Luís Iglesia

actor galego
(Redirección desde «Luis Iglesia»)

Luís Iglesia Besteiro, nado en Riotorto o 2 de febreiro de 1962, é un actor galego de cine, televisión e teatro, ademais de actor de voz e director de dobraxe.[1]

Modelo:BiografíaLuís Iglesia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Riotorto, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de dobraxe Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1675116 Allocine: 451111 Allmovie: p504773 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Inicios

editar
 
Luís Iglesia en Sede de mal.

Comezou na televisión co-presentando en 1987 o programa infantil da TVG, Rapaces, e en 1997 Cousa, Cousiña.[2] Traballou no teatro con varias compañías, especialmente con Teatro do Aquí en obras como Rastros[3], en curtametraxes como Contar, de Teo Manuel Abad, e no mundo da dobraxe, como actor e director, converténdose na voz habitual de Harrison Ford, Robert De Niro, Mel Gibson, Paul Newman, Chuck Norris ou Garfield, entre outros.[4] En 1999 apareceu nun episodio da coñecida serie Mareas Vivas.

Anos 2000

editar

En 2001 comezou a interpretar a Antón en Terra de Miranda, papel que realizou durante as primeiras tres temporadas da serie. Durante eses anos apareceu como secundario en varios filmes como Entre bateas (2002), O agasallo de Silvia (2003), A promesa (2004), Heroína (2005) ou Pataghorobí (2005), en series como Pepe Carvalho (2003), As leis de Celavella (2004), Libro de familia (2005) ou Hospital Central (2008) e en curtametraxes como Palíndromo (2008).

Anos 2010

editar

Dende 2009 e ata 2013 interpretou o narcotraficante Carmelo Matalobos, na serie da Televisión de Galicia, Matalobos,[5] sendo este o seu primeiro papel como protagonista. A serie foi un éxito de audiencia e converteuse nun fenómenos social en Galicia, loada por crítica e público,[6] e o papel de Luis Iglesia como o xefe do clan valeulle catro nomeamentos consecutivos como candidato ao Premio Mestre Mateo ao mellor actor.

Paralelamente a Matalobos participou en varias series e miniseries fóra de Galicia: No soy como tú (2010), producida por Antena 3, e Piratas (2011), Ángel o demonio (2011) e La fuga (2012), de Telecinco. Tamén no 2012 actuou no filme galego Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpretou a personaxe de Breixo de adulto. En 2013 participou no filme Somos xente honrada de Alejandro Marzoa e na miniserie histórica galego-catalá Salgadura.[7] Así mesmo, protagonizou a obra de teatro Gaivotas subterráneas, coa que gañou o Premio Fetega ao mellor actor de teatro[8] e deu voz ó Dicionario de pronuncia da lingua galega do Instituto da Lingua Galega.[9]

En 2014, meteuse no papel de Emilio en Libro de familia, personaxe que interpretou ata o final da serie en 2018.[10] Tamén no 2014 interpretou o organista da Catedral de Santiago na miniseria Códice[11] e puxo voz a Hachibaldo no filme animado de Ernesto Padrón, Maimiño e o espello máxico.[12] En 2015 apareceu no filme A praia dos afogados, de Gerardo Herrero e ao ano seguinte tivo un pequeno papel en Julieta, de Pedro Almodóvar,[13] así como na curtametraxe Vida, de Manuel Garrido e Rubén Riós.

En 2017 apareceu en varios episodios da serie de TVE El ministerio del tiempo, e en 2018 en Vivir sin permiso, serie de Telecinco inspirada nun relato de Manuel Rivas. Tamén ese ano traballou en Las Brujas de E'lente, de Simón Vázquez, o primeiro filme de cine fantástico rodado na provincia de Ourense.[14] En 2019 actuou como Augusto Mendoza en Lobos e cordeiros, fixo de narrador para a Real Filharmonía de Galicia, recitando a Oscar Wilde,[15] e dende setembro interpretou o excomisario Emilio Fortes nos primeiros episodios da serie A estiba, da TVG.

Filmografía

editar

Filmes

editar

Series de TV

editar

Curtametraxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
Ano Categoría Filme Resultado
2009 Mellor actor Matalobos Nomeado
2010 Mellor actor Matalobos Nomeado
2011 Mellor actor Matalobos Nomeado
2012 Mellor actor Matalobos Nomeado

Premios Fetega

editar
Ano Categoría Obra Resultado
2013 Mellor actor de teatro Gaivotas subterráneas Gañador[8]
  1. "Luís Iglesia no Soportal do Audiovisual Galego". Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  2. "25 anos de Televisión de Galicia" (PDF). El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de marzo de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  3. "Axencia Audiovisual Galega.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  4. "Harrison Ford coida que as clases humildes salvaron o galego", artigo en El Progreso, 15 de maio de 2008.
  5. "Matalobos, un «thriller» con acento lucense", artigo en La Voz de Galicia, 12 de abril de 2009.
  6. "Matalobos, el auténtico clan televisivo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de marzo de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  7. "A TVG ofrece integramente a miniserie 'Salgadura', unha historia de ambición, traizón e paixón, inspirada nos Massó". CRTVG. 14 de agosto de 2017. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  8. 8,0 8,1 "O Fetega premia a obra «Gaivotas subterráneas»". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 2013. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  9. Créditos do Dicionario de pronuncia da lingua galega.
  10. "Os espectadores da TVG escollerán o final da serie 'Pazo de familia'". La Opinión A Coruña. 14 de novembro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  11. "TVG emite el desenlace de la serie «Códice»". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de decembro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  12. "«Maimiño», la película gallega que arrasa en Cuba, llega a las salas españolas". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de maio de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  13. "Elenco completo de "Julieta"". www.cine.com. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  14. ""Las brujas de E'lente", de Simón Vázquez, el primer filme de cine fantástico rodado en la provincia". Faro de Vigo (en castelán). 1 de decembro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  15. "A Real Filharmonía de Galicia pecha a tempada de abono 2018/2019 coa estrea en España de "A balada do cárcere de Reading", de Jonathan Rathbone". 27 de maio de 2019. Consultado o 22 de outubro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar