Este modelo serve para reutilizar calquera parte de calquera páxina en calquera outra páxina. Esta práctica ten varias vantaxes:

  • Reduce o mantemento, xa que evita contido duplicado que se debe actualizar independentemente
  • Mellora a cualidade do contido, xa que incentiva a fusión de contidos relacionados no canto de ter múltiplas versións do mesmo en diversos graos de desenvolvemento e actualización
  • Fomenta a colaboración, xa que canaliza contribuíntes ós mesmos artigos no canto de traballar en paralelo

Tamén ten varias desvantaxes:

  • Obstaculiza a edición, xa que se ten que ir ó subartigo para realizar mudanzas no artigo principal
  • Reduce a precisión, xa que un extracto dun artigo non sempre encaixa de xeito perfecto nun artigo novo
  • Diminúe a visibilidade das novas mudanzas, xa que estas se fan no subartigo e non aparecen na lista de vixilancia dos usuarios do artigo principal

Este modelo estende as capacidades da transclusión normal.

Uso básico

editar
  • {{Extracto|Título da páxina}} — Transcluír a sección introdutoria (exemplo)
  • {{Extracto|Título da páxina|Título da sección}} — Transcluír unha sección específica, excluíndo subseccións (exemplo)

Parámetros

editar
  • 1 — Título da páxina a transcluír. Único parámetro obrigatorio. De xeito predefinido transclúese a sección introdutoria (exemplo).
  • 2 — Título da sección a transcluír (exemplo).
  • fragmento — Nome do fragmento a transcluír. Débese marcar con <section begin=Nome do fragmento/> e <section end=Nome do fragmento/> na páxina transcluída (exemplo). Nótese que este modelo prové outros xeitos de transcluír fragmentos específicos sen a necesidade de etiquetas de sección.
  • — Elementos a transcluír. De xeito predefinido transclúense tódolos elementos.
    • só=ficheiro ou só=ficheiros — Transcluír só os ficheiros (exemplo)
    • só=lista ou só=listas — Transcluír só as listas (exemplo)
    • só=táboa ou só=táboas — Transcluír só as táboas (exemplo)
    • só=modelo ou só=modelos — Transcluír só os modelos
    • só=parágrafo ou só=parágrafos — Transcluír só os parágrafos
  • parágrafos — Parágrafos a transcluír. De xeito predefinido transclúense tódolos parágrafos.
    • parágrafos=0 — Non transcluír parágrafos
    • parágrafos=1 — Transcluír o primeiro parágrafo
    • parágrafos=2 — Transcluír o segundo parágrafo
    • parágrafos=1,3 — Transcluír o primeiro e terceiro parágrafo
    • parágrafos=1-3 — Transcluír o primeiro, segundo e terceiro parágrafo
    • parágrafos=1-3,5 — Transcluír o primeiro, segundo, terceiro e quinto parágrafo
    • parágrafos=-1 — Transcluír tódolos parágrafos agás o primeiro
    • parágrafos=-2 — Transcluír tódolos parágrafos agás o segundo
    • parágrafos=-1,3 — Transcluír tódolos parágrafos agás o primeiro e tercero
    • parágrafos=-1-3 — Transcluír tódolos parágrafos agás o primeiro, segundo e tercero
    • parágrafos=-1-3,5 — Transcluír tódolos parágrafos agás o primeiro, segundo, tercero e quinto
  • listas — Listas a transcluír. De xeito predefinido transclúense tódalas listas. Mesma sintaxe ca ó transcluír parágrafos.
  • ficheiros — Ficheiros a transcluír. De xeito predefinido transclúense tódolos ficheiros. Mesma sintaxe ca ó transcluír parágrafos, mais tamén:
    • ficheiros=A.jpg — Transcluír o ficheiro «A.jpg»
    • ficheiros=A.jpg, B.png, C.gif — Transcluír os ficheiros «A.jpg», «B.png» e «C.gif»
    • ficheiros=.+%.png — Transcluír tódolos ficheiros PNG
    • ficheiros=-A.jpg — Transcluír tódolos ficheiros agás «A.jpg»
    • ficheiros=-A.jpg, B.png, C.gif — Transcluír tódolos ficheiros agás «A.jpg», «B.png» e «C.gif»
    • ficheiros=-.+%.png — Transcluír tódolos ficheiros que non son PNG
  • táboas — Táboas a transcluír. De xeito predefinido transclúense tódalas táboas. Mesma sintaxe ca ó transcluír parágrafos, mais tamén:
    • táboas=Stats2020 — Transcluír a táboa con id «Stats2020»
    • táboas=Stats2020, Stats2019, Stats2018 — Transcluír as táboas con ids «Stats2020», «Stats2019» e «Stats2018»
    • táboas=-Stats2020 — Transcluír tódalas táboas agás a que ten id «Stats2020»
    • táboas=-Stats2020, Stats2019, Stats2018 — Transcluír tódalas táboas agás as que teñen ids «Stats2020», «Stats2019» e «Stats2018»
  • modelos — Modelos a transcluír. De xeito predefinido transclúense tódolos modelos. Mesma sintaxe ca ó transcluír parágrafos, mais tamén:
    • modelos=Infobox — Transcluír o modelo «Infobox»
    • modelos=Infobox, Navbox, Chart — Transcluír os modelos «Infobox», «Navbox» e «Chart»
    • modelos=-Infobox — Transcluír tódolos modelos agás «Infobox»
    • modelos=-Infobox, Navbox, Chart — Transcluír tódolos modelos agás «Infobox», «Navbox» e «Chart»
  • inicio — Troca o texto inicial do aviso. Por exemplo, se o contido transcluído for unha sección, poderíase empregar inicio=Esta galería é para o aviso aparecer como «Esta galería é un extracto de…»
  • aviso=non — Agocha o aviso «Esta sección é un extracto de…»
  • aviso=final — Amosa o aviso «Ler máis…» ó final e oculta o aviso «Esta sección é un extracto de…» do comezo (exemplo).
  • cita=si — Envolve o extracto con etiquetas <blockquote>.
  • marcador=si — Engade unha liña vertical á esquerda do extracto para indicar onde comeza e onde termina. Emprégase cando unha sección inclúe contido propio que se quere distinguir do extracto.
  • span=si — Envolve o extracto con etiquetas <span> e agocha o aviso inicial; para empregar o extracto dentro doutro texto.
  • referencias=non — Tira tódalas referencias (exemplo).
  • subseccións=si — Inclúe as subseccións da sección transcluída. Nótese que se a transclusión se fai desde unha sección de nivel 3, e as subseccións transcluídas tamén son de nivel 3, daquela as subseccións transcluídas hanse amosar coa mesma xerarquía da sección transclusora, o cal probabelmente non sexa desexábel, de xeito que se debe empregar esta opción con coidado.
  • grosas=si — Conserva as grosas do extracto.

Como substituír unha sección por un extracto

editar
Como substituír unha sección por un extracto (en inglés).

Moitas seccións son resumos de subartigos máis precisos que adoitan ligar mediante o Modelo:AP. En ocasións é conveniente substituír ditas seccións por extractos dos subartigos, após fusionar o contido orixinal da sección (se o houber) no subartigo. Isto mellora tanto o subartigo como a sección.

Un xeito eficiente de proceder é:

  1. Abrir o artigo coa sección nunha lapela e o subartigo noutra.
  2. Editar ambos
  3. Copiar o texto da sección e apegalo embaixo da introdución do subartigo.
  4. Eliminar o contido repetido e axustar utilizando o senso común.
  5. Gardar as mudanzas no subartigo e deixar un resumo de edición como: «Engado contido desde [[Artigo]]».
  6. De volta na sección, eliminar o contido e deixar un extracto do subartigo.
  7. Gardar as mudanzas na sección cun resumo de edición como: «Movo contido a [[Subartigo]] e deixo extracto».

Exemplos

editar

Introdución de artigo

editar
{{Extracto|Algoritmo de Euclides}}

O algoritmo de Euclides é un método antigo e eficaz para calcular o máximo común divisor (MCD). Foi descrito orixinariamente por Euclides na súa obra Elementos. O algoritmo de Euclides estendido é unha lixeira modificación que permite ademais expresar o máximo común divisor como unha combinación linear. Este algoritmo ten aplicacións en diversas áreas como álxebra, teoría dos números e ciencias da computación entre outras. Cunhas pequenas modificacións adoita empregarse en computadoras electrónicas debido á súa grande eficiencia.

Sección de artigo

editar
{{Extracto|Galiza|Etimoloxía}}

Os nomes "Galiza" e "Galicia" derivan da palabra latina Gallaecia (ou Callaecia), que significaba literalmente «terra dos galaicos». Callaecia[1] 'a terra dos Callaeci', de *kallā- «madeira»[2] co sufixo complexo local -āik-. Posteriormente tornouse Gallicia, actual Galicia ou Galiza. Os galaicos (en latín: Gallaeci, en grego: Καλλαϊκοί) foron o pobo máis numeroso do noroeste da Península Ibérica xa antes da súa integración ao Imperio Romano no século I a. C., aínda que algúns autores consideran que en orixe o termo "galaico" era empregado para denominar unha pequena tribo ao norte do río Douro, os callaecos; sexa como for, este nome acabou por denominar todo un grupo étnico de lingua celta e culturalmente homoxéneo, situado entre o mar Cantábrico e o río Douro.[3]

A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a. C., cando o xeneral romano Décimo Xunio Bruto Galaico regresa a Roma —despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, lusitanos e galaicos— recibindo do propio Senado romano o título de Gallaecus ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra estes.[4] Tras estes primeiros contactos, o mundo grecolatino vai denominar o seu país como Gallaecia, tal e como fixeron Estrabón, Plinio e Apiano, entre outros. Será este nome Gallaecia a que irá evolucionando durante máis de trece séculos, e que acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".

Máis controvertido é, non obstante, o significado orixinario do termo Gallaicus (galaico) e consecuentemente de Gallaecia. O primeiro autor que teorizou sobre isto foi Isidoro de Sevilla, quen no século VII explicaba que o nome "galaico" aludía á pel branca como o leite que tiñan os seus habitantes, de xeito similar aos habitantes da Galia[5]. Serán moitos autores posteriores os que tenten buscar o significado deste nome, tales como Afonso X o Sabio, Ramón Barros Sivelo ou Murguía, mais hoxe tende a relacionarse con étimos das linguas celtas, e indoeuropeas en xeral, de maneira que o significado exacto da palabra é, actualmente, descoñecido.

Primeiro parágrafo con liña marcadora

editar
texto texto texto
{{Extracto|Escudo de Galiza|marcador=si|parágrafos=1}}
texto texto texto

texto texto texto

O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.[1]

texto texto texto

Só ficheiro

editar
{{Extracto|Ciencia|só=ficheiro}}
Alegoría da Ciencia por Jules Blanchard, situada na entrada da casa do concello de París.

Só táboa

editar
{{Extracto|Vilarraso, Aranga|Historia|só=táboa}}

Só lista

editar
{{Extracto|Unión dinástica|só=lista}}
  • Unión persoal, cando dous ou máis reinos, Estados…, após acontecementos dinásticos ou matrimoniais, se achan co mesmo xefe de estado, xeralmente o rei;
  • Unión real, cando dous ou máis reinos, Estados…, deciden, seguindo un tratado, ter un ou máis órganos ou institucións xurídicas comúns, incluído o soberano.

Fragmento

editar
{{Extracto|Limiar (arquitectura)|fragmento=definición}}
Soarego visto do interior.

O limiar,[1] soarego[2] ou sarego[3] é a peza situada na parte inferior dunha porta, sobre o piso e flanqueada polas xambas. Pode ser de diferentes materiais como pedra, madeira etc. Tamén pode recibir o nome de soleira,[4] aínda que este normalmente se refire á peza dunha xanela.

Algunhas culturas outorgan un simbolismo especial ós limiares.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para limiar.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para soarego.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sarego.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para soleira.

Extracto para portal

editar
{{Extracto|Martin Luther King|aviso=final|referencias=non|grosas=si}}
Luther King en 1964.

Martin Luther King, Jr., nado como Michael King Jr en Atlanta (Xeorxia) o 15 de xaneiro de 1929 e asasinado en Memphis (Tennessee) o 4 de abril de 1968, foi un ministro e activista baptista estadounidense, un dos líderes máis destacados do movemento polos dereitos civís desde 1955 ata o seu asasinato en 1968. Líder da igrexa afroamericana e fillo do activista dos dereitos civís e ministro Martin Luther King Sr., King promoveu os dereitos civís da xente de cor nos Estados Unidos a través da non-violencia e a desobediencia civil. Inspirado polas súas crenzas cristiás e o activismo non violento de Mahatma Gandhi, dirixiu unha resistencia non violenta contra as leis de Jim Crow e outras formas de discriminación.

King participou e dirixiu marchas polo dereito ao voto, a desagregación, os dereitos laborais e outros dereitos civís.[1] Supervisou o boicot aos autobuses de Montgomery de 1955 e máis tarde converteuse no primeiro presidente da Conferencia Sur de Liderado Cristián (Southern Christian Leadership Conference, SCLC). Como presidente do SCLC, dirixiu o fracasado Movemento de Albany en Albany, Xeorxia, e axudou a organizar algunhas das protestas non violentas de 1963 en Birmingham, Alabama. King foi un dos líderes da marcha sobre Washington de 1963, onde pronunciou o seu discurso "Teño un soño" na escalinata do Lincoln Memorial. O movemento polos dereitos civís logrou avances lexislativos fundamentais na lei de dereitos civís de 1964, a lei do dereito ao voto de 1965 e a lei de vivenda xusta de 1968.

A SCLC puxo en práctica a táctica da protesta non violenta con certo éxito, escollendo estratexicamente os métodos e lugares nos que se levaban a cabo as protestas. Houbo varios enfrontamentos dramáticos coas autoridades segregacionistas, que ás veces se volveron violentos,[2] King foi encarcerado varias veces. O director da Federal Bureau of Investigation (FBI) J. Edgar Hoover consideraba a King un radical e converteuno en obxecto da COINTELPRO do FBI a partir de 1963. Os axentes do FBI investigárono por posibles vínculos comunistas, espiaron a súa vida persoal e gravárono en segredo. En 1964, o FBI enviou a King unha carta anónima ameazadora, que el interpretou como un intento de que se suicidase.

O 14 de outubro de 1964, King foi premiado co Nobel da Paz por combater a desigualdade racial mediante a resistencia non violenta. En 1965, axudou a organizar dúas das tres marchas de Selma a Montgomery. Nos seus últimos anos, ampliou o seu enfoque para incluír a oposición á pobreza, o capitalismo e a guerra de Vietnam. En 1968, King planeaba unha ocupación nacional de Washington, D.C., que se chamaría Campaña dos Pobres, cando foi asasinado o 4 de abril en Memphis, Tennessee. A súa morte foi seguida de loito nacional, así como de ira que desembocou en disturbios en moitas cidades dos Estados Unidos. King recibiu a título póstumo a Medalla Presidencial da Liberdade en 1977 e a Medalla de Ouro do Congreso en 2003. O Día de Martin Luther King Jr. estableceuse como día festivo en cidades e estados dos Estados Unidos a partir de 1971; o día festivo federal celebrouse por primeira vez en 1986, mediante unha lei asinada polo Presidente Ronald Reagan. Centos de rúas nos Estados Unidos foron rebautizadas na súa honra, e o Condado de King no Estado de Washington foi rebautizado na súa honra. O Martin Luther King Jr. Memorial no National Mall en Washington, D.C., foille dedicado en 2011.

Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1964.

TemplateData

editar

Este modelo serve para transcluír unha parte dun artigo. Se quixeres modificar o texto, debes modificar o artigo fonte.

Parámetros do modelo[Editar os datos do modelo]

ParámetroDescriciónTipoEstado
Artigo1 artigo

Título do artigo a transcluír

Exemplo
Filosofía
Nome da páxinaobrigatorio
Sección2 sección

Título da sección a transcluír. Se se omitiren este parámetro e o de fragmento, transclúese a sección introdutoria do artigo.

Exemplo
Historia
Cadea de caracteresopcional

Transcluír só o elemento indicado

Exemplo
táboa
Cadea de caracteresopcional
Fragmentofragmento

Nombre do fragmento a transcluír. Se se omitiren este parámetro e o de fragmento, transclúese a sección introdutoria do artigo.

Exemplo
inflación
Cadea de caracteresopcional
Avisoaviso

Posición da mensaxe de aviso. Pode ser «inicio» ou «final»; calquera outro valor (por exemplo «non») oculta o aviso.

Por defecto
inicio
Exemplo
final
Cadea de caracteresopcional
Inicioinicio

Modifica o texto inicial para indicar mellor o contido transcluído

Exemplo
Esta táboa é
Cadea de caracteresopcional
Marcadormarcador

Engade unha liña vertical á esquerda do extracto para indicar o inicio e o final do mesmo.

Exemplo
si
Lóxico (booleano)opcional
Ficheirosficheiros

Cales ficheiros se van transcluír?

Por defecto
1
Exemplo
1-3,5
Cadea de caracteresopcional
Párrafosparágrafos

Cales parágrafos se van transcluír?

Exemplo
1,3-5
Cadea de caracteresopcional
Referenciasreferencias refs

Preservar as referencias?

Por defecto
si
Exemplo
non
Lóxico (booleano)opcional
Subsecciónssubseccións

Preservar as subseccións?

Por defecto
non
Exemplo
si
Lóxico (booleano)opcional
Táboastáboas

Preservar as táboas?

Por defecto
si
Exemplo
non
Lóxico (booleano)opcional
Grosasgrosas

Preservar as grosas?

Por defecto
non
Exemplo
si
Lóxico (booleano)opcional

Véxase tamén

editar


  1. Jackson 2006, p. 53.
  2. Glisson 2006, p. 190.