Abrir o menú principal

One Piece (ワンピース Wanpīsu?) é unha serie xaponesa de manga shōnen creada por Eichiro Oda e publicada na revista Shūkan Shōnen Jump. Conta cunha adaptación a serie de anime creada por Toei Animation.

One Piece cosplayers in Yokohama 20050703.jpg
ワンピース
(Wanpīsu)
FormatoAventuras, Acción, Comedia, Drama, Shōnen
Creado porEichiro Oda
IntérpretesAnimación
País de orixeFlag of Japan.svg Xapón
EpisodiosAínda en emisión (+600)
Duración24'x Cap.
DistribuidorArait Multimedia
Canle de orixeFuji TV
Formato de imaxe4:3 / 16:9
Primeira emisión20 de outubro de 1999
Derradeira emisión? de ? de 2???
Páxina web
Ficha na IMDb

HistoriaEditar

O manga comezou a súa publicación o 19 de xullo de 1997 na revista semanal Shūkan Shōnen Janpu e ata o 31 de outubro de 2012 apareceron máis de 700 capítulos que se publican tamén como tankōbon, polo de agora 70. A serie de televisión, producida por Toei Animation, principiou a súa emisión en 1999 e ata o 2013 leva emitidos 600 episodios. En Galicia, a TVG e máis tarde TVG2 emiten a serie dentro do espazo Xabarín Club e máis tarde a TVG2.

One Piece presenta as aventuras de Monkey D. Luffy, un adolescente de 17 anos que adquiriu habelencias sobrenaturais ao comer un froito do demo e que pretende conseguir o seu máis gran devezo, o gran tesouro One Piece o que o transformaría no Rei dos Piratas.

SinopseEditar

Monkey D. Luffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Luffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido.

Luffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro.

Nas súas aventuras, Luffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe pola Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.

PersonaxesEditar

Artigo principal: Personaxes de One Piece.

EpisodiosEditar

DobraxeEditar

  • Estudio: Sodinor S.A. (Vigo).
  • Data: 2008-2012.
  • Dirección: Matías Brea.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
 
Actor orixinal
(Seiyū)  
Monkey D. Luffy Daniel Lema Mayumi Tanaka
Zoro Rorona Nacho Castaño Kazuya Nakai
Nami Montse Davila Akemi Okamura
Usopp Manuel Pombal Kappei Yamaguchi
Sanji Gaspar Somoza Hiroaki Hirata
Nefertari Vivi / Miss Wednesday Beatriz García Misa Watanabe
Reni Reni Chopper Charo Pena Ikue Ootani
Nico Robin / Miss All-Sunday Teresa Santamaría Yuriko Yamaguchi
Coby Ana Lemos Mika Doi
Helmeppo Antón Olmos Koichi Nagano
Shanks Óscar Fernández Shuichi Ikeda
Gol D. Roger Antón Cancelas Chikao Ohtzuka
Capitán Fumeta Alfonso Valiño Ginzo Matsuo / Mahito Oba
Tashigi Xermana Carballido Noda Junko
Capitán Buggy Andrés Bellas Shigeru Chiba
Alvida (gorda) Amelia Rodríguez Yoko Matsuoka
Alvida (fraca) Miriam Aldrei Yoko Matsuoka
Zeff Pés Vermellos Alfonso Valiño Koji Yada
Don Krieg Luís Iglesia Tachiki Fumihiko
Ollos de Falcón Xosé Tanas Takeshi Aono
Nojiko Isabel Vallejo Wakana Yamazaki
Bellemere Teresa Santamaría Noriko Hidaka
Arlong Miguel Pernas Jurota Kosugi
Mr. 3 Matías Brea Nobuyuki Hirayama
Miss Goldenweek Helena Amoedo Akiko Nakagawa
Mr. 0 / Crocodilo Gonzalo Faílde Ryuzaburo Otomo
Mr. 2 / Bon Clay Antón Rubal Kazuki Yao
Wapol Paco Barreiro Bin Shimada
Portgas D. Ace Gelos Rosado Toshio Furukawa
Koza Chema Gagino Takeshi Kusao
Mr. 1 Óscar Fernández Tetsu Inada

Música de One PieceEditar

Artigo principal: Música de One Piece.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar