrar en guerra e outros estaban indignados polas pretensións turcas. Miguel Korybut Wisniowiecki decidiu enviar unha resposta ameazante mais formouse rapidamente unha liga nobiliaria para destronar o rei[33] e coroar a Carlos V de Lorena.

Xoán Sobieski como inimigo da familia Pac apoiou a liga nobiliaria e convenceu os líderes da liga de que era mellor opción coroar o Conde de Longueville[34] pero o conde faleceu pouco despois preto do Rin na Guerra franco-holandesa.[35] Pouco despois Miguel Korybut Wisniowiecki ofreceu unha recompensa pola cabeza de Xoán Sobieski, o que encheu de indignación os soldados polacos que xuraron defender o seu comandante.[36]

 
Fazil Ahmed. Obra de Jacob von Sandrart

Mentres os polacos encerellábanse nunha guerra civil, Fazil Ahmed preparara a guerra contra a Mancomunidade Polaco-Lituana. O primeiro obxectivo dos otománs foi a capital de Podolia, Kamianets-Podilskyi. Sobieski, coñecedor da importancia da cidade, deixou á parte os conflitos internos e enviou oito rexementos de infantaría para reforzar a gornición,[37] mais o gobernador da cidade, fiel a Miguel Korybut Wisniowiecki negou a entrada á cidade desas tropas por medo a algunha argucia.

Pouco despois, 150 000 soldados otománs, tártaros e cosacos sitiaron Kamianets-Podilskyi e Xoán Sobieski, cun exército que non contaba máis que con 30 000 homes non puido acudir en axuda da cidade senón que se dirixiu a territorio tártaro liberando decenas de miles de polacos que se atopaban cativos.

 
Loita entre turcos e polacos por un estandarte. Obra de Józef Brandt

Kamianets-Podilskyi rendeuse finalmente o 29 de agosto de 1672[38] o rei polaco aceptou asinar o 18 de outubro dese ano o tratado de Buczacz[39] na que perdeu Ucraína e Kamianets-Podilskyi e comprometeuse ao pago dun tributo ao sultán.

Xoán Sobieski, a pesar de que aínda seguía proscrito polo rei polaco, foi convidado por este a unha dieta que se ía celebrar en Varsovia a principios de 1673. Moitos partidarios da Liga Nobiliaria recomendáronlle non acudir, mais Xoán Sobieski ocupou o seu lugar na Dieta.

Nesa Dieta, en gran parte grazas á actuación de Xoán Sobieski o tratado declarouse nulo. O gobernador de Kamianets-Podilskyi acusou a Xoán Sobieski de entregar a cidade pero unha comisión do Senado declarou a Sobieski inocente.[40]

Xoán Sobieski foi posto á fronte do exército polaco e permitíuselle facer uso do tesouro de Cracovia. Axiña iniciou os preparativos da campaña e solicitou informes sobre a situación das tropas otomás que quedaran en Podolia.[41]

A batalla de Chocim editar

Os exércitos da Mancomunidade converxeron en Gliniank Skwarzaw preto de Leópolis. O 8 de outubro o rei Miguel Korybut Wisniowiecki pasou revista aos exércitos, xa que decidira dirixir o exército. Con todo, sentiu unhas repentinas dores e os médicos decretaron que debería gardar repouso.[42] O 9 de outubro as tropas comezaron a marchar cara a Trembowli, onde se unirían co exército lituano e invadirían Moldavia.

O plan de campaña era simple. Kamianets-Podilskyi non podía ser tomada nun asedio, xa que os polacos non posuían artillaría de sitio. Por iso a intención de Xoán Sobieski era ir directo cara ás forzas otomás, golpealas, rexeitalas e colocar Kamieniec Podolski a 150 millas de calquera socorro turco.[43] Crendo que as forzas otomás estacionadas en Cecora serían máis numerosas, Sobieski decidiu dar combate aos turcos situados en Chocim.

 
Murallas de Kamianets-Podilskyi

As condicións da marcha do exército foron difíciles. O exército tivo que avanzar entre bosques baixo un clima adverso e soportando a fame. Moitos soldados protestaban e pedían volver ao seu país pero Xoán Sobieski prometeu alimentos, pastos para os cabalos e o saqueo rico do campamento turco. Pouco despois uniuse aos polacos un grupo de valacos mandados polo príncipe Stephen Petryczaïko[44] que abandonaran os turcos para loitar xunto aos cristiáns. O 9 de novembro o exército chegou a Chocim, onde foi recibido co son dos canóns turcos.

O campamento de Hussein Pasha achábase nunha meseta plana. Á dereita atopábase Chocim e a súa fortaleza. O campamento controlaba os camiños de Jassy e Czemiowiec. Ao leste do campo servía de defensa o Dniéster, ao norte e sur enormes barrancos servían de foso e só o lado occidental estaba algo máis exposto, polo que se fortaleceu con fosos. Sobre o Dniéster construíuse unha ponte de pontóns para manter a comunicación coa fortaleza de Kamieniec Podolski. O exército otomán engadira á fortificación defensas naturais como canles e regatos. Se todo isto era pouco, unha poderosa artillaría volvía a posición defensiva en case inexpugnable.[45]

 
Xanízaros

Miguel Casimiro Pac, quen se atopaba no exército como Gran Xeneral de Lituania, tentou que non se dese batalla, pois o exército polaco se atopaba en inferioridade e ameazou con retirar os seus soldados lituanos para preservalos segundo el para o servizo futuro do seu país.[46] O día 10 de novembro o exército polaco despregouse para a batalla mais Xoán Sobieski decidiu manter os seus homes inactivos[47] durante todo o día e a noite. Esa noite nevou en abundancia e se as tropas polacas sufriron, máis aínda as turcas que non estaban afeitas a un clima tan frío. Pouco despois do amencer do día 11 de novembro deu comezo a batalla de Chocim que finalizou coa vitoria polaca.

 
Batalla de Chocim. Obra de Franciszek Smuglewicz.

Os otománs tiveron 40 000 mortos, entre eles moitas das súas mellores tropas, case 20 000 sipaios e 8000 xanízaros e capturáronse máis de vinte canóns, numerosos estandartes, cabalos turcos, camelos, mulas, prata, ouro e numerosos prisioneiros que foron pasados a coitelo co fin de que a súa vixilancia non lles impedise continuar a campaña.[48]

A vitoria nesta batalla custou aos polacos e lituanos entre 1200 e 1500 mortes, incluíndo numerosos oficiais, e tamén moitos feridos. Trala batalla dirixiuse a Chocim que se rendeu tras un acordo de capitulación xeneroso por parte de Xoán Sobieski. Permitiu que as tropas otomás marchasen libremente a Kamianets-Podilskyi coas súas pertenzas.[48]

Coroación como rei editar

 
Xoán III Sobieski na batalla de Chocim. Obra de Andreas Stech

Trala vitoria, Xoán Sobieski puido explotar a situación e liberar Podolia de turcos, cosacos e tártaros, mais a noite anterior á batalla faleceu Miguel Korybut Wisniowiecki[49] e a expedición paralizouse xa que se opinou que o principal naquel momento era elixir rei. Por iso o exército volveu a territorio polaco.

A dieta para elixir o novo rei foi fixada para o 15 de xaneiro de 1674. Existían varios competidores como Carlos de Lorena, quen era apoiado por Miguel Casimiro Pac ou Filipe Guillerme de Neoburgo, príncipe de Neoburgo ou Lois II de Borbón-Condé pero finalmente a proximidade da súa vitoria en Chocim e a súa fama de bo militar fixeron que o elixido fose Xoán Sobieski.

O 5 de xuño de 1674 tivo lugar a cerimonia[50] e o primeiro acto do seu goberno foi restaurar na familia Lubomirski a dignidade de Gran Mariscal tralo que correu a pórse á cabeza do exército para continuar coa guerra contra o Imperio Otomán.

O primeiro obxectivo da nova campaña foi Ucraína e as cidades de Bar, Nemirov, Kalnic e Pavoloc caeron axiña en poder polaco. Con todo, Xoán Sobieski tivo que ver como Miguel Casimiro Pac levaba parte das tropas a Lituania coa escusa da falta de provisións polo que tivo que deter a ofensiva.

 
Ataque da cabalaría polaca aos otománs. Obra de Józef Brandt

A batalla de Leópolis editar

Para a campaña de 1675, Xoán Sobieski soubo que se estaba a reunir un importante exército otomán en Ucraína baixo o mando de Ibrahim Shyshman quen tras asediar Uman se dirixiu a Podolia e puxo baixo asedio a fortaleza de Trembowla mentres que un exército tártaro de 50 000 soldados baixo o mando de Nuradyn Safa Girej atacaría a Xoán Sobieski[51] en Leópolis.

Sobieski sabía do avance dos tártaros e despregou o seu exército de 6000 homes coa suficiente habilidade para facerlle crer que o seu número era superior. A batalla de Leópolis (o 24 de agosto de 1675) terminou coa vitoria polaca. 15 000 tártaros pereceron e o resto fuxiu favorecido pola escuridade.[52]

Sobieski puxo en marcha o seu pequeno exército e partiu en auxilio da fortaleza de Trembowla. A pesar da inferioridade numérica polaca, Ibrahim Pasha levantou o asedio da praza ao decatarse do avance polaco e retirouse a Jarow coa metade do seu exército. O resto do exército otomán foi sorprendido pola rapidez de movementos do rei polaco e víronse obrigados a aceptar un encontro no que perderon oito mil homes.[53]

 
Stanisław Jan Jabłonowski.

Tralo éxito da campaña do verán de 1675 Xoán Sobieski mandou as tropas a descansar aos cuarteis de inverno e marchou a Zolkiew para pasar un tempo coa súa familia. Tamén celebrou unha dieta na que nomeou a Stanisław Jan Jabłonowski[54] Tenente Xeneral de Polonia e recadou diñeiro para armar un exército de 40 000 homes.

A batalla de Zurawno editar

 
Rendición de soldados turcos ante os polacos. Obra de Józef Brandt

O exército otomán comandado por Ibrahim Szejtan contaba con 120 000 homes e uniuse no Dniester a un exército tártaro de 80 000 homes.[55] Xoán Sobieski coñecedor dos movementos dos seus adversarios cruzou o Dniester a certa distancia e dirixiuse a Zurawno e atrincheirouse nunha posición forte, onde o río Suwitz uníase ao Dniester.[56] Ibrahim Szejtan dirixiuse ata esta posición e deu inicio á batalla de Zurawno na que o exército otomán cercou durante semanas o exército polaco.

Durante algunhas semanas houbo escaramuzas entre os dous exércitos. Os turcos realizaran algúns ataques sen éxito e os polacos realizaran varías saídas que tampouco cambiaran a situación, polo que Ibrahim Szejtan decidiu render o exército polaco por fame. Algúns oficiais polacos estaban preocupados pola situación e instaron a Sobieski a negociar. O rei polaco aceptou e por mediación dun xefe tártaro presentou as súas condicións que parecían máis unha provocación que unhas condicións de paz: devolución de Kamianets-Podilskyi, evacuación de Ucraína e retirada da súa protección sobre os cosacos.[57]

Ibrahim Szejtan furioso polas condicións de paz negouse a enviar resposta.Tras varios días máis de espera, na que os exércitos se atoparon aliñados un fronte ao outro sen combate, Xoán Sobieski foi consciente de que debería tentar abrirse paso polo inimigo.

Con todo, o día anterior a que se realizase o ataque programado, unha delegación turca chegou ao campamento[58] ofrecendo a paz se os polacos pagaban un tributo, mais esta opción foi rexeitada por Xoán Sobieski. Á mañá seguinte unha nova delegación chegou para negociar un tratado de paz. O tratado de Zurawno acordaba a retención por parte de Polonia de dúas terceiras partes de Ucraína mentres que a outra parte se convertería nun protectorado cosaco dos otománs. Toda Podolia, agás Kamianets-Podilskyi e Jaslowiecz volvería, así mesmo, a mans polacas e todos os prisioneiros de ambas as partes liberados.

 
Reunión do Sejm. Obra de Jan Matejko

O reino en paz editar

Trala guerra polaco-turca (1672-1676) a República das Dúas Nacións viuse en paz por primeira vez en moito tempo. Xoán Sobieski achegouse diplomaticamente a Lois XIV de Francia, que o nomeou cabaleiro da Orde do Espírito Santo,[59] e baixo a influencia do rei, a corte polaca converteuse nun refuxio de homes de letras e artistas europeos. Xoán Sobieski foi un xeneroso mecenas.

Aos poucos o marqués de Bethune, que estaba casado coa irmá de María Casimira de la Grange d´Arquien[60] adquiriu unha grande influencia na corte.

 
Colar da Orde do Espírito Santo.

Durante eses anos Xoán Sobieski quixo fortalecer o trono e facelo hereditario mais non o conseguiu. Tamén quixo abolir o liberum veto para facer o parlamento máis eficiente e fortalecer o poder central pero finalmente foi obrigado a traballar cos nobres no Sejm que controlaba os orzamentos e podía vetar a súa política.

Para levar a cabo os seus obxectivos de reforma máis amplos, Sobieski planeou reconquistar o ducado de Prusia que pertencía á casa de Hohenzollern, para despois convertelo nun ducado privado para a súa familia e utilizar a súa riqueza como unha lanzadeira para fortalecer a coroa polaco-lituana. O rei e os seus amigos adquiriron estados en Prusia para tomar vantaxe dun futuro cambio de soberanía. Sobieski negociou un tratado secreto con Francia en 1675 que proporcionaba xenerosos subsidios para a guerra contra Brandeburgo e se for necesario, contra Austria.[61] Lois XIV tamén se comprometeu a financiar a guerra existente de Sobieski contra o Imperio Otomán para levalo a unha conclusión negociada en 1676 que lle permitise concentrarse na rexión do Báltico. Mesmo a cidade de Gdansk pagou xenerosamente a Xoán III Sobieski para reconfirmar os seus privilexios cando chegou alí en 1677[61] para preparar o inicio da guerra, no que se esperaba a coordinación cunha invasión sueca desde Livonia.

 
Federico Guillerme I de Brandeburgo. Obra de Frans Luycx

Xoán Sobieski viuse obrigado a abandonar os seus ambiciosos plans porque os suecos fallaron ao lanzar a súa invasión, e a oposición parlamentaria, que estaba en contra dos seus obxectivos absolutistas, creceu rapidamente. Ademais, os lituanos, que temían calquera aumento no poder de Suecia, tiveron que ser tranquilizados. Os recortes ao seu orzamento militar fixéronlle pasar a oportunidade que xurdiu o ano seguinte (1678) cando os suecos atacaron o ducado de Prusia dende Livonia, cercando Klaipeda e tomando Tilsit.[61] En lugar de unirse aos suecos, o que era a súa primeira intención, cambiou de parecer e permitiu que Federico Guillerme I de Brandeburgo enviase tropas a través da Prusia Real polaca para expulsar aos suecos da Prusia Ducal.

A situación internacional volveuse menos favorable para entrar nunha guerra; o Imperio Otomán ameazaba con atacar polo sur e Lois XIV asinaba acordos de paz cos seus opoñentes en Europa occidental en 1678-1679 retirando o seu apoio a Sobieski que podía quedar illado polo que o máis prudente era manter a paz.

A "liberación de Viena" editar

 
Emérico Thököly.

A guerra entre o Sacro Imperio Romano Xermánico e o Imperio Otomán comezou co desexo otomán de apoiar a Emérico Thököly, conde protestante maxiar, quen se rebelou contra os Habsburgo.

En abril de 1683[62] o exército otomán emprendeu a marcha cara a Austria comandado polo Gran Visir Kara Mustafá. O seu obxectivo inicial era ocupar unhas fortalezas estratéxicas que consolidasen a posición otomá nos Balcáns mais o 25 de xuño anunciou a súa intención de atacar Viena.[62] Á altura de Belgrado uníronse ao exército otomán as forzas dos principados danubianos (Moldavia, Transilvania e Valaquia) e os continxentes tártaros. En total o número de combatentes ascendía a uns 125 000 soldados.[62]

 
Kara Mustafa.

O 7 de xullo, Leopoldo I de Habsburgo e a familia imperial abandonaron Viena e buscaron refuxiou en Linz, deixando a cidade baixo a protección do conde Ernst von de Stahremberg que contaba con 16 000 soldados.[63] Dende que chegou información á corte vienesa do proxecto de invasión otomá, as autoridades imperiais comezaron a preparar as defensas da cidade. As desfasadas murallas medievais substituíronse por un novo sistema de fortificacións e bastións construído segundo o modelo italiano tralo primeiro asedio de Viena levado a cabo por Suleiman o Magnífico. Ante a perspectiva dun asedio turco, ademais derrubáronse todas as casas particulares que se construíron ao pé da muralla para que os turcos quedasen expostos ao lume dos defensores.[64]

A cidade estaba totalmente rodeada o 14 de xullo[63] e só dúas semanas despois de comezar o asedio comezáronse a cavar trincheiras e túneles.Aínda que as tropas otomás non contaban con artillaría pesada tiveron grande éxito na utilización de minas e o 4 de setembro,[65] as tropas otomás lograron penetrar por algunhas fendas das murallas pero finalmente foron rexeitadas.

 
Carlos V de Lorena.

A poboación de Viena aglomerábase na catedral de santo Estevo para escoitar os sermóns de predicadores como Abraham a Sancta Clara quen arengaban os fieis a resistir en nome da fe cristiá.[66]

O emperador Leopoldo I de Habsburgo, escaso de tropas, fixo un chamamento internacional para organizar unha cruzada cristiá. Coa mediación do Papa Inocencio XI formouse unha Liga á que se uniron varios príncipes alemáns e Xoán III Sobieski.

A República das Dúas Nacións aceptou de bo grado a decisión de Xoán Sobieski de ir á guerra e asinouse un tratado que sancionaba que ningunha das partes asinaría a paz co Imperio Otomán por separado. Sancionouse ademais que Leopoldo I debía proporcionar 60 000 homes e Xoán Sobieski 40 000 soldados que serían utilizados para o beneficio xeral.[67]

 
Xoán III Sobieski pasa revista ás súas tropas. Obra de Wojciech Kossak

Xoán Sobieski tivo problemas para recrutar un exército en pouco tempo. O rei polaco chegara a Cracovia a finais de xuño e permaneceu alí ata mediados de agosto.

Axiña comezaron a xurdir conflitos con nobres que non vían ben involucrarse na guerra. Isto debíase, segundo soubo Xoán Sobieski pola interceptación dalgunhas cartas, polo interese francés en que Polonia non apoiase o Sacro Imperio Romano Xermánico e os subornos que realizara entre membros da nobreza polaca como a familia dos Sapieha ou os Jablonowski ou o tesoureiro real Morstin. Xoán Sobieski puxo o senado sobre aviso da conspiración pero buscou o camiño da reconciliación con todos, agás co tesoureiro, cuxo crime era demasiado evidente ao atoparse cartas acusatorias, e preparouse para marchar a Viena.[68] Á cidade ían chegando as tropas, mais esperaban os cosacos e os lituanos para máis adiante. Coa desesperada situación da capital austríaca, Xoán Sobieski decidiu non esperar máis e marchou sobre Viena.[69] Decidiu enviar 20 000 homes[70] baixo o mando de Stanisław Jan Jabłonowski para que se unisen con Carlos de Lorena e el marchou cunha reducida garda por Silesia e Moravia.

A batalla de Kahlenberg editar

 
Xoán III Sobieski bendí as tropas polacas antes da batalla de Kahlenberg. Obra de Juliusz Kossak

O 31 de agosto[69] chegaron os polacos ao norte do Danubio e reuníronse coas forzas do duque de Lorena e do elector Xoán Xurxo III de Saxonia en Tulln an der Donau a quince millas de Viena.[71] As forzas combinadas do exército totalizaban 75 000 soldados.[69] Tras cruzar o Danubio 35 quilómetros ao norte de Viena,[69] Xoán Sobieski e Carlos de Lorena tentaron facer avanzar o exército por unha zona boscosa salpicada de outeiros ao norte da cidade, coa intención de tomar as alturas que bordeaban Viena e sorprender dende alí aos otománs. Kara Mustafá coñeceu a súa presenza por medio de exploradores pero esperaba que os tártaros e un continxente otomán establecido no bosque detivesen os aliados tempo abondo para tomar a cidade. As forzas otomás, postas baixo o mando do bey de Buda, contaban con 23 000 soldados de infantaría e 5000 de cabalaría.[69]

As tropas aliadas dividíronse en tres seccións: a á esquerda estaba comandada por Carlos de Lorena e Xoán Xurxo de Saxonia e seguiría o curso do Danubio cara á cidade; a zona central estaría baixo o mando Maximiliano II Manuel de Baviera e de Xurxo Federico de Waldeck que avanzarían cara a Sievring e Wahring; e a á dereita baixo o mando persoal de Xoán Sobieski.[69] Antes de entrar en batalla, nun acto correspondente ao ambiente da Europa da Contrarreforma, Sobieski encargouse de dar un sentido relixioso á loita celebrando unha solemne misa antes de entrar en batalla.[72]

Os primeiros enfrontamentos tiveron lugar ás catro da tarde entre as tropas do duque de Lorena, quen encomendou a Lois Guillerme de Baden-Baden o mando dos rexementos austríacos que debían facerlles fronte e o flanco esquerdo turco. O enfrontamento xeneralizouse en toda a liña. Xoán Sobieski e o continxente polaco víronse atrasados pola dificultade do terreo pero cando a cabalaría se fixo paso entre os outeiros e bosques apareceu flanqueando a dereita otomá. Sobieski dirixiu persoalmente o ataque que desbaratou toda oposición das tropas turcas e perseguiunas ata o propio campamento turco. O papel dos húsares polacos foi determinante e ao berro de "Deus salve a Polonia" non pararon ata alcanzar a tenda vermella do Gran Visir e repartirse o seu botín.[73]

 
A batalla de Kahlenberg. Obra de Juliusz Kossak

Kara Mustafá, ao ter noticia do ataque aliado, plantouse na súa tenda disposto a resistir até a morte pero os artilleiros cristiáns descargaron os seus proxectís tratando de alcanzar a súa tenda, alentados polo propio Xoán Sobieski polo que finalmente non quedou máis remedio que fuxir. Ás cinco horas da tarde a batalla de Kahlenberg rematara.[74]

A batalla terminou cunha vitoria total aliada. A perda no exército otomán ascendeu a 20 000 mortos e 5000 feridos mentres que os aliados tiveron 1500 mortos e 2500 feridos. O botín tamén foi inmenso facéndose o exército aliado con 300 pezas de artillaría, 5000 tendas, timbais, armas e bandeira.[73] Entre os estandartes destacou o do Gran Visir que foi enviado por Xoán Sobieski a Inocencio XI.[72]

 
Coán III Sobieski envía unha carta a Inocencio XI trala vitoria na batalla de Kahlenberg. Obra de Jan Matejko

Nunha carta enviada á súa muller referíndose ao botín escribiu:

"Non me diredes o que as mulleres tártaras aos seus home cando os ven vir sen botín: non sodes home; porque o Gran Visir me nomeou o seu legatario universal" [75]
 
Entrada de Xoán III Sobieski en Viena. Obra de Juliusz Kossak

Pola noite, na tenda de campaña que pertencera a Kara Mustafá, Xoán Sobieski escribiu unha carta ao papa Inocencio XI para informarlle da vitoria na que dicía:

"Cheguei, vin e Deus venceu" [72].
 
Xoán III Sobieski reúnese con Leopoldo I de Habsburgo trala vitoria na batalla de Kahlenberg. Obra de Artur Grottger

A mañá posterior, Ernst Rüdiger von Starhemberg, gobernador de Viena, convidou a Xoán Sobieski a entrar na cidade, que consentiu. A súa entrada á cidade foi triunfal tendo que deterse constantemente porque a multitude detiña o progreso con intención de bicar os seus pés e mans mentres os soldados, oficiais e xenerais proclamaban:

O, unser braver könig ("Oh, noso valente rei") [73]

Dirixiuse á catedral de santo Estevo para entoar o tedeum, permanecendo de xeonllos durante todo o cántico.[75]

Esta recepción do rei polaco en Viena parece que espertou os celos do Emperador,[76] o que puido comprobarse na reunión días despois que tiveron ambos na que reinou a frialdade. Con todo, o Emperador arrepentiuse da súa actuación e mandou desculpas ao rei polaco e o seu fillo Xaime Lois Sobieski foi obsequiado cunha espada.[77]

 
A batalla de Parkany. Obra de Juliusz Kossak

A batalla de Parkany editar

O inmenso exército otomán fora derrotado pero non destruído e Xoán Sobieski decidiu que o exército debía porse de novo en marcha contra os seus inimigos. Con todo, algúns aliados alemáns, que estaban molestos con Leopoldo I, atrasaron a partida do exército ata cinco días despois.[78]

Sobieski cruzou o Danubio coas súas tropas e marchou impetuosamente contra os turcos sen esperar pola axuda dos seus aliados. A impetuosidade do rei polaco levouno a entrar nunha emboscada turca e a maioría das tropas polacas comezaron a fuxir. Sobieski estivo a piques de perder a vida nesa emboscada e cando logrou recuperarse perdeu os nervios ao crer que o seu fillo caera prisioneiro dos turcos pero pouco despois o seu propio fillo apareceu ante os seus ollos acougándoo.[75]

Á mañá seguinte Xoán Sobieski puido vingarse desa derrota parcial e puido vencer os otománs na batalla de Parkany na que os turcos perderon 18 000 soldados.[75] Esta vitoria foi seguida pola toma, por parte dos aliados de varias fortalezas, o que provocou que as tropas turcas se retirasen ata Belgrado, deixando Hungría indefensa.

 
Retorno do exército polaco trala batalla de Kahlenberg. Obra de Józef Brandt

Tras esta vitoria, Xoán Sobieski quixo mediar entre o emperador e Emérico Thököly pero Leopoldo negouse a escoitar o rei polaco. Ante esta actitude Xoán Sobieski indignouse e ordenou ao seu exército volver a Polonia, onde chegou a finais de decembro.[79]

A liga Santa editar

Tras chegar a Cracovia, o monarca polaco licenciou o exército. Pouco despois comezaron a chegar representantes da Serenísima República de Venecia e do tsarato Ruso, que sufriran a acometida otomá na Gran guerra turca, para formar unha Liga Santa contra os turcos. En marzo de 1684 formouse a liga Santa que encadraba o Sacro Imperio Romano Xermánico, Venecia, Polonia e o Gran Ducado de Toscana á que se sumou pouco despois Rusia. Os aliados esperaban que o Imperio Otomán, ao ser atacado por varios puntos, non se atopase en condicións de defenderse.

 
Húsar Alado Polaco. Obra de Aleksander Orlowski

Xoán Sobieski iniciou as hostilidades coa intención de recuperar Jaslowicz. A fortaleza rendeuse tras un forte bombardeo. Tras tomar a cidade o obxectivo de Juan Sobieski foi reconquistar Kamianets-Podilskyi.[80] Sobieski decidiu, tras coñecer que a gornición que protexía a cidade era numerosa, render a cidade por fame. Para iso construíu unha ponte sobre o Dniéster e introduciu forzas en Moldavia para que non puidesen chegar tropas a Podolia.[81]

Este plan veuse pronto abaixo pola chegada dun gran continxente de turcos e tártaros que hostigaba os polacos sen chegar á confrontación armada.[82] Xoán Sobieski decidiu construír unha fortaleza fronte a Kamianets-Podilskyi que impedise a chegada de reforzos e protexese as súas tropas das tropas otomás e tártaras.

Para a campaña de 1685 o obxectivo seguía a ser Kamianets-Podilskyi pero cando o rei ía pórse á cabeza do exército sentiuse enfermo e obrigouno a delegar a dirección do exército en Stanisław Jan Jabłonowski.

 
O palacio de Wilanów. Obra de Canaletto

Jablonowski foi atacado polos turcos en Bucovina o 9 de outubro pero puido derrotalos aínda que, a pesar da vitoria, tivo que abandonar a campaña. Mentres Xoán Sobieski estaba enfermo ordenou comezar as obras de construción, á beira do Vístula, do palacio de Wilanow.[83]

Durante esta doenza, as intrigas francesas, as xestións otomás e varios nobres tentaron que se chegase a unha paz co Imperio Otomán que aceptaba entregar Kamianets-Podilskyi pero Xoán Sobieski negouse a asinar unha paz separada aos seus aliados[84] entre outras razóns porque Leopoldo prometera axudalo na conquista de Moldavia e Valaquia e que estes principados quedasen integrados no seu patrimonio familiar.

 
Armadura de Xoán III Sobieski. Exposta no Staatliche Kunstsammlungen de Dresden

A campaña de 1686, polo tanto, supuxo o abandono do asedio de Kamianets-Podilskyi. A invasión de Moldavia e Valaquia produciuse dun xeito rápido. Coa soa presenza do rei polaco, as cidades valacas e moldovas entregábanse mais a conquista non foi duradeira e segundo desaparecía o exército polaco as cidades entraban en rebeldía.[85]

Os seguintes cinco anos pasárono as tropas polacas tentando reafirmar o control sobre os principados danubianos aínda que non se conseguiron resultados óptimos.

A partir do ano 1691, Xoán III Sobieski decidiu non volver pórse á cabeza do exército debido a que os seus achaques e problemas de saúde o incapacitaban para levar a cabo un mando adecuado do exército.[86]

O emperador Leopoldo I de Habsburgo, co afán de reter Polonia na Santa Liga propuxo o matrimonio entre Xaime Lois Sobieski e Eduvixes Isabel Amelia do Palatinado-Neoburgo.[87] O fin do enlace era separar totalmente a Mancomunidade Polaco-Lituana da influencia francesa xa que a esposa era cuñada do Emperador, de Carlos II de España, de Pedro II de Portugal e de Eduardo II Farnesio, duque de Parma.

O marqués de Bethune, que se atopaba en Varsovia visitando a súa cuñada, tentou por todos os medios que non se celebrase o enlace, mais ao final tivo lugar o 25 de marzo de 1691. Tales foron as molestias que causou o marqués que unha das cláusulas da voda esixía que o marqués abandonase inmediatamente Polonia.[87]

 
Escultura de Xoán Sobieski no palacio de Wilanów. Obra de Jerzy Siemiginowski-Eleuter

Os últimos anos de reinado de Xoán Sobieski foron de inestabilidade política dada a impopularidade que alcanzou entre os nobres que trala vitoria en Viena sentían medo cara ás tendencias absolutistas de Xoán Sobieski, especialmente porque parecía que quería asegurar o trono no seu fillo Xacobo.

 
Sepulcro de Xoán III Sobieski na catedral de Wawel.

As sesións parlamentarias de 1685, 1688-89 e 1692 consumíronse en agres debates que tiveron o tesoureiro xudeu Jacob Bezalel no punto de mira, co único obxectivo de desacreditar o rei.[88] Os altos mandos do exército leais e os novos senadores nomeados por el instárono a dar un golpe de estado pero el declinou talvez por medo a unha guerra civil.[88]

Na primavera de 1696 trasladouse ao palacio de Wilanów coa esperanza de que o aire limpo dos xardíns o axudase a respirar mellor.[89]

O 17 de xuño de 1696 o rei parecía algo mellor mais despois da cea caeu repentinamente da cadeira produto dun ataque de apoplexía e permaneceu algún tempo sen coñecemento. Só recobrou o coñecemento para despedirse da súa esposa e familia, morrendo pola noite.[90]

Coa súa morte pechouse unha época gloriosa para Polonia que viu como a chegada ao poder de reis estranxeiros, o egoísmo, a anarquía e a miopía da aristocracia conduciu a unha perda da gloria militar e cultural polaca (o “Sarmatismo”) que rematou coa súa desaparición a finais do século XVIII.

A Arte da Guerra de Xoán Sobieski editar

As tácticas que Sobieski empregou durante a súa carreira militar dependían principalmente dunha acción rápida e en batallas campais cuxo obxectivo era a destrución do inimigo cun mínimo de baixas, a miúdo despois de audaces manobras en terreos accidentados como os outeiros de Viena. Sobieski soubo aproveitar, ademais, a dureza do soldado polaco que estaba máis preparado para soportar situacións climatolóxicas adversas e duras así como a carestía de alimentos, como quedou demostrado na batalla de Chocim e na batalla de Leópolis. Ademais lograba conxeniar cos seus soldados pola súa elocuencia, franca confianza e intrepidez.[91]

 
Estandarte turco capturado na batalla de Kahlenberg.

Era ademais posuidor do don de saber discernir rapidamente os puntos débiles na disposición do seu adversario o que lle servía para lograr vantaxes na batalla e levar a cabo manobras audaces.[91] Carente de recursos financeiros, Sobieski usualmente usou tácticas dilatorias para gañar tempo na mobilización. As súas reformas militares serviron para "polonizar" o exército e darlle un carácter máis nacional ao introducir o polaco como lingua da oficialidade a pesar de que moitos europeos occidentais, valacos e tártaros servían como mercenarios.[88]

 
A batalla de Kahlenberg.

Moitos dos problemas de Sobieski debíanse ás dificultades financeiras causada polo baixo nivel de impostos e o deficiente método de recadación. As responsabilidades recadatorias estaban en mans das dietas rexionais. Grazas ao imposto sobre os estados reais e eclesiásticos púidose manter a cabalaría polaca en óptimas condicións pero non existiron impostos que se dirixisen á infantaría e á artillaría polo que descendeu a súa disciplina e preparación.[88] As obxeccións do Sejm frustraron os seus esforzos por realizar unhas reformas máis profundas no exército, que seguiu a depender da cabalaría aínda que tentou aumentar a potencia de fogo da infantaría.[92] A influencia francesa fixo posible a introdución nos mosquetes da chave de pedernal e a baioneta aínda que a un ritmo baixo.[88]

Fillos de Xoán Sobieski e María Casimira editar

 
Retrato da raíña María Casimira, muller de Xoán III, cos seus fillos
 
Xaime Lois Sobieski. Obra de Henri Gascar

Produto do matrimonio de Xoán III Sobieski e María Casimira de la Grange d´Arquien naceron oito fillos. Catro homes e catro mulleres:

  • Xaime Lois Sobieski ou Xacobe Lois Henrique Sobieski (1667-1737), casado con Eduvixes Isabel Amelia do Palatinado-Neoburgo, irmá de Leonor Magdalena do Palatinado-Neoburgo esposa do emperador Leopoldo I de Habsburgo, despois da morte do seu pai aspirou ao trono polaco.
  • Teresa Teófila Sobieska (1670-1670)
  • Adelaida Luísa Sobieska(1672-1677)
  • María Teresa Sobieska (1673-1675)
  • Teresa Cunegunda Sobieska (1676-1740) contraeu matrimonio con Maximiliano II Manuel de Baviera.
  • Aleksander Benedykt Sobieski (1677-1714)
  • Konstanty Władysław Sobieski (1680-1726)
  • Jan Sobieski (1683-1685)

Xoán Sobieski e o mecenado editar

 
Fachada do palacio de Wilanów

Xoán III Sobieski foi un famoso mecenas da cultura e converteu a corte polaca en referencia para os intelectuais e artistas da época.

Entre os proxectos que patrocinou o máis importante posiblemente foi a construción do palacio de Wilanów, coñecido como o Versalles polaco aínda que tamén fundou varias igrexas en Varsovia como a igrexa dos Capuchinos ou a igrexa de san Casimiro e a Capela Real de Gdansk.

Para estas obras contou con arquitectos como Tilman Gameren e Augustyn Locci e o escultor Andreas Schlüter.

Tamén patrocinou pintores como Daniel Schultz , Jerzy Siemiginowski-Eleuter ou Jan Tricius.

 
Johannes Hevelius. Obra de Daniel Schultz

Non foron os artistas os únicos que gozaron do padroado do rei polaco. Xoán III Sobieski deu o seu mecenado a persoas de varias ramas do saber como humanistas (Wespazjan Kochowski, Joachim Pastorius e Stanislaw Wojciech Chrościńskim), matemáticos e astrónomos (Johannes Hevelius e Adam Adamandym Kochanski), concedendo a algúns deles pagas para que puidesen dedicarse plenamente aos seus estudos.

Notas editar

  1. VARVOUNIS, M 2012, p. 16.
  2. 2,0 2,1 VARVOUNIS, M 2012, p. 17.
  3. 3,0 3,1 VARVOUNIS, M 2012, p. 18.
  4. VARVOUNIS, M 2012, p. 19.
  5. VARVOUNIS, M 2012, p. 20.
  6. 6,0 6,1 VARVOUNIS, M 2012, p. 21.
  7. VARVOUNIS, M 2012, p. 22.
  8. VARVOUNIS, M 2012, p. 23.
  9. VARVOUNIS, M 2012, p. 24.
  10. 10,0 10,1 VARVOUNIS, M 2012, p. 26.
  11. VARVOUNIS, M 2012, p. 27.
  12. VARVOUNIS, M 2012, p. 28.
  13. VARVOUNIS, M 2012, p. 29.
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 VARVOUNIS, M 2012, p. 30.
  15. VARVOUNIS, M 2012, p. 32.
  16. 16,0 16,1 16,2 VARVOUNIS, M 2012, p. 33.
  17. 17,0 17,1 17,2 VARVOUNIS, M 2012, p. 34.
  18. 18,0 18,1 18,2 VARVOUNIS, M 2012, p. 35.
  19. VARVOUNIS, M 2012, p. 36.
  20. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 16.
  21. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 18.
  22. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 19.
  23. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 20.
  24. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 23.
  25. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 24.
  26. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 26.
  27. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 28.
  28. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 30.
  29. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 31.
  30. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 33.
  31. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 48.
  32. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 49.
  33. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 56.
  34. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 59.
  35. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 60.
  36. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 63.
  37. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 64.
  38. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 69.
  39. STONE, D. 2001, p. 236.
  40. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 81.
  41. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 83.
  42. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 86.
  43. SALVANDY N. 1863, p. 407.
  44. SALVANDY N. 1863, p. 410.
  45. SALVANDY N. 1863, p. 412.
  46. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 92.
  47. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 93.
  48. 48,0 48,1 TINDAL PALMER, A. 1815, p. 98.
  49. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 100.
  50. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 115.
  51. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 128.
  52. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 129.
  53. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 130.
  54. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 136.
  55. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 140.
  56. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 141.
  57. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 143.
  58. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 145.
  59. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 161.
  60. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 165.
  61. 61,0 61,1 61,2 STONE, D. 2001, p. 238.
  62. 62,0 62,1 62,2 VILLANUEVA LÓPEZ, J. 2006, p. 98.
  63. 63,0 63,1 VV. AA. 2008, p. 148.
  64. VILLANUEVA LÓPEZ, J. 2006, p. 100.
  65. VEIGA, F. 2006, p. 264.
  66. VILLANUEVA LÓPEZ, J. 2006, p. 97.
  67. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 191.
  68. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 196-200.
  69. 69,0 69,1 69,2 69,3 69,4 69,5 VV. AA. 2008, p. 149.
  70. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 207.
  71. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 210.
  72. 72,0 72,1 72,2 VILLANUEVA LÓPEZ, J. 2006, p. 104.
  73. 73,0 73,1 73,2 VILLANUEVA LÓPEZ, J. 2006, p. 101.
  74. VV. AA. 2008, p. 152.
  75. 75,0 75,1 75,2 75,3 PATXOT Y FERRER, F. 1855, p. 273.
  76. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 230.
  77. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 231.
  78. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 235.
  79. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 239.
  80. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 243.
  81. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 244.
  82. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 245.
  83. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 248.
  84. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 250.
  85. PATXOT Y FERRER, F. 1855, p. 274.
  86. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 251.
  87. 87,0 87,1 TINDAL PALMER, A. 1815, p. 256.
  88. 88,0 88,1 88,2 88,3 88,4 STONE, D. 2001, p. 241.
  89. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 272.
  90. TINDAL PALMER, A. 1815, p. 275.
  91. 91,0 91,1 TINDAL PALMER, A. 1815, p. 277.
  92. BLACK, J 2008, p. 148.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Red. (Eds.) (1962–1964). "Jan III Sobieski". Polski Słownik Biograficzny (en Polish) X. 
  • Black, J., Grandes Líderes Militares y sus campañas. Barcelona. Editorial Blume. 2008.
  • Chełmecki, König J. Sobieski und die Befreiung Wiens (Viena, 1883)
  • Coyer, Histoire de Jean Sobieski (Amsterdam, 1761 e 1783)
  • Du Hamel de Breuil, Sobieski et sa politique de 1674 à 1683 (París, 1894)
  • Dupont, Mémoires pour servir à l'histoire de Sobieski (Varsovia, 1885)
  • Patxot y Ferrer, F.: Los héroes y las grandezas de la tierra: Anales del mundo, formación, revoluciones y guerras de todos los imperios, desde la creación hasta nuestros días. Madrid. Librería de Dº José Cuesta, 1855.
  • Radoslaw Sikora, Bartosz Musialowicz, Winged Hussars, BUM Magazine, 2016.
  • Rieder, Johann III., König von Polen (Viena, 1883)
  • Salvandy, Histoire de Pologne avant et sous le roi Jean Sobieski (two volumes, new edition, París, 1855)
  • Stone, D., The Polish-Lithuanian State: 1386-1795. Washington. University of Washington Press, 2001.
  • Tatham, John Sobieski (Oxford, 1881)
  • Tindal Palmer, Alicia (1815). Authentic memoirs of John Sobieski, King of Poland. Printed for the author; and sold by Longman and Co. 
  • Miltiades Varvounis, Jan Sobieski: The King Who Saved Europe (2012)
  • Veiga, F., El turco: Diez siglos a las puertas de Europa. Barcelona. Editorial Debate. 2006.
  • Villanueva López, J., "La última invasión otomana: el sitio de Viena" en Historia National Geographic Nº 30 (2006) pp. 94–105.
  • Waliszewski, Acta (tres volumes, Cracow, 1684)

Ligazóns externas editar