Estación de Vitoria

(Redirección desde «Estación de Vitoria-Gasteiz»)

A estación de Vitoria-Gasteiz é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Vitoria, no País Vasco. É a principal estación da provincia de Áraba, con máis de 500.000 viaxeiros en 2010. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Vitoria-Gasteiz
SituaciónVitoria-Gasteiz
ServizosAseos Servizos adaptados Aparcadoiro Cafetería Carros portavultos
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel, Intercity
Media distanciaMD, Intercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 492,353 da liña radial Madrid-Hendaia a unha altura de 528,6 metros sobre o nivel do mar.[1]

Historia

editar

O ferrocarril chegou á entón pequena cidade de Vitoria en 1862 coa apertura do tramo Miranda de Ebro-Altsasu da liña férrea que unía Madrid coa fronteira francesa.[2] Para a ocasión construíuse unha pequena estación por Letourneur, enxeñeiro francés responsable da construción da propia liña e que en 1864 construiría tamén a estación de Donostia.

En 1889 abriuse un novo tramo de vías, esta vez de ancho métrico, que unía Vitoria con Leintz-Gatzaga e que foi posteriormente completado con máis tramos. A explotación destas liñas corría a cargo do Ferrocarril Vasco-Navarro e operaba desde unhas pequenas instalacións ata a construción da estación de Vitoria-Norte en 1914. O 31 de decembro de 1967 a liña foi pechada ao tráfico.

En 1989, o Goberno de España e o Goberno autonómico vasco chegaron a un acordo para poñer en marcha o Y vasco, unha liña de alta velocidade que enlazará as tres capitais vascas. As obras iniciáronse en 2006.[3] Por outra banda, Vitoria verase tamén conectada á rede de alta velocidade grazas á liña Venta de Baños-Burgos-Vitoria, para o que se prevé un soterramento das vías coa construción dun túnel de 6,8 km e dunha nova estación baixo o Parque de Arriaga. A estación contará con seis vías pasantes que se atoparían a 17 metros de profundidade. O custo total do soterramento do tren en Vitoria ascende a 476 millóns de euros. Nesta estación terá lugar a unión desta liña de alta velocidade co Y vasco.[4]

A estación

editar
 
Plataformas da estación

A actual estación de Vitoria-Gasteiz foi construída en 1934 substituíndo á pequena estación de Letourneur. É un edificio sinxelo, situado no centro da cidade e formado por varias estruturas encostadas de diferente altura. Unha serie de arcos que dan lugar a portas e xanelas serven como elemento decorativo.

Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías. Outras catro vías son utilizadas como vías de servizo. Antigamente a estación dispoñía dunha oitava vía, pero foi parcialmente retirada para permitir así a ampliación da plataforma lateral. Os cambios de plataforma realízanse por un paso subterráneo.

Conta cunha zona PAC (punto de información ao cidadán), venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existe un aparcadoiro situado fronte ao edificio, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.

Servizos ferroviarios

editar

Longa distancia

editar

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro Vitoria 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Surex Hendaia Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido

Media distancia

editar

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
' Intercity Irún Madrid-Chamartín
MD
RE
Vitoria Madrid-Chamartín
RE Burgos-Rosa de Lima Zaragoza-Miraflores
25 MD Irún Vitoria
Miranda de Ebro
  1. Ferrocarril del Norte Madrid-Hendaya
  2. Vasco navarro trena: El ferrocarril vasco navarro - Juan José Olaizola Elordi - Bilbo : EuskoTren, 2002. ISBN 84-920629-6-7
  3. O 'Y' vasco arrinca coa adxudicación da obra do primeiro tramo, que discorrerá por Áraba
  4. "Fomento comprométese a financiar o 51% do soterramento do tren en Vitoria". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 26 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar