Euloxio R. Ruibal

autor e director de teatro galego
(Redirección desde «Euloxio Rodríguez Ruibal»)

Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes o 16 de marzo de 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.

Infotaula de personaEuloxio R. Ruibal

Entrevista en Nós TV.
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , dramaturgo , catedrático Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoTeatro, narrativa
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 1545 AELG: 173 Dialnet: 740346

Traxectoria editar

Comezou a súa actividade teatral no grupo Ditea en 1961, baixo a dirección de Agustín Magán, e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Tamén foi animador do equipo de cine Reina Lupa (1972), co que realizou varias curtametraxes e documentais (Catro por Catro, Mesturanza, Holocausto...).

En 1973 gañou con Zardigot o Premio Abrente de teatro, e en 1975 volveu a conseguir o mesmo galardón con O Cabodano. De 1973 é a súa obra de teatro infantil O roubo do aparello, coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida. En 1976 publica as obras O cabodano, Cousas da morte e A sombra do bon cabaleiro nun único volume. Mais entre 1977 e 1987, por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Volvería a facelo en 1988, mais só teatro infantil ata 1989, data en que publica Azos de esguello (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De 1990 data a súa obra Unha macana de dote. En 2003 publicou o ensaio Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego

Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia. Foi elixido membro da Real Academia Galega en marzo de 2005, e foi Arquiveiro-bibliotecario da institución entre 2010 e 2013. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela até a súa xubilación.

Obra editar

Euloxio Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Como acontece con outros autores da Nova Dramaturxia Galega (terminoloxía usada seguindo a Manuel F. Vieites e non a Manuel Lourenzo e Francisco Pillado), a súa obra está claramente marcada polo teatro épico do xermano Bertolt Brecht, utilizando igualmente o recurso do efecto de distanciamento, propio da dramática do alemán. Na obra de Ruibal, pois, como na do resto de autores do grupo Abrente, existe a expresa vontade de conectar co teatro das máis sobranceiras correntes da vangarda europea, sen descoidar a tradición galega. Por isto, achamos na dramática deste autor a influencia de escritores do país, como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Eduardo Blanco Amor. Algunhas das obras obras de creación máis importantes de Euloxio R. Ruibal son as seguintes:

Teatro editar

 
E. Ruibal foi o primeiro gañador do premio de teatro de Ribadavia.

Narrativa editar

 

Literatura infanto-xuvenil editar

Ensaio editar

  • Compostela na historia (2000, A Nosa Terra).
  • Xogo de máscaras: escritos sobre teatro galego (2003, Espiral Maior).
  • Do escénico e o fílmico: notas sobre a linguaxe teatral no cinema contemporáneo (2006, Real Academia Galega).
  • Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973) (2006, Tris Tram).
  • Escena aperta. Escritos sobre teatro (2009, Laiovento).

Poesía editar

  • Caderno de Ordes (2012, Toxosoutos).

Obras colectivas editar

Destaca na obra de Ruibal un gran número de textos dramáticos de curta extensión.

Premios editar

Notas editar

  1. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  2. "Jugamos a hacer teatro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-11. 
  3. "Euloxio Ruibal e Joseba Sarrionandia serán premiados pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega". Nós Diario. 2024-03-09. Consultado o 2024-03-09. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Xosé Luís Axeitos
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
2010-2013
Sucesor:
Margarita Ledo Andión