Eleccións ao Parlamento de Galicia
As eleccións ao Parlamento de Galicia son as eleccións autonómicas nas que os cidadáns de Galicia elixen os membros do Parlamento de Galicia. O Parlamento de Galicia está composto por setenta e cinco parlamentarios. As últimas eleccións ao Parlamento de Galicia celebráronse en 2024.


Sistema electoral
editarO Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 estabelece que os membros do Parlamento de Galicia son elixidos mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto.[1] Tamén estabelece que o Parlamento debe estar composto por un mínimo de sesenta deputados e un máximo de oitenta.[2] A Lei Electoral de Galicia estabelece a súa composición en setenta e cinco deputados.[3] Os parlamentarios elíxense mediante escrutinio proporcional plurinominal con listas pechadas en cada circunscrición electoral.
As circunscricións electorais do Parlamento de Galicia correspóndense coas catro provincias galegas.[1] A cada provincia correspóndelle un mínimo inicial de dez deputados. Os trinta e cinco deputados restantes distribúense entre as provincias en proporción á súa poboación.[3] Así, nas eleccións de 2016 a repartición foi o seguinte: 25 deputados á Coruña, 14 a Lugo, 14 a Ourense e 22 a Pontevedra.[4] A asignación de escanos ás listas electorais faise mediante o método D'Hondt.[5] A barreira electoral é do 5% dos votos válidos da circunscrición.[5]
Dende a reforma da LOREG de 2007, nas eleccións autonómicas de todas as comunidades autónomas as candidaturas deben presentar listas electorais cunha composición equilibrada de homes e mulleres, de forma que cada sexo supoña cando menos o 40% da lista.[6] Esta reforma foi recorrida polo Grupo Parlamentario Popular do Congreso dos Deputados perante o Tribunal Constitucional, que en 2008 concluíu que a reforma si era constitucional.[7]
Resultados
editarAno | Parlamento | Escanos | Circunscricións | Gañadores por provincia | ||
---|---|---|---|---|---|---|
1981 | AP | 26 | ||||
UCD | 24 | |||||
PSdeG | 16 | |||||
BNG-BN-PG-PSG | 3 | |||||
EG | 1 | |||||
PCG | 1 | |||||
1985 | CP | 34 | ||||
PSdeG | 22 | |||||
CG | 11 | |||||
PSG-EG | 3 | |||||
BNG | 1 | |||||
1989 | PPdeG | 38 | ||||
PSdeG | 28 | |||||
BNG | 5 | |||||
PSG-EG | 2 | |||||
CG | 2 | |||||
1993 | PPdeG | 43 | ||||
PSdeG | 19 | |||||
BNG | 13 | |||||
1997 | PPdeG | 42 | ||||
BNG | 18 | |||||
PSdeG | 15 | |||||
2001 | PPdeG | 41 | ||||
BNG | 17 | |||||
PSdeG | 17 | |||||
2005 | PPdeG | 37 | ||||
PSdeG | 25 | |||||
BNG | 13 | |||||
2009 | PPdeG | 38 | ||||
PSdeG | 25 | |||||
BNG | 12 | |||||
2012 | PPdeG | 41 | ||||
PSdeG | 18 | |||||
AGE | 9 | |||||
BNG | 7 | |||||
2016 | PPdeG | 41 | ||||
En Marea | 14 | |||||
PSdeG | 14 | |||||
BNG | 6 | |||||
2020 | PPdeG | 42 | ||||
BNG | 19 | |||||
PSdeG | 14 | |||||
2024 | PPdeG | 40 | ||||
BNG | 25 | |||||
PSdeG | 9 | |||||
DO | 1 |
Composición do Parlamento de Galicia
editarNo Parlamento de Galicia sentan 75 deputados e deputadas (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados e deputadas (36 nas dúas primeiras lexislaturas).

I lexislatura
editar- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981.
Eleccións celebradas o: 20 de outubro de 1981
Resultados:
- Alianza Popular (AP): 26 deputados.
- Unión de Centro Democrático (UCD): 24 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 16 deputados.
- Coalición Electoral Bloque Nacional Popular Galego - Partido Socialista Galego (BNPG-PSG): 3 deputados.
- Esquerda Galega (EG): 1 deputado.
- Partido Comunista de Galicia (PCG): 1 deputado.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Antonio Rosón Pérez (UCD)
- Vicepresidencia 1.º: Pablo Moure Mariño (AP)
- Vicepresidencia 2.º: Francisco González Amadiós (PSdeG-PSOE)
- Secretaría: Pablo González Mariñas (ata o 21/10/82) (UCD)
- Secretaría: Antonio Olives Quintás (dende o 21/10/82) (UCD)
- Vicesecretaría: Mariano Rajoy (ata o 22/09/82) (AP)
- Vicesecretaría: Antonio Varela Álvarez (dende o 22/09/82) (AP)

II lexislatura
editar- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985.
Eleccións celebradas o: 24 de novembro de 1985
Resultados:
- Alianza Popular (AP): 34 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 22 deputados.
- Coalición Galega (CG): 11 deputados.
- Partido Socialista Galego - Esquerda Galega (PSG-EG): 3 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 1 deputado.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Antonio Rosón Pérez (ata o 13/5/86) (AP)
- Presidencia: Tomás Pérez Vidal (dende o 13/5/86) (AP)
- Vicepresidencia 1.º: Tomás Pérez Vidal (ata o 13/5/86) (AP)
- Vicepresidencia 1.º: Luis Cordeiro Rodríguez (dende o 13/5/86) (CG)
- Vicepresidencia 2.º: Francisco González Amadiós (PSdeG-PSOE)
- Secretaría: Manuel Núñez Carreira (AP)
- Vicesecretaría: Pablo Ángel Sande García (ata o 9/5/89) (PSdeG-PSOE)
- Vicesecretaría: José Federico Nogueira Fernández (dende o 9/5/89) (PSdeG-PSOE)

III lexislatura
editar- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 1989.
Eleccións celebradas o: 17 de decembro de 1989
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 38 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 28 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 5 deputados.
- Coalición Galega (CG): 2 deputados.
- Partido Socialista Galego - Esquerda Galega (PSG-EG): 2 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Vitorino Núñez Rodríguez (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.º: José María García Leira (PPdeG)
- Vicepresidencia 2.º: Antonio Carro Fernández-Valmayor (PSdeG-PSOE)
- Secretaría: Tomás Iribarren Fernández-Rogina (PPdeG)
- Vicesecretaría: José Federico Nogueira Fernández (PSdeG-PSOE)

IV lexislatura
editar- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 1993.
Eleccións celebradas o: 17 de outubro de 1993
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 43 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 19 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 13 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Vitorino Núñez Rodríguez (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.º: José María García Leira (PPdeG)
- Vicepresidencia 2.º: Miguel Ángel Cortizo Nieto (PSdeG-PSOE)
- Secretaría: Tomás Iribarren Fernández-Rogina (ata o 2/10/96) (PPdeG)
- Secretaría: Fernando González Suárez (dende o 2/10/96) (PPdeG)
- Vicesecretaría: Bautista Álvarez Domínguez (BNG)

V lexislatura
editar- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997.
Eleccións celebradas o: 19 de outubro de 1997
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 42 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 18 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 13 deputados.
- Esquerda Unida (EU): 2 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: José María García Leira (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.º: Celso Delgado Arce (ata o 28/3/00) (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.º: Miguel Ángel Santalices Vieira (dende o 28/3/00) (PPdeG)
- Vicepresidencia 2.º: Bautista Álvarez Domínguez (BNG)
- Secretaría: Juan Pedrosa Vicente (PPdeG)
- Vicesecretaría: Miguel Ángel Cortizo Nieto (PSdeG-PSOE)

VI lexislatura
editar- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2001.
Eleccións celebradas o: 21 de outubro de 2001
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 41 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 17 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 17 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: José María García Leira (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.ª: Inmaculada Rodríguez Cuervo (PPdeG)
- Vicepresidencia 2.ª: Salomé Álvarez Blanco (BNG)
- Secretaría: Juan Pedrosa Vicente (PPdeG)
- Vicesecretaría: Dolores Villarino Santiago (PSdeG-PSOE)

VII lexislatura
editar- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005.
Eleccións celebradas o: 19 de xuño de 2005
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 37 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 25 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 13 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Dolores Villarino Santiago (PSdeG-PSOE)
- Vicepresidencia 1.ª: María Tareixa Paz Franco (BNG)
- Vicepresidencia 2.ª: Jaime Alberto Pita Varela (PP)
- Secretaría: Pablo Xabier López Vidal (PSdeG-PSOE)
- Vicesecretaría: José Manuel Baltar Blanco (PP)

VIII lexislatura
editar- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009.
Eleccións celebradas o: 1 de marzo de 2009
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 38 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 25 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 12 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Pilar Rojo Noguera (PP)
- Vicepresidencia 1.ª: Miguel Santalices Vieira (PP)
- Vicepresidencia 2.ª: Francisco Cerviño González (PSdeG)
- Secretaría: José Manuel Balseiro (PP)
- Vicesecretaría: Carme Adán Villamarín (BNG)

IX lexislatura
editar- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012.
Eleccións celebradas o: 21 de outubro de 2012
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdG): 41 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 18 deputados.
- Alternativa Galega de Esquerda (AGE): 9 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 7 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Pilar Rojo Noguera (PPdeG)
- Vicepresidencia 1º: Miguel Santalices Vieira (PPdeG)
- Vicepresidencia 2ª: Marisol Soneira Tajes (PSdeG)
- Secretaría: José Manuel Balseiro Orol (PPdeG)
- Vicesecretaría: Concepción Burgo López (PSdG)

X lexislatura
editar- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016.
Eleccións celebradas o: 25 de setembro de 2016
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdG): 41 deputados.
- En Marea (EM): 14 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 14 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 6 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Miguel Santalices Vieira (PPdeG)
- Vicepresidencia 1ª: Diego Calvo Pouso (PPdeG)
- Vicepresidencia 2ª: Eva Solla Fernández (En Marea)
- Secretaría: Raquel Arias Rodríguez (PPdeG)
- Vicesecretaría: Concepción Burgo López (PSdG)

XI lexislatura
editar- Artigo principal: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.
Eleccións celebradas o: 12 de xullo de 2020
Resultados:
- Partido Popular de Galicia (PPdG): 42 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 19 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG): 14 deputados.
Mesa do Parlamento:
- Presidencia: Miguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG)
- Vicepresidencia 1.ª: Diego Calvo Pouso (PPdeG)
- Vicepresidencia 2.ª: Montserrat Prado Cores (BNG)
- Secretaría: María Corina Porro Martínez (PPdeG)
- Vicesecretaría: Marina Ortega Otero (PSdeG)

Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Xefatura do Estado 1981, art. 11.
- ↑ Xefatura do Estado 2007, art. 11.
- ↑ 3,0 3,1 Comunidade Autónoma de Galicia 1985, art. 9.
- ↑ "Decreto convocatoria electoral" (PDF). DOG. 1 de agosto de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 Comunidade Autónoma de Galicia 1985, art. 10.
- ↑ Xefatura do Estado 1985, art. 44 bis.
- ↑ Oliver Araujo 2011, pp. 347-352.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Xefatura do Estado (19 de xuño de 1985). "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General". Boletín Oficial del Estado (núm. 147, de 20 de xuño de 1985). ISSN 0212-033X. BOE-A-1985-11672. Texto consolidado. Última modificación: 31 de marzo de 2015.
- Xefatura do Estado (28 de abril de 1981). "Ley Orgánica 1/1981, de 6 de abril, de Estatuto de Autonomía para Galicia". Boletín Oficial del Estado (núm. 101, de 28 de abril de 1981). ISSN 0212-033X. BOE-A-1981-9564.
- Comunidad Autónoma de Galicia (16 de outubro de 1985). "Ley 8/1985, de 13 de agosto, de elecciones al Parlamento de Galicia". Boletín Oficial del Estado (núm. 248, de 16 de outubro de 1985). ISSN 0212-033X. BOE-A-1985-21380.
- Oliver Araujo, Joan (2011). Los sistemas electorales autonómicos (PDF). Generalitat de Catalunya. Institut d’Estudis Autonòmics. ISBN 978-84-393-8793-0.
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial do Parlamento de Galicia Arquivado 15 de febreiro de 2024 en Wayback Machine.