Salgadura (miniserie)

Salgadura (en catalán: Salaó) é unha miniserie histórica galega-catalá dirixida por Jesús Font e producida por Continental Producciones e Dream Team Concept que foi estreada no 2013 a través da TVG en dous episodios. Conta a historia da familia Roig, inspirada na familia Massó, que a finais do século XVIII e comezos do XIX fixo unha sorte de imperio da industria da salgadura galega. Está protagonizada por Luís Iglesia, María Castro, Luis Zahera e Belén Constenla. Foi rodada no Grove.

Salgadura
Ficha técnica
Título orixinalSalgadura
DirectorJesús Font
GuiónMiguel-Anxo Murado
Carme Abarca
IntérpretesLuís Iglesia
María Castro
Luis Zahera
Belén Constela
EstudioContinental Producciones
Dream Team Concept
DistribuidoraTVG
TV3
Estrea1º parte: 24 de setembro de 2013
2º parte: 1 de outubro de 2013
OrixeGalicia Galicia
Cataluña Cataluña
XéneroDrama, histórico
Orzamento€181 034[1]
Na rede
IMDB: tt2227736 Filmaffinity: 495708 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Un mozo catalán é enviado dende Blanes a Galicia para xestionar unha pequena nave de salgadura, seguindo os pasos doutros cataláns que foron ás Rías Baixas na busca da sardiña que escaseaba no Mediterráneo. Joan Roig chega a Galicia enviado por Gallup, un rico catalán que ten unha filla da que Roig está namorado. Roig é un liberal perseguido polo exército que non ten cartos. Gallup dálle un ano para facer que a súa salgadura galega dea beneficios e só despois poderá pedirlle a man da filla.

Personaxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
Ano Categoría Receptor Resultado
2013 Mellor guión Miguel Anxo Murado e Carmen Abarca Nomeados
Mellor dirección de produción Carlos Amoedo Nomeado
Mellor dirección artística Marta Villar Gañadora
Mellor música orixinal Xavier Font Nomeado
Mellor son David Machado, Dani Zacarías e Enric Triviño Gañadores
Mellor fotografía Marta Villar Nomeada
Mellor deseño de vestiario María Gil e Sonia Segura Gañadores
Mellor filme de televisión Continental Producciones, Dream Team Concept, TVG e TV3 Nomeados

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar