Valentín Arias

escritor, tradutor e ensaísta galego
(Redirección desde «Valentín Arias López»)

Valentín Arias López, nado na Vilerma (Maside, Sarria) o 21 de abril de 1934 e finado en Sarria o 25 de marzo de 2011[1], foi un escritor, tradutor e ensaísta galego. Foi o pai da escritora Xela Arias.

Valentín Arias
Nacemento21 de abril de 1934
 A Vilerma
Falecemento25 de marzo de 2011
 Sarria
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, tradutor e ensaísta
CónxuxeAmparo Castaño López
FillosXela, Juan Carlos, Marcos, Sabela e Lois
XénerosEnsaio
EstudosMaxisterio
ProfesiónEscritor, tradutor, ensaísta
Na rede
AELG: 50
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Diplomado en Maxisterio, exerceu como mestre e director da Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros (1955-1965). Dirixiu explotacións de froiteiras en Chantada e Outeiro de Rei (1965-1968) e participou no movemento agrícola cooperativista de Lugo organizando unha Cooperativa Escolar de Producións Hortícolas (1968-1969). Dende 1969 e ata a súa xubilación en 1994, exerceu a docencia na Escola de EXB de Moledo (Sárdoma, Vigo). Traballou na Fundación Penzol (1970-1975) e foi xerente da Editorial Galaxia (1975-1978). Colaborou en El Progreso e Grial. Recibiu o premio de Tradución Plácido Castro en 2001.

En 2008, a entón Consellería de Cultura e Deporte homenaxeou a Valentín Arias co gallo do Día Internacional da Tradución, celebrado o 30 de setembro daquel ano. Recoñecía e premiaba deste xeito o traballo desenvolvido durante anos [2].

Obra editar

 
Placa conmemorativa na casa na que viviu na Vilerma.

Ensaio editar

  • A lingua galega na escola, 1969, Galaxia.
  • Lecturas galegas, 1972.
  • A escola rural en Galicia, 1975.
  • Lois e Sabela, 1983.
  • Catro nenos, 1984.
  • En galego sen erros, 1991, Xunta de Galicia.
  • Escribir ben, 1991, Xunta de Galicia.
  • Libro de estilo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Prontuario ortográfico de galego, 1993, Edicións do Cumio.
  • Avelino Pousa Antelo: Galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural, 2004, Ir Indo.

Traducións editar

 
Valentín Arias

Edicións editar

Obras colectivas editar

  • Antonio Fernández López: empresario, reformador e filántropo, 2001, Ir Indo, con Avelino Pousa Antelo.
  • Lois Tobío: O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo, 2004, Ir Indo, con Xulio Ríos.
  • Xela Arias, quedas en nós, Xerais, 2004.

Traducións colectivas editar

Notas editar

  1. "Falece o escritor e tradutor Valentín Arias" Arquivado 05 de maio de 2011 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 25 de marzo de 2011.
  2. "Galicia rende homenaxe a Valentín Arias no Día da Tradución", en La Voz de Galicia 1.10.2008.
  3. Ficha do libro na Rede de Bibliotecas de Galicia.
  4. Obra en aberto (PDF) no catálofo de BIVIR.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar