Personaxes de One Piece

Esta é unha lista dos personaxes que aparecen no manga e mais o anime One Piece de Eichiro Oda.

Tripulación do Sombreiro de PallaEditar

  • Ruffy: Ruffy é o capitán do barco e, xunto coa súa tripulación, comezara a aventura para atopar o tesouro que o pirata Gold Roger agochou na Gran Ruta e así converterse no Rei dos Piratas. A devoción por converterse en pirata compártea xunto cun amigo seu, Shanks o rubio, quen tamén lle regalou o sombreiro de palla que sempre leva enriba. É un rapaz alegre e despreocupado e ten unha habilidade moi curiosa: pode alongar todas as partes do seu corpo, xa que de pequeno inxeriu o Froito de Goma Goma (un dos moitos dos froitos do demo que lle outorgan a persoa que os come uns poderes extraordinarios en troques de non poder nadar).
  • Zoro: Zoro é un grande espadachín e a súa habilidade coa espada é coñecida en todo o mundo. É intelixente, calmado e prudente. Ten un aire misterioso, e un pasado moi triste e traumático: a súa amiga Kuina morreu de pequena e a partir de aí, Zoro propúxose converterse no mellor espadachín do mundo. É un grande amigo de Ruffy, ó que lle garda moito aprecio e ó que comprende moi ben. A pesar da súa imaxe perigosa e desafiadora, é un rapaz máis ben tímido e introvertido. Antes de coñecer a Ruffy, foi cazador de recompensas.
  • Nami: Cando tiña cinco anos, Nami foi testemuña da morte da súa nai adoptiva. O seu asasino, Arlong, raptouna despois dese suceso. Afortunadamente logrou fuxir e se incorporou ó grupo de piratas de Ruffy, para loitar contra xente coma Arlong. É boísima preparando estratexias e elaborando mapas. No pasado quixo liberar ó seu pobo natal, Cocoyashi, da opresión de Arlong, e despois de acadar o seu obxectivo, propúxose completar un mapa de navegación do mundo.
  • Usopp: Usopp non tivo unha infancia nada fácil, o seu pai marchou nun barco pirata e a súa nai morreu enferma. Usopp vivía coa esperanza de que seu pai volvería cunha menciña para curala, pero iso non puido ser. Despois, uns piratas chegaron a súa aldea e destruírona. Despois desta desgraza coñeceu a Ruffy, e xuntos lograron recuperar a paz e axudar a unha amiga de Usopp que estaba ameazada por Kuro, un pirata malvado. Esta recompensounos regalándolles o seu primeiro barco: o espírito de Merry. Usopp é algo mentireiro, pero un inventor xenial.
  • Sanji: É o cociñeiro do barco e considera a comida algo sagrado, xa que estivo a piques de morrer de fame xunto co seu amigo Zeff. Coa súa elegancia e as súas mañas na cociña ten moito éxito coas mulleres, pero realmente está namorado de Nami. Este rapaz é un loitador de primeira, as súas patadas son espectaculares e as súas pernas semellan hélices de helicóptero. Sanji é un fumador sen remedio cuxo meirande soño é atopar o Mar Total, un mar no que conviven todos os peixes do mundo.
  • Reni Reni Chopper: É un reno que pertence á cuadrilla de Ruffy. Pode transformar o seu corpo e é moi útil nas batallas. Ao igual que Usopp é un chisco covarde.

Personaxes secundariosEditar

  • Coby e Helmeppo: Coby é un rapaz que pertencía á cuadrilla de Alvida. Grazas a Ruffy, puido fuxir desta pirata e cumpriu o seu soño: formar parte da Armada. Helmeppo, era fillo dun dos capitáns máis feroces da Armada, o capitán Morgan. Cando este foi arrestado, foi dar en formar parte da Armada onda Coby.
  • Kaya e Merry: Kaya era amiga de Usopp, o cal lle axudaba a superar a súa enfermidade. Agradécelles ós Sombreiro de Palla a vitoria contra Kuro regalándolles o Espírito de Merry, o que sería o seu barco.
  • Kuina: Amiga de Zoro da infancia, sempre competían para saber quen era o mellor espadachín, sendo esta a que sempre gañaba. Kuina morreu despois de caer polas escaleiras e Zoro na súa honra fíxose a promesa de converterse no mellor espadachín do mundo.
  • Johnny e Yosaku: Son dous cazarrecompensas, amigos de Zoro do pasado. Estes rapaces foron ós que convenceron á tripulación para que foron ó Baratie na busca de Sanji.
  • Zeff Pés Vermellos: É un gran cociñeiro que lle ensinou a Sanji todo o que sabe, incluída a técnica da patada. Estivo a piques de morrer de fame xunto co seu pupilo.
  • Nojiko, Genzo e Bellemere: A primeira é a irmá adoptiva de Nami e o segundo o seu pai adoptivo. Rescataron a Ruffy de morrer afogado no Parque Arlong. A terceira é a súa nai adoptiva que morreu a mans de Arlong.
  • Shanks, o rubio: É un pirata amigo de Ruffy que posúe a súa propia tripulación. Shanks foi quen lle entregou a Ruffy o seu sombreiro de palla e tamén co que comparte o seu afán por converterse en pirata. Este capitán é un grande amigo de Ruffy: perdeu un brazo con tal de salvarlle a vida ó pequeno.
  • Gold Roger: Coñecido coma o Rei dos Piratas, foi quen agochou o One Piece (o tesouro que procura Ruffy) nalgún lugar da Gran Ruta.
  • Raboon: É o cachalote que atopan Ruffy e os seus amigos nos Cabos Xemelgos, á entrada da Gran Ruta. Cincuenta anos atrás coñecera a unha tripulación de piratas que lle prometera volver, pero como non o fixeron decidiu bater a cachola contra a Liña Vermella. Ruffy promételle que el si ha volver en troques de Raboon deixe de automancarse.
  • Dorry e Brogy: Son dous xigantes que coñecen os Sombreiro de Palla en Xardín Pequeno. Porveñen da illa de Erbaf, e foron desterrados para que pelexasen. Cando a tripulación de Ruffy os coñeceu, levaban cen anos coa súa contenda, pero a chegada da Gavela dos Barrocos á illa provocou que Dorry, Brogy e os piratas xuntasen forzas para combater aos inimigos.
  • A doutora Kureha e o matasáns Hiruruku: A primeira coidou de Chopper despois da morte de Hiruruku, aprendéndolle coñecementos de medicina e facendo del todo un doutor. Hiruruku foi considerado o matasáns de Drum, pero tiña un gran corazón e buscaba sandar o pobo da súa illa.

InimigosEditar

  • Buggy, o pallaso: Este capitán pirata posúe unha poderosa tripulación coa que Ruffy, Zoro e Nami loitaron. Buggy inxeriu un froito do demo que lle deu a capacidade de fragmentar o seu corpo en anacos que pode manexar mentalmente. Tamén ten a “bala Buggy”, quen de destruír unha aldea enteira.
  • Don Krieg: É un dos capitáns piratas máis temidos do mar do Leste. Despois da negativa do restaurante Baratie por lle dar comida de balde, este decide abordalo e matar a todos os cociñeiros. Afortunadamente, a tripulación de Ruffy logrou detelo.
  • Ollos de Falcón: O mellor espadachín do mundo. Loitou contra Zoro a bordo do Baratie, pero o asisado amigo de Ruffy só obtivo unha derrota.
  • Arlong, o home peixe: Este pirata asasinou á nai de Nami e obrigou a esta que traballase baixo as súas ordes coma cartógrafa. Tiña a Vila Cocoyashi baixo as súas ordes, onde construíu o Parque Arlong, pero os Sombreiro de Palla lograron frear os seus plans.
  • Gavela dos Barrocos: É unha organización criminal baixo as ordes do xefe Crocodilo, cuxo soño era dominar o mundo, comezando polo Reino de Arabasta. Os axentes da banda organízanse por parellas e posúen alcumes en clave especiais: os homes son chamados por números e as mulleres teñen nomes de datas conmemorativas ou dos días da semana. Desenvolven traballos de espionaxe, roubo, asasinato e secuestro.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar