Sigurd I de Noruega

militar noruegués

Sigurd Jorsalafar, coroado como Sigurd I, chamado O cruzado ou o Peregrino de Xerusalén, en nórdico antigo, Sigurðr Jórsalafari ; en noruegués, Sigurd Jorsalfare, nado en 1090 en Oslo o 26 de marzo de 1130, foi rei de Noruega de 1103 a 1130. Era fillo do rei Magnus III e irmán dos reis Øystein I e Olaf Magnusson.

Sigurd I de Noruega
Sigurdo I entrando en Constantinopla. Ilustración de Gerhard Munthe no Heimskringla, 1899.
Nacemento1089 e 1090
Lugar de nacementoNoruega
Falecemento26 de marzo de 1130 e 1130
Lugar de falecementoOslo
SoterradoFortaleza de Akershus
NacionalidadeNoruega
Relixióncristianismo
Ocupaciónmilitar
PaiMagno III da Noruega
NaiThora
CónxuxeBlathmin Ní Briain, Malmfrid de Kiev e Cecily (?)
FillosCristina Sigurdsdatter e Magno IV da Noruega
IrmánsTora Magnusdatter, Eystein I da Noruega, Haroldo IV da Noruega e Olavo Magnusson da Noruega
Na rede
WikiTree: Magnusson-175 Find a Grave: 82238317 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É coñecido sobre todo pola viaxe que fixo a Xerusalén, que consistiu nunha cruzada e unha peregrinación que o levaría, entre outros lugares, á Península Ibérica, Terra Santa e Constantinopla. Loitou polo cristianismo, foi o primeiro monarca escandinavo cristián en visitar Santiago de Compostela[1] e converteuse no primeiro rei en participar nunha cruzada.[2][3][4]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Sigurd Magnusson foi o segundo dos fillos de Magnus III. A súa nai era Tora, unha concubina do rei. Aínda que os tres irmáns tiñan nais diferentes, todos tiñan o mesmo dereito ao trono.

Acompañou ao seu pai nas campañas militares de conquista nas colonias norueguesas das illas británicas en 1098. Nese mesmo ano foi nomeado rei das Órcadas. Non se sabe se, tras esa primeira expedición, Sigurd regresou a Noruega co seu pai, pero cando Magnus III volveu nunha segunda expedición en 1102, Sigurd estaba nas Órcadas.

Por unha alianza estratéxica entre Magnus III e o rei irlandés Muirchertach Ua Briain, Sigurd casou cunha filla deste último. En 1103 Magnus III foi emboscado en Irlanda e Sigurd, que entón tiña 14 anos, abandonou a súa muller e filla, e volveu a Noruega para ser investido como rei.

Rei de Noruega editar

Compartiu o trono cos seus irmáns Øystein e Olaf. Sigurd e Øystein asumiron o goberno, xa que Olaf tiña uns 3 ou 4 anos e pronto faleceu. Non se coñecen con certeza as razóns polas que Sigurd decidiu emprender unha viaxe a Xerusalén (chamada Jorsal ou Jorsalaborg en lingua nórdica, de onde tomou o seu alcuño). Pénsase que a viaxe foi planeada entre os dous irmáns, e acordouse que Øystein gobernaría todo o país mentres Sigurd estivese no estranxeiro.

Cruzada editar

 
Ruta seguida pola cruzada norueguesa

Cando saíu de Noruega, o rei Sigurd tiña 18 anos. Organizou un séquito de 60 barcos, cada un con 100 homes (en total un exército duns 6.000) e partiu de Bergen no outono de 1108. Na expedición, ademais dos militares, había campesiños e escravos. A tripulación pretendía enriquecerse, e os escravos viaxaban baixo a promesa de liberdade.

Tres anos levou a viaxe, de 1108 a 1111. Sigurd invernaba no sur de Inglaterra, onde coñeceu ao rei Henrique I. Na primavera de 1109 a viaxe continuou pola costa francesa e o norte da Península Ibérica. Até entón, a viaxe fora sen problemas, xa que o norte peninsular, chamado polos escandinavos Galizuland,[3] estaba gobernado por reis cristiáns que iniciaran a chamada "reconquista". Nese intenso ano de 1109, morreu Afonso VI de León e Galiza, herdando Urraca I os reinos do seu pai; o conde Pedro Froilaz proclamou rei de Galiza o seu protexido Afonso Raimúndez rebelándose contra a súa nai Urraca e o seu consorte o rei Afonso I o Batallador, rei de Navarra e Aragón. Os nobres galegos partidarios de Urraca crearon unha irmandade, elixindo como líder a Diego Xelmírez.[5]

 
Os reis Balduino e Sigurd cabalgando cara ao río Xordán. Ilustración de Gerhard Munthe no Heimskringla, 1899.

O rei noruegués Sigurd permanecería moito tempo na cidade santa de Santiago de Compostela, mais continuou o seu camiño cara ao sur.

Participou en constantes escaramuzas contra os musulmáns,[3] por mar e terra, tanto para conseguir abastecemento como para debilitar o dominio islámico na Península Ibérica. Loitou en Sintra, Lisboa e Alcácer do Sal, contribuíndo a que esas cidades fosen incorporadas ao dominio cristián.

Na primavera de 1110 cruzou o estreito de Xibraltar e continuou loitando contra musulmáns e piratas en Formentera, Eivisa e Menorca. No verán chegou a Sicilia, e permanecería nesa illa un tempo, acollido polo conde normando Roxerio II de Sicilia.

A comezos do outono a festa chegou a Terra Santa, e os barcos fondearon no porto de San Xoán de Acre, onde Sigurd foi recibido polo rei Balduíno I de Xerusalén. Sigurd visitou Xerusalén e os Santos Lugares da zona, incluído o río Xordán, onde Cristo fora bautizado.

Sigurd recibiu unha reliquia de Balduino: supostamente un anaco da Vera Cruz, que o rei noruegués xurou levar ante a tumba de San Olaf na catedral de Nidaros.

Aínda que a cidade de Xerusalén fora conquistada polos exércitos cristiáns na Primeira Cruzada en 1099, grandes áreas do norte da Terra Santa aínda permaneceron en mans dos sarracenos. Sigurd concedeu a Balduino apoio militar, e ambos conquistaron a cidade de Sidón; mentres que Baudouin atacou a cidade por terra, a frota norueguesa fíxoo por mar.

No novo ano de 1111, Sigurd abandonou Terra Santa, visitou Chipre e o Peloponeso, e posteriormente Constantinopla (que os noruegueses chamaron Miklagard). Na cidade imperial recibiu honras de Aleixo I, e alí permaneceu un tempo, antes de regresar a Noruega por terra.

Retorno a Noruega editar

Sigurd regresou ao seu país con só 100 homes. Unha parte do exército morrera en combate, outros regresaran máis tarde en pequenos grupos, e unha parte considerable quedou en Constantinopla para unirse á garda varega do emperador. Estes noruegueses probabelmente volveron á súa terra natal despois de acumular algunha riqueza na capital imperial.

De volta a Noruega, Sigurd atopou grandes cambios. O seu irmán Øystein construíra varios edificios relixiosos, civís e militares, e gobernou con gran popularidade entre os seus súbditos. Segundo Snorri Sturluson, Sigurd era superado polo seu irmán non só en presenza física, senón tamén en elocuencia, coñecemento e aptitude para socializar.

Sigurd instalouse en Konghelle, onde construíu un castelo e a Igrexa da Vera Cruz. Nada queda hoxe deses edificios.

O 29 de agosto de 1123, Øystein morreu de súpeto, e Sigurd converteuse en único gobernante. Non se sabe moito desta última fase do seu reinado, quizais porque, segundo informa Snorri, foi un período de paz no reino. Un acontecemento desta época foi unha pequena campaña militar en Småland, Suecia, onde os habitantes renunciaran ao cristianismo e volveran á crenza pagá nórdica.

En 1130, mentres estaba en Oslo, o rei caeu enfermo e morreu rapidamente. Daquela tiña 40 anos e gobernaba 27. Foi enterrado na catedral de Saint Hallvard desa cidade.

Magnússona saga en Heimskringla editar

Magnússona saga é un dos contos Heimskringla dos reis noruegueses de Snorri Sturluson. Durante un tempo, tres fillos de Magnus III gobernaran Noruega xuntos, Sigurðr alcumado o Cruzado que lanzou a súa campaña cara a Xerusalén, [6] Eysteinn e Óláfr. Unha das mellores partes da saga trata sobre a relación entre Sigurðr e Eysteinn, que é ampliamente ampliada e recreada por Snorri tal e como recolle Morkinskinna.

Historia Norwegie editar

A Historia Norwegie ou Historia Norvegiae, de Theodoricus Monachus (Teodoro o monxe), un dominico, quen probabelmente viviu na abadía de Nidaros no século XII, compilou ou escribiu Historia de Antiquitate Regum Norwagiensium entre 1177 e 1188, recollendo feito ocorridos entre o século IX (reinado de Harald I) até a morte de Sigurd I (1130), cunha moi particular sensibilidade na selección dos feitos para non "manchar" a memoria dos reis.[7]

Legado editar

Á súa morte, estalou unha cruenta guerra civil por motivos de sucesión, que duraría máis de 100 anos.

Ao longo do século XIX, a figura de Sigurd I foi tomada polo nacionalismo romántico noruegués como fonte de inspiración. Bjørnstjerne Bjørnson escribiu un drama histórico baseado na vida do rei, e Edvard Grieg compuxo a suite orquestral Sigurd Jorsalfar.

Matrimonios e descendencia editar

Sigurd foi casado polo seu pai con Biadmunia (n. 1094/97), filla do rei irlandés Muirchertach Ua Briain en 1102 ou 1103, cando tiña uns 13 anos. Cando accedeu ao trono noruegués, renegou da súa muller. [8]

Entre 1116 e 1120 casou con Malmfrid de Kíiv, filla do príncipe Mstislav I de Kíiv.[9] Con ela tivo unha filla:

Tivo a Borghild Olafsdatter (n. 1094) de Skjeberg, Store-Dal, Østfold, co que tivo un fillo:

En 1128 decidiu divorciarse de Malmfrid, situación que foi rexeitada polo bispo de Bergen, polo que Sigurd creou unha nova diocese en Stavanger, cuxo bispo, un inglés chamado Reinaldo, casouno cunha moza chamada Cecilia. Neste matrimonio non tivo fillos.

Notas editar

  1. "Jorsalafar, Sigurd - Xacopedia". xacopedia.com. Consultado o 2023-02-22. 
  2. The viking Age (2010), ed. A.A. Sommerville / R.A. McDonald, University of Toronto Press, ISBN 978-1-44260-148-2 p. 423 - 431.
  3. 3,0 3,1 3,2 Álvarez, Jorge (2017-12-06). "Sigurd I de Noruega, el vikingo que fue a la Primera Cruzada". La Brújula Verde (en castelán). Consultado o 2023-02-22. 
  4. "Sigurd, il primo re crociato". Festival del Medioevo (en italiano). 2021-03-06. Consultado o 2023-02-22. 
  5. Falque Rey, Emma (ed.). Historia compostelana (1990 ed.). p. 155. 
  6. Ben Waggoner, The Hrafnista Sagas, Lulu.com, 2012, ISBN 0557729416 p. 197. nota 96.
  7. Regueiro, Manuel. "Vikingos y "normandos" en la península Ibérica medieval" (en castelán). 
  8. Genealogisk-historiske tabeller over de nordiske rigers kongeslægter (1856), Königsfeldt, J. P. F., (2nd edition. Kjøbenhavn: Trykt i Bianco Lunos bogtrykkeri, 1856), FHL microfilm 1,124,504, item 3., p. 129.
  9. Genealogisk-historiske tabeller over de nordiske rigers kongeslægter (1856), Königsfeldt, J. P. F., (2nd edition. Kjøbenhavn: Trykt i Bianco Lunos bogtrykkeri, 1856), FHL microfilm 1,124,504, item 3., table 2 p. 17; table 10 p. 129; table 12 p. 153.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • (en noruegués) Bergan, Halvor: Kong Sigurds Jorsalferd. Den unge kongen som ble Norges helt, Norgesforlaget 2005, ISBN 82-91986-75-4
  • Sturluson, Snorri . Heimskringla: History of the Kings of Norway, trad. Le M. Hollander. Reimpreso. Publicado por University of Texas Press, Austin, 1992. ISBN 0-292-73061-6
  • STURLUSON, Snorri / LAGARDA, Ferran (2020). Heimskringla. La epopeya vikinga de Sigurd el cruzado, terror de Menorca, conquistador de Sidón, rey de Noruega. Alfajarin: 2020. ISBN: 9788496810693

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Pablo e Erlend Thorfinnsson
Diarquía
Jarl das Órcadas
Vikingo

1098 - 1103
Sucesor:
Haakon Paulsson
Predecesor:
Magnus III
Rei de Noruega
(con Øystein I (1103-1123))
(con Olaf Magnusson (1103-1115))

1103 - 1130
Sucesor:
Magnus IV
Harald IV