Jo Schlesser
Joseph Schlesser, nado en Liouville (Meuse) o 18 de maio de 1928 e finado en Rouen-Les-Essarts (Sena Marítimo) o 7 de xullo de 1968, foi un piloto francés de Fórmula 1 e de carreiras deportivas. Participou en tres Grandes Premios do Campionato do Mundo, incluíndo o Gran Premio de Francia de 1968 no que morreu. Non logrou puntos de campionato. Foi o tío de Jean-Louis Schlesser quen se converteu nun piloto de Fórmula 1 na década de 1980.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1928 Apremont-la-Forêt, Francia |
Morte | 7 de xullo de 1968 (40 anos) Circuíto Rouen-Les-Essarts, Francia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Período de actividade | - 7 de xullo de 1968 |
Deporte | rally |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Traxectoria
editarSchlesser comezou a súa carreira deportiva en 1952, cando se uniu a Panhard. En 1954 probou a entón popular clase de carreiras francesa coñecida como Monomill.[1] A súa carreira foi entón interrompida durante tres anos mentres estivo traballando en Mozambique, pero regresou a Europa en 1957 cando terminou segundo no Rally de Roma-Liexa-Roma nun Mercedes.[1] Logo correu nun Ferrari 250 GT pero sen moito éxito ata 1960 cando rematou en segundo lugar nos 1000 km de Nürburgring e segundo na xeral en Rouen.[1] Tamén pilotou un Cooper de Fórmula 2 en 1960 pero só logrou un sexto lugar en Siracusa.[1] En 1961 a súa tempada foi cortada por un accidente en Le Mans, pero regresou en 1962 cun Brabham Fórmula Júnior.[1]
En 1964 Schlesser mudouse para a nova Fórmula 2 e converteuse nun competidor altamente recoñecido na Fórmula 2 europea na era pre-europea da Fórmula Dous. En 1966 uniuse ao equipo oficial de Matra de Fórmula 2 e continuou co mesmo equipo como Ford Francia en 1967. En 1968 uniuse ao seu amigo Guy Ligier para correr en McLaren.[1]
Fórmula Un
editarSchlesser participou no Gran Premio de Alemaña de 1966 en Nürburgring cun Matra MS5-BRM 1.0 litro cunha especificación de Fórmula 2 (F2) e outra vez en 1967 no mesmo sitio cun F2 Matra MS5 - Cosworth 1,6 litros.[2] En 1966, terminou na décima parte da clasificación xeral e terceiro na clasificación de Fórmula 2. En 1967, foi obrigado a retirarse cun problema de embrague logo de dúas voltas.
A verdadeira oportunidade na Fórmula 1 chegou para Schlesser en 1968 con Honda. O equipo Honda completara un motor experimental air-cooled (o RA302) que foi probado polo seu piloto oficial John Surtees. Surtees diagnosticou que non estaba listo para competir e que podería ser unha trampa mortal. Sen pensalo, coa axuda financeira de Honda France, Honda presentouse no Gran Premio de Francia en Ruán. Sendo o heroe local, Schlesser foi contratado para pilotalo.
Logo de dúas voltas, o coche derrapou na curva de "Six Frères" e bateu de costado contra un talude. A carrozaría de magnesio do Honda e combustible para 58 voltas inflamouse instantaneamente, deixando a Schlesser sen posibilidade de supervivencia. Como resultado, Honda retirouse da Fórmula Un ao final da tempada de 1968 logo de que Surtees volvera a negarse a pilotar o coche na carreira italiana do mesmo ano.
Jo Schlesser tamén correu na NASCAR, terminando o décimo oitavo no Daytona 500 de 1964.
Legado
editarUn amigo de Jo Schlesser, o futuro construtor de Fórmula Un, Guy Ligier, sempre numerou os seus tipos de coches comezando con "JS" como homenaxe a Schlesser.
O seu sobriño, Jean-Louis Schlesser, converteuse nun exitoso piloto de carreiras, comezando un Gran Premio de Fórmula Un e gañando o Rally París-Dakar.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1966 | Matra Sports | Matra MS5 (F2) | Cosworth 4 en liña |
MON | BEL | FRA | GBR | NED | ALE 10 |
ITA | USA | MEX | NC | 0 | |||
1967 | Écurie Ford-France | Matra MS5 (F2) | Cosworth 4 en liña |
RSA | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE Ret |
CAN | ITA | USA | MEX | NC | 0 | |
1968 | Honda Racing (France) | Honda RA302 | Honda V8 | RSA | ESP | MON | BEL | NED | FRA Ret |
GBR | ALE | ITA | CAN | USA | MEX | NC | 0 |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jo Schlesser |