Usuario:AMPERIO/Portal:Rusia


Portal Rusia


Rusia, (en ruso: Россия, transliteración: Rossiya, ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Kuriles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o Océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta con Xapón, ao sur con Corea do Norte, China, Mongolia, Casaquistán, o Mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co Golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.


Artigo destacado

A Revolución de Outubro (en ruso: Октябрьская революция, Oktiabrskaia revoliutsiia), tamén coñecida como Revolución Bolxevique, foi a segunda fase da Revolución Rusa de 1917, trala Revolución de Febreiro. A data 25 de outubro de 1917 corresponde ao calendario xuliano vixente no Imperio Ruso, despois abolido polo novo Goberno bolxevique. No resto do mundo, baixo o calendario gregoriano, os sucesos iniciáronse o día 7 de novembro de 1917.

As sucesivas derrotas rusas na primeira guerra mundial foron unha das causas da Revolución de Febreiro. No momento de entrada na guerra, todos os partidos políticos mostráronse favorables á participación na contenda, coa excepción do Partido Obreiro Socialdemócrata, o único partido europeo xunto ao Partido Socialista do Reino de Serbia que se negou a votar os créditos de guerra, pero advertiu que non trataría de sabotar os esforzos provocados pola guerra...

Biografía destacada

Anastasia Nikolaevna Romanova (en ruso: Анастасия Николаевна Романова), nada en Peterhof o 5 de xuñoxul./ 18 de xuño de 1901greg. e finada en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918. Foi a filla máis nova do emperador Nicolao II, o último tsar da Rusia Imperial, e da súa esposa Alexandra Feodorovna. Anastasia foi a irmá menor das grandes duquesas Olga, Tatiana e María, e a irmá maior do tsarévich Aleksei. Foi asasinada xunto ao resto da súa familia o 17 de xullo de 1918 por forzas da policía secreta bolxevique. A lenda de que Anastasia sobrevivira á Revolución Rusa estivo vixente durante todo o século XX e moitas impostoras afirmaron ser a princesa. A máis famosa delas foi Anna Anderson, pero a pesar do apoio que lle prestaron moitas persoas que coñeceran a Anastasia, as probas de ADN de Anderson no seu pano e pelo revelaron que non tiña ningún parentesco coa gran duquesa...

Sabías que...?

Estreito Espacial MIR

Símbolos históricos

Imaxe destacada

Mariñeiros anarco-revolucionarios rusos en Helsinki en 1917

Artigos de calidade e bos

Categorías

Portal Alemaña
Portal Alemaña

Alemaña

Portal España
Portal España

España

Portal Finlandia
Portal Finlandia

Finlandia

Portal Francia
Portal Francia

Francia

Portal Ucraína
Portal Ucraína

Ucraína

Portal Israel
Portal Israel

Israel

Portal Italia
Portal Italia

Italia

Portal Kirguizistán
Portal Kirguizistán

Kirguizistán

Portal Países Baixos
Portal Países Baixos

Países Baixos

Bulgaria
Bulgaria

Bulgaria

Índice de Portais
Índice de Portais

Outros portais